Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2001 Páx. 5.380

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA URXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA-061

ANUNCIO de contratación de servicio.

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 precisa contratar diversas pólizas de seguros.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 sita no hospital psiquiátrico de Conxo, praza Martín Herrera, nº 2-2ª planta. 15706 Santiago de Compostela, das 12 ás 14 horas, ata o 7 de maio de 2001 (incluído).

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas de Urxencias Sanitarias 0-61 de Galicia, das 12 ás 14 horas, ata o 7 de maio de 2001 (incluído).

No caso de precisar más información, chamar ó teléfono 981 54 67 64.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2001.

Rosa Álvarez de Blas

Directora de xestión e servicios xerais da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061