Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 25 de abril de 2001 Páx. 5.520

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se corrixen erros na do 3 de abril de 2001 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso público, tramitación urxente e procedemento aberto, das obras de substitución dos ascensores de público números un e dous no Hospital Xeral de Vigo (Pontevedra).

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 72, do mércoles 11 de abril de 2001,

DISPOÑO:

1. Face-la seguinte corrección:

Onde di: «Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo 2, categoría e» , debe dicir: «Clasificación do contratista: grupo J, subgrupo 1, categoría e».

2. No parágrafo de presentación de proposicións onde di: «ata o décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia» quedará redactado da seguinte maneira: «a presentación de proposicións rematará el día 3 de maio de 2001».

3. No parágrafo de apertura de proposicións onde di: «a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó peche do prazo de admisión de ofertas» quedará redactado da seguinte maneira: «a apertura de proposicións será a partir das 9 horas do día 14 de maio de 2001».

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2001.

P.D. (Decreto 49/1998, do 5 de febreiro)

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director general de la División

de Recursos Económicos