Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2001 Páx. 5.375

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-404).

Por Resolución 1647/2001, do 30 de marzo de 2001, acordouse aprobar inicialmente o Plan especial de acondicionamento da praia e parque de Portonoval (P.E.3), en Dorneda.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo, das 9 ás 13 horas, tódolos días laborables polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG e prensa, que computará desde a última publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 3 de abril de 2001.

Esther Pita Pita

Acaldesa-presidenta