Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2001 Páx. 5.376

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de contratación.

Por medio desta resolución convócase concurso para a contratación das seguintes obras e conforme as características que se sinalan a seguir:

Obra

Orzamento

contrata

Prazo

execución

Clasificación

esixida

Nº 53/P.O.S.2001 Navia de Suarna. Pavimentación de accesos ós núcleos de Murias de Camún, p.k. 0 ó 2,8010.440.0009 mesesNon se esixe

Nº 106/P.O.L.2001 Barreiros. Mellora rede abastecemento auga potable en Barreiros, de Remior en San Cosme de Barreiros e O Barreiro en Reinante10.000.0006 mesesNon se esixe

Nº 112/P.O.L.2001 Folgoso do Courel. Abastecemento auga en Meiraos, Parada, Campelo, Vilar, Mostaz, Miraz, Mercurín10.000.0009 mesesNon se esixe

Obra

Orzamento

contrata

Prazo

execución

Clasificación

esixida

Nº 118/P.O.L.2001 Pedrafita do Cebreiro. Traída de auga de Louzarela-Riocereixa10.000.0003 mesesNon se esixe

Nº 125/P.O.L.2001 O Valadouro. Abastecemento de auga e saneamento na avda. de Mondoñedo, C. de Foz e C. A Fonte Nova en Ferreira10.000.0003 mesesNon se esixe

Nº 140/P.O.L.2001 Guitiriz. Rede de sumidoiros r/ Xeneral Mola, zona Balneario e Ansede (terminación)11.000.0009 mesesNon se esixe

Nº 145/P.O.L.2001 Monforte de Lemos. Saneamento barrio das Cruces e instalacións deportivas na área das Lamas11.000.0006 mesesNon se esixe

Nº 155/P.O.L.2001 Riotorto. Saneamento en Ferreiravella10.231.2724 mesesNon se esixe

Características:

1º Entidade adxudicadora.

a) Deputación de Lugo.

b) Dependencia: Servicio de Plans e Contratación.

2º Obxecto do contrato.

A execución das obras sinaladas ó comezo do anuncio.

3º Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4º Orzamento base de licitación.

O que se sinala ó comezo do anuncio.

5º Garantías.

a) Provisional: o 2% sobre o orzamento do contrato.

b) Definitiva: o 4% sobre o mesmo orzamento.

Ámbalas dúas fianzas deberán constituírse na Tesourería Provincial.

6º Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Deputación de Lugo.

b) Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27001.

d) Teléfono: 982 25 10 42.

e) Fax: 982 25 10 42.

f) Data límite de obtención da documentación: ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación.

7º Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: a que se sinala no encabezamento (de ser esixible).

8º Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia; se o último día coincide en domingo ou festivo, o día seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións baixo a rúbrica: «Contido de proposicións».

c) Lugar de presentación: rexistro xeral, das 10 ás 14 horas.

1. Entidade: deputación.

2. Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

3. Localidade e código postal: Lugo, 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Non se admiten variantes ó proxecto aprobado, agás no prazo de execución. Esixirase rigorosamente o cumprimento do prazo de execución ofertado polo contratista e o seu incumprimento dará lugar á resolución do contrato.

f) A verificación de suficiencia de poderes farase especificamente para este concurso.

9º Apertura de ofertas.

a) Entidade: deputación.

b) Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o cuarto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación, agás os sábados.

e) Hora: as 12 horas.

10º Outras informacións.

Nos teléfonos indicados.

11º Gastos de anuncios.

Serán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 11 de abril de 2001.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo