Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2001 Páx. 5.375

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (301/1999).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno que tivo lugar o día 22 de marzo de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o Plan parcial de Rabo de Galo-Salto do Can, presentado por Xestur Ourense, representado por Juan Carlos Cabanelas Rodríguez, debendo incorporar ó estudio económico-financeiro durante a fase de información pública o cálculo estimativo do custo das expropiacións previstas, de conformidade co previsto no artigo 63.4º do R.P.U.

2. Somter a información pública durante un mes mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia, no BOP, e nun dos xornais de maior circulación da provincia, e notificación persoal ós interesados no expediente.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 2 de abril de 2001.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente