Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2001 Páx. 5.376

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de aprobación inicial do estudio de detalle da rúa Sanjurjo Badía, números 1 e 3 (expediente 5153/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 15 de febreiro de 2001, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle na rúa Sanjurjo Badía (expediente 5153/411) presentado pola entidade Promociones Inmobiliarias Cysalva, S.L. e redactado pola arquitecta Mercedes Muñoz Jaureguialzo e con visado do COAG con data do 12 de setembro de 2000.

Sométese o expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes mediante anuncio no DOG e nun dos xornais de maior difusión, así como notificación individual ós propietarios afectados. O prazo de exposición ó público entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa do edificio da Xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 8 de marzo de 2001.

Lóis Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia

Municipal de Urbanismo