Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 25 de abril de 2001 Páx. 5.519

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 19 de marzo de 2001, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se inicia a tramitación do expediente 12/2000, de clasificación dun monte desta provincia.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común tramítase o expediente de clasificación do monte coas características que a seguir se indican:

Expediente número: 12/2000.

Denominación: monte Serra de Moncaio, Serra da Parte e O Cornado.

Comunidade propietaria: veciños da parroquia da Parte.

Concello: Monforte de Lemos.

Superficie total: 119 hectáreas.

Estremas da parcela Serra de Moncaio-82 hectáreas:

Norte: predios particulares. Leste: termo municipal de Pobra de Brollón. Sur: devasa do monte Serra Pequena, Moncaio e O Cornado, pertencente á comunidade integrada polos veciños da parroquia de Reigada e predios particulares. Oeste: predios particulares.

Estremas da parcela Serra da Parte-27 hectáreas:

Norte: límite coa parroquia de Valverde, baixando desde a Serra da Parte ata os predios particulares das casas da Parte. Leste: predios particulares. Sur: predios particulares. Oeste: liña divisoria de augas coas parroquias de Valverde e Ribasaltas.

Estremas da parcela O Cornado-10 hectáreas:

Norte: predios particulares. Leste: predios particulares. Sur: devasa do monte Serra Pequena, Moncaio e O Cornado, pertencente á comunidade integrada polos veciños da parroquia de Reigada. Oeste: liña divisoria de augas e na máxima pendente que baixa desde o Coto do Cornado ata o encoro do río Cabe, e divide coa parroquia de Ribasaltas.

En virtude do acordado polo xurado na sesión que tivo lugar o día 14 de xuño de 2000 e, en cumprimento da orde do instructor, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por este edicto faise pública a iniciación para a posible clasificación do expediente indicado co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do regulamento aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da citada lei, cantas persoas, organismos e corporacións resulten interesadas poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formularen perante o xurado, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa

dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

Lugo, 19 de marzo de 2001.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Lugo