Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2001 Páx. 5.377

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PARA O FOMENTO DA CALIDADE INDUSTRIAL E DESENVOLVEMENTO TECNOLÓXICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2001 pola que se convoca o proceso de selección para ingreso no cadro de persoal laboral fixo da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.

En cumprimento da Lei 10/1996, do 5 de novembro (Diario Oficial de Galicia nº 227, do 20 de novembro), de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en

materia de persoal e contratación, resólvese convoca-lo proceso selectivo para o persoal laboral fixo da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.

Convócase unha (1) praza para o Centro de Innovación e Servicios Tecnolóxicos da Madeira (CIS Madeira), de técnico superior.

Requisitos mínimos que deberán acreditarse:

-Titulación universitaria en enxeñería de montes, especialidade de industrias forestais, ou enxeñería superior en tecnoloxía da madeira.

Requisitos xerais:

-Ter nacionalidade dun país membro da Unión Europea.

-Ter cumpridos os 18 anos de idade.

-Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida desempeña-las funcións correspondentes.

-Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

-Posuír e acredita-la titulación académica esixida (homologada polo Ministerio de Educación, no caso de títulos expedidos por un país que non sexa membro da Unión Europea).

Documentación que hai que presentar:

-Solicitude, segundo modelo presentado como anexo I Fotocopia do DNI.

-Fotografía tamaño carné.

-Currículum vitae con documentación orixinal o fotocopia* que acredite a titulación, formación e experiencia esixidas, así como a formación e/ou experiencia que desexe achegar para a súa valoración. A omisión da documentación acreditativa de calquera mérito eliminará este da súa correspondente valoración. Acreditarase a experiencia laboral con historial completo da Seguridade Social ou certificado de empresa.

*Aqueles que presenten fotocopias sen compulsar e accedan á fase de entrevista persoal deberán achega-las orixinais co gallo de cotexa-las copias presentadas.

Lugar de presentación e de publicación de anuncios. Prazo de presentación de solicitudes:

-As solicitudes serán dirixidas ó presidente do Consello de Dirección da fundación e presentaranse ou remitiranse por correo certificado ás oficinas de servicios centrais da fundación, sitas na rúa Varsovia nº 4-C 2º andar-Área Central, 15703 Santiago de Compostela; ou ben na propia sede do CIS Madeira no Parque Tecnolóxico de Galicia en San Cibrao das Viñas-32901 Ourense.

-O prazo de presentación será de 30 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Proceso de selección:

1. A selección, de conformidade co disposto no artigo 4 da Lei 10/1996, do 5 de novembro, será efectuada por unha comisión designada para o efecto (anexo II).

2. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o comité de selección publicará as listas previas de admitidos e excluídos ó proceso de selección, con indicación da causa de exclusión, se é o caso, establecéndose un prazo de 10 días hábiles para, por petición do interesado, reparar calquera erro que sexa emendable.

3. As probas, para todas aquelas persoas que cumpran os requisitos mínimos esixidos, consistirán nun concurso de méritos, unha proba escrita e unha entrevista persoal.

a) Concurso de méritos. Avaliaranse os méritos de cada candidato segundo o baremo do anexo III, ata unha puntuación máxima de 20 puntos. Pasarán á proba escrita todos aqueles que obteñan como mínimo 10 puntos nesta valoración.

Unha vez valorados os requisitos mínimos publicaranse as listas definitivas de admitidos e excluídos á proba escrita, incluíndo lugar e data na que comezarán as probas, ás que deberán asisti-los candidatos provistos do DNI. Estas listas publicaranse nos taboleiros de anuncios dos enderezos anteriores.

b) Proba escrita: teórico-práctica. Versará sobre o temario incluído como anexo IV, que terá que superarse para pasar á entrevista persoal. A puntuación máxima que se poderá obter na proba é de 20 puntos; cada fase valorarase ata un máximo de 10 puntos e débese superar cada fase cun mínimo de 5 puntos. A valoración final obterase por suma da puntuación obtida en cada unha das fases.

-Parte teórica: tipo test e/ou tema para desenvolver relacionado coa industria da madeira.

-Parte práctica: traducción ó castelán dun texto escrito en inglés e relacionado coa industria da madeira.

Unha vez corrixida a proba escrita, o comité de selección publicará a lista de aprobados, incluíndo o lugar e a data nos que se realizarán as entrevistas persoais.

c) Entrevista persoal. Valorarase o perfil persoal do candidato ademais da súa adecuación ó posto de traballo. Valorarase ata unha puntuación máxima de 10 puntos.

A puntuación final do proceso de selección obterase por suma dos puntos obtidos na fase de concurso de méritos (máximo 20 puntos), na proba teórico-práctica (máximo 20 puntos) e na entrevista persoal (máximo 10 puntos).

4. Unha vez finalizado todo o proceso anterior, o comité de selección publicará o nome da persoa seleccionada nos taboleiros de anuncios da fundación, facendo consta-la data de ingreso, así como

a documentación complementaria que deberán achegar para formaliza-lo contrato; contrato laboral fixo, suxeito ó período de proba regulado no artigo 14 do Estatuto dos traballadores, actuando como órgano de contratación da fundación o Consello de Dirección o través do seu presidente.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2001.

José Manuel González González

Presidente do Consello de Dirección da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia

ANEXO I

SOLICITUDE PARA PARTICIPAR NO PROCESO DE SELECCIÓN PARA O INGRESO NO CADRO DE PERSOAL LABORAL FIXO DA FUNDACIÓN PARA O FOMENTO DA CALIDADE INDUSTRIAL E DESENVOLVEMENTO TECNOLÓXICO DE GALICIA

Praza á que opta: ...

Datos persoais:

Primeiro apelido ... Segundo apelido ...

Nome ... DNI ...

Enderezo...

Localidade ... Provincia ... Código postal ...

Teléfono ... Data de nacemento ...

Localidade ... Provincia ...

Nacionalidade ... Nº afiliación á Seguridade Social ...

Titulación ...

Declaración xurada: ...

O/a abaixo asinante declara baixo xuramento non padecer enfermidade ou defecto físico que lle impida desempeñar as funcións correspondentes ó posto de traballo da praza á que opta, e non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

Lugar e data

Asinado: ...

Presidente do Consello de Dirección da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia

ANEXO II

COMISIÓN DE SELECCIÓN

1. A comisión de selección estará formada por:

a) Presidente: o presidente do Consello de Dirección.

b) Secretario: o secretario do Consello de Dirección.

c) Vocal: o secretario do Padroado.

d) Vocal: o director do Centro de Innovación e Servicios Tecnolóxicos da Madeira.

e) Vocal: 1 representante do CIS da Madeira con rango de xefe de área

f) Vocal: 1 representante dos traballadores.

2. Os membros da comisión deberán absterse de intervir, notificándollo ó presidente, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente poderá solicitalles ós membros da comisión de selección declaración expresa de non atoparse incursos nas causas sinaladas de abstención.

Os aspirantes poderán recusa-los membros da comisión de selección cando concorran as circunstancias previstas nesta base.

3. Para actuar validamente a comisión requirirase, como mínimo, a presencia do presidente, do secretario e dun vocal.

4. Para efectos de comunicación e demais incidencias, a comisión terá como sede as oficinas dos servicios centrais, sitas na rúa Varsovia nº 4-C, 2ª planta-Área Central, 15703 Santiago de Compostela.

ANEXO III

BAREMO PARA O CONCURSO DE MÉRITOS

-Experiencia profesional acreditada en posto de técnico superior en industria de transformación da madeira ou centro tecnolóxico da madeira; 0.20 puntos/mes, ata un máximo de 8 puntos.

-Idiomas:

Posuí-los tres primeiros cursos da Escola Oficial de Idiomas ou titulación equivalente, certificados emitidos por entidade estranxeira (First, Avanced o similar) ou ter feitos cursos de inglés no estranxeiro: 2 puntos.

Posuí-lo título oficial dos cinco cursos da Escola de Idiomas, Proficiency ou título universitario en filoloxía inglesa: 3 puntos.

O epígrafe de idiomas estranxeiros non poderá superar un máximo de 3 puntos no seu conxunto.

-Galego:

Título oficial de iniciación : 1 punto

Título de perfeccionamento: 1 punto

O epígrafe de galego non poderá superar un máximo de 2 puntos no seu conxunto.

-Posuí-lo título de doutor: 3 puntos.

-Méritos:

Realización ou participación de proxectos técnicos, traballos de I+D: 0,5 puntos por cada proxecto ou traballo realizado para empresa privada, entidade ou organismo público. Máximo 1,5 puntos.

Publicación de proxectos ou artigos sobre a tecnoloxía de procesos ou productos da madeira : 0,25 artigo publicado en revista especializada da madeira. Máximo de 1 punto.

Formación complementaria (participación en cursos, congresos, seminarios, etc.) relacionados coa industria da madeira, xestión empresarial e/ou calidade industrial: 0,5 puntos por cada asistencia. Máximo 1,5 puntos.

Este epígrafe de méritos non poderá superar nunca un máximo de 4 puntos.

ANEXO IV

TEMARIO PROBA ESCRITA

-Coñecementos da madeira.

-Tecnoloxías dos procesos da industria transformadora da madeira

-Aplicacións de producto da madeira.

-Aplicacións de producto derivado da madeira.

-Xestión de calidade (ISO 9000).

-Normativa de producto no sector da madeira.