Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2001 Páx. 5.370

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2000, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, pola que se resolven os expedientes de clasificación de varios montes desta provincia (4/2000 e tres máis).

Para os efectos previstos no artigo 28 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión que tivo lugar o 14 de decembro de 2000 na sala de xuntas da delegación provincial da Consellería de Medio Ambiente, baixo a presidencia do seu delegado provincial, e coa asistencia dos vocais Emilio Sánchez Coto, Manuel Martínez Garrido, José Antonio Illán Torrón, Manuel Veiga Franco e do secretario Luis Quiroga Arnal, dictou a resolución de non clasificar como veciñais en man común os montes seguintes:

Expediente número 4/2000: monte de Busmullán e de Temple, situado nos lugares de Busmullán e de Temple, parroquia de Padornelo, concello de Pedrafita do Cebreiro.

Expediente número 5/2000: monte da Mata, situado no lugar da Mata, parroquia de Padornelo, concello de Pedrafita do Cebreiro.

Expediente número 7/2000: monte de Sabugos, situado no lugar de Sabugos, parroquia de Padornelo, concello de Pedrafita do Cebreiro.

Expediente número 8/2000: monte de Veiga de Forcas, situado no lugar de Veiga de Forcas, parroquia de Veiga de Forcas, concello de Pedrafita do Cebreiro.

Contra esta resolución e desde a súa notificación ou publicación, poderá interporse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, de conformidade co disposto no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa, en relación co artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común e o artigo 28 do seu regulamento, modificados os dous preceptos legais pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 14 de decembro de 2000.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Lugo