Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2001 Páx. 5.374

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BEGONTE

EDICTO do 10 de abril de 2001 polo que se anuncia a aprobación do prego de cláusulas administrativas particulares das obras de iluminación pública nas parroquias de Pacios, Saavedra, Felmil e outras e, así mesmo, se anuncia a convocatoria do concurso para a contratación das devanditas obras.

Aprobado o prego de cláusulas administrativas particulares da obra de iluminación pública nas parroquias de Pacios, Saavedra, Felmil e outras, ponse a información pública polo prazo de oito días para efectos de reclamacións. Así mesmo, anúnciase a convocatoria do concurso para a contratación da davandita obra; aínda que no suposto de se produciren reclamacións contra o prego, a contratación aprazarase ata que sexan resoltas polo órgano de contratación.

Obxecto: obras de iluminación pública nas parroquias de Pacios, Saavedra, Felmil e outras.

Orzamento: 11.280.000 pesetas, IVE incluído.

Garantía provisional: 225.600 pesetas.

Garantía definitiva: 451.2000 pesetas.

Prazo de execución: un mes.

Información: oficinas municipais do Concello de Begonte.

Proposicións: deberán presentarse na secretaría xeral do concello, das 10 ás 14 horas, durante os trece días naturais seguintes ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

Gastos do anuncio: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Begonte, 10 de abril de 2001.

O alcalde

Rubricado