Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2001 Páx. 5.369

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2000, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, pola que se resolve o expediente de clasificación do monte desta provincia 6/2000.

Para os efectos previstos no artigo 28 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión que tivo lugar o 14 de decembro de 2000 na sala de xuntas da delegación provincial da Consellería de Medio Ambiente, baixo a presidencia do seu delegado provincial, e coa asistencia dos vocais Emilio Sánchez Coto, Manuel Martínez Garrido, José Antonio Illán Torrón, Manuel Veiga Franco e do

secretario Luis Quiroga Arnal, dictou a resolución de clasificar como veciñal en man común o monte seguinte:

Expediente número: 6/2000.

Denominación: monte de Pallarvello e da Porfía.

Comunidade propietaria: veciños dos lugares de Pallarvello e da Porfía.

Parroquia: Padornelo.

Superficie: 25 hectáreas.

Concello: Pedrafita do Cebreiro.

Estremas:

Norte: pola divisoria de augas co monte Carballal dos veciños de Padornelo e Sabugos (parroquia de Padornelo), desde os predios particulares ata Fontaos, e desde Fontaos polo alto, co monte Negredo dos veciños de Padornelo, Pallarvello, A Porfía e Sabugos (parroquia de Padornelo). Leste: segue lindando co monte Negredo dos veciños de Padornelo, Pallarvello, A Porfía e Sabugos ata a súa confluencia co monte dos veciños de Pacios (parroquia de Pacios). Sur: co monte dos veciños de Pacios (parroquia de Pacios) e predios particulares. Oeste: predios particulares.

Contra esta resolución e desde a súa notificación ou publicación, poderá interporse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, de conformidade co disposto no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa, en relación co artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común e o artigo 28 do seu regulamento, modificados os dous preceptos legais pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 14 de decembro de 2000.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Lugo