Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2001 Páx. 5.376

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2001 pola que se resolve a convocatoria do concurso específico entre funcionarios para a provisión de postos de traballo vacantes na corporación, publicada no Diario Oficial de Galicia número 245, do 20 de decembro de 2000.

De conformidade co establecido nas bases da convocatoria do concurso específico entre funcionarios

para prover postos de traballo vacantes nesta corporación, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 245, do 20 de decembro de 2000, resolve-lo dito concurso e, por proposta das respectivas comisións de valoración nomeadas para o efecto, designa-los funcionarios que figuran a seguir para cubri-los postos que, así mesmo, se indican:

Posto de traballoAdscriciónApelidos e nome. DNI

Xefe de servicioServicio de Xestión de PersoalMarcos García, Ana María

32.433.337-W

Xefe de secciónServicio de Patrimonio e

Contratación

Pérez Queiro, Manuel María

32.449.964-Y

Xefe de negociado ingresos I

(recursos propios)

Servicio de FiscalizaciónVelo Fuentes, María Dolores

32.447.983-C

Subxefe parque móbilParque móbilLage Pérez, Arsenio

32.319.735-C

O cesamento no actual destino efectuarase no prazo de tres días, contados a partir da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión deberase realizar no prazo de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que preste os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade.

Contra esta resolución que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo ante a Presidencia desta deputación, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados tamén a partir do día seguinte ó da devandita publicación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme o disposto no artigo 46.1º, en relación co 8.1º, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdicción; sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se estime procedente por parte dos interesados.

A Coruña, 20 de febreiro de 2001.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña