Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 25 de abril de 2001 Páx. 5.519

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2001 de extinción por caducidade da concesión hidroeléctrica da Barbanza.

Por resolución do Goberno Civil de data 24 de outubro de 1898 outorgouse unha concesión a Prudencio Otero Sánchez para aproveitar ata 200 litros de auga por segundo dos ríos Augas Brancas, Misarela e San Xoán, no Concello da Pobra do Caramiñal, con destino á producción de enerxía eléctrica.

O presidente de Augas de Galicia acordou o 15 de marzo de 2000 iniciar un expediente de extinción de caducidade desta concesión, baseado na falta de explotación desta, cunha interrupción permanente da explotación durante máis de tres anos consecutivos, imputable ó titular.

No expediente en cuestión non se puido atopa-lo enderezo do concesionario orixinal, Prudencio Otero Sánchez, por ser a antedita concesión moi antiga.

Por medio do presente anuncio faise saber que por parte do presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, foi dictada resolución de extinción por causa de caducidade da concesión hidroeléctrica de referencia transcribíndose a continuación a súa parte dispositiva:

«Primeiro.-Declara-la caducidade da concesión hidroeléctrica da Barbanza outorgada por resolución do Goberno Civil con data do 24 de outubro de 1898 a Prudencio Otero Sánchez para aproveitar ata 200 litros de auga por segundo dos ríos Augas Brancas, Misarela e San Xoán, no Concello da Pobra do Caramiñal, con destino á producción de enerxía eléctrica e polos motivos mencionados nos fundamentos xurídicos desta resolución, cos efectos legais e regulamentarios correspondentes.

Segundo.-Notifica-lo contido desta resolución ós interesados, con expresión dos recursos que legalmente procedan».

Contra a indicada resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ó da recepción da presente notificación, e isto sen prexuízo de que poida exercitar, de se-lo caso, calquera outro recurso que considere procedente.

O que se publica en cumprimento do disposto no punto cuarto do artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2001.

Antonio López Blanco

Xefe do Departamento de Xestión

do Dominio Público Hidráulico