Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2001 Páx. 5.372

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

EDICTO do 14 de marzo de 2001, de notificación de proposta de resolución do expediente sancionador DH.D15.12570.

Por medio do presente edicto faise saber que o instructor de Augas de Galicia dictou proposta de resolución no expediente administrativo sancionador que se detalla no extracto en anexo a este edicto, referente a infraccións tipificadas na Lei 29/1985, do 2 de agosto, de augas, en materia de dominio público hidráulico. Intentada a notificación da pro

posta de resolución no domicilio que consta no expediente, esta non se puido levar a cabo.

En consecuencia, de acordo co previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó interesado a proposta da resolución referida no anexo e comunícaselle que o seu texto íntegro, xunto co resto das actuacións do expediente, se encontra ó seu dispor nas oficinas do Servicio Territorial da Demarcación Galicia Norte do organismo autónomo Augas de Galicia na Coruña (rúa Wenceslao Fdez. Flórez, 1-2º), durante o prazo de alegacións que a seguir se indica.

En relación con esta proposta de resolución, o interesado poderá formular alegacións no prazo de quince días contados desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, ante o devandito servicio territorial.

A Coruña, 14 de marzo de 2001.

Ramón Vázquez Montero

Instructor

ANEXO

Expediente número: DH.D15.12570.

Persoa interesada: Julia Amelia Lorenzo Otero.

Domicilio que consta no expediente: Barbos, s/n, 15330 Ortigueira.

Acto administrativo: proposta de resolución de data 25-10-2000.

Preceptos infrinxidos: artigo 315 c) do Regulamento do dominio público hidráulico.

Sanción proposta: 120.000 pesetas.