Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2001 Páx. 5.375

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO.

O Concello de Sarria, e de acordo co proxecto técnico e prego de cláusulas económico-administrativas aprobado pola Comisión de Goberno en sesión do 10 de abril de 2001, convoca a seguinte licitación, sometida á condición suspensiva da firmeza do expediente de modificación de créditos aprobado inicialmente polo Concello Pleno en sesión do 29 de marzo de 2001:

Denominación: a obra de instalación de piscina pública en Sarria.

Prazo de execución: catro (4) meses.

Tramitación: urxente; procedemento: aberto; forma: concurso.

Orzamento de licitación: 14.986.220 pesetas (90.069 euros) IVE incluído.

Garantías: provisional: 2% da licitación; definitiva: 4% da adxudicación.

Presentación de ofertas: trece (13) días naturais contados a partir do seguinte ó da última publicación da licitación no BOP ou DOG.

Apertura de plicas: ás trece horas do terceiro día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información: Concello de Sarria, rúa Maior, 14-Sarria; tlf. 982 53 50 00; fax: 982 53 09 16.

Gastos: os gastos de anuncios serán por conta do adxudicatario.

Anuncio extenso: publícase asemade no BOP de Lugo.

Sarria, 11 de abril de 2001.

O alcalde

Rubricado