Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2001 Páx. 5.371

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2001 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de poxa con procedemento aberto e trámite de urxencia, da obra de clave OH.315.483.

a) Obra.

1. Mellora do saneamento no concello de Negreira. (Negreira-A Coruña).

Clave: OH.315.483.

Orzamento: dezaoito millóns seiscentas setenta e nove mil trescentas trinta e oito pesetas (18.679.338 pesetas, equivalente a 112.265,082 euros).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: non se esixe.

Requisitos específicos do contratista: os licitadores deberán presentar, para os efectos de acredita-la súa solvencia económica e financeira, os documentos citados no artigo 16, letra a), do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e a súa solvencia técnica mediante os documentos citados no artigo 17, letras a) e b), da mesma lei.

De posuí-lo licitador clasificación do grupo E, subgrupo 1, categoría b, será eximido da presentación da solvencia económica e financeira e da solvencia técnica.

Fianza provisional: trescentas setenta e tres mil cincocentas oitenta e sete pesetas (373.587 pesetas, equivalente a 2.245,303 euros).

(Declarada urxente conforme o establecido no artigo 71 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estará de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia-Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, praza Camilo Díaz Valiño, s/n, Santiago de Compostela.

Así mesmo, tamén se poderá obte-lo prego de cláusulas administrativas particulares relativo a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada na letra a) anterior e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de licitación, para cada unha das obras indicadas na dita letra.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro de Augas de Galicia ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día catorce (14) de maio de 2001.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas de Augas de Galicia, ás dez horas do día vinteoito (28) de maio de 2001.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 1.2.6. Constitución e funcionamento da mesa do prego de cláusulas administrativas particulares.

g) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2001.

Agustín Hernández Fdez. de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia