Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2001 Páx. 5.370

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2001 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso con procedemento aberto e trámite de urxencia, das obras que se citan. (Clave OH.215.497 e catro máis).

a) Obra.

1. Abastecemento de auga a Día Tres. (Vilarmaior-A Coruña).

Clave: OH.215.497.

Orzamento: vintecinco millóns (25.000.000) de pesetas, equivalente a 150.253,026 euros.

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

2. Enlace da canalización de saneamento desde a rede municipal ata a depuradora de Ortoño-segunda fase. (Brión-A Coruña).

Clave: OH.315.468.

Orzamento: cincuenta e cinco millóns trescentas dezaseis mil seiscentas corenta pesetas (55.316.640 pesetas, equivalente a 332.459,702 euros).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

3. Ampliación da rede de abastecemento de auga en Negreira. (Negreira-A Coruña).

Clave: OH.215.482.

Orzamento: vintenove millóns cento nove mil seiscentas cincuenta e sete pesetas (29.109.657 pesetas, equivalente a 174.952,562 euros).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

4. Saneamento de núcleos da Cañiza. (A Cañiza-Pontevedra).

Clave: OH.336.455.

Orzamento: cincuenta millóns catrocentas setenta e catro mil duascentas trinta e sete pesetas (50.474.237 pesetas, equivalente a 303.356,274 euros).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

5. Saneamento da parroquia de Nespereira-Pazos de Borbén. (Pazos de Borbén-Pontevedra).

Clave: OH.336.466.

Orzamento: oitenta millóns seiscentas sesenta e catro mil catrocentas sesenta e catro pesetas (80.664.464 pesetas, equivalente a 484.803,193 euros).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c. Grupo K, subgrupo 8, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 71 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia-Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, praza Camilo Díaz Valiño s/n, Santiago de Compostela.

Así mesmo, tamén se poderá obte-lo prego de cláusulas administrativas particulares relativo a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada na alínea a) anterior e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento da licitación, para cada unha das obras indicadas na dita alínea.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro de Augas de Galicia ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día catorce (14) de maio de 2001.

f) Admisión de variantes.

Admítese a presentación dunha variante para cada unha das obras indicadas na letra a) do presente anuncio, de acordo co indicado no prego de cláusulas administrativas particulares (punto 2.1.1. do dito prego).

g) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas de Augas de Galicia, ás dez horas do día vinteoito (28) de maio de 2001.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se espe-

cifica no punto 2.2.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2001.

Agustín Hernández Fdez. de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia