Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2001 Páx. 5.374

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

Por decreto da Alcaldía do 31-1-2001, aprobouse o prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación mediante concurso con proce

demento aberto da obra restauración da Ponte Lubiáns, o cal se expón ó público polo prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da insercción do último anuncio no DOG, no BOP, ou na prensa, para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente anúnciase concurso público, ben que a licitación se aprazará canto resulte necesario no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

Tipo de licitación: 8.872.236 pesetas (53. 328,98 euros).

Prazo de execución: 6 meses.

Fianza provisional: non se esixe.

Fianza definitiva: 4% do orzamento do contrato.

Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar na casa do concello ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de propostas; se é sábado trasladarase ó luns seguinte.

Proposicións.

Lugar e prazo de presentación: presentaranse no rexistro xeral da corporación en horario das 9 ás 14 horas, dentro do prazo de vinteseis (26) días naturais contados desde o día seguinte á última publicación.

Documentación: presentarase en 3 sobres pechados conforme se indica no prego de condicións que se encontra exposto na secretaría do concello.

Tódolos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Carballo, 20 de marzo de 2001.

Manuel Varela Rey

Alcalde