Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2001 Páx. 5.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación das resolucións dos expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos LU-E 176/2000 e tres máis.

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procede-

mento administrativo común, modificada pola

Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, ó non podérselles notificar por correo cer

tificado, as resolucións dictadas nos expedientes de sanción por infraccións en materia de espectáculos públicos; a súa contía e número cítanse a seguir:

NomeDNI/NIFNº de expedientePrecepto infrinxidoÚltimo domicilioMulta

Manuel Gegunde López33.835.315LU-E 176/200026 e) L.O. 1/1992Urbanización As Lagoas, Torre O, 1 C, Foz.25.000 ptas.

David M. Figueroa Martínez33.329.694LU-E 203/200026 e) L.O. 1/1992Pintor Villamil, 38, Lugo20.000 ptas.

Javier Álvarez López33.810.169LU-E 56/2000 26 e) L.O. 1/1992Lousadela, 7, Sarria.Arquivo

Mª Carmen Valle Sánchez 7.938.952LU-E 162/200023 e) en relación co 8.1º c) L.O. 1/1992Galdín, San Cibrao, Cervo50.001 ptas.

Contra estas resolucións poderá interpoñe-lo interesado recurso de alzada, perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

Advírtase que, de non ser interposto este en tempo e forma deberá aboa-la multa imposta no período de pagamento voluntario, a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida da Consellería de Xusticia, Interior e Relacións Laborais. Recadación de multas e sancións de espectáculos públicos número 2091/0152/29-3110001658, en calquera oficina da entidade bancaria Caixa Galicia, facendo consta-lo número de expediente sancionador, co cal se rematará este. Transcorrido o dito prazo, procederase á cobranza pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición terceira da Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3 de xuño).

Lugo, 9 de marzo de 2001.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo