Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2001 Páx. 5.372

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

ACORDO do 20 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se impón nova multa coercitiva (expedientes D.P. 34/1990 e D.P. 55/1993).

O 13 de outubro de 2001 impúxoselle a José Antonio Vázquez López, con enderezo na avda. das Américas, nº 83-1º da cidade de Lugo, multa coercitiva de 50.000 pesetas por incumprimento do ordenado na Resolución do 17 de febreiro de 2000, do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, do 17 de febreiro de 2000, que confirma parcialmente a resolución do delegado provincial do IGVS de Lugo do 11 de novembro de 1997 e que o obrigaba como promotor da construcción de 12 vivendas de protección oficial, locais e garaxes non vinculados na avda. das Américas, nº 86 de Lugo, (expediente 27-1-0041/88) nas D.P. 34/1990 y D.P. 55/1993, á realización no prazo de 15 días das obras e reparacións necesarias

no inmoble antes citado, para arranxa-las seguintes deficiencias:

1. Que as seis prazas de garaxe a que obrigan as ordenanzas municipais e que están situadas no soto, se axusten á ordenanza 34 das vivendas de protección oficial.

2. Que a zona de paso de vehículos da rampla, así como a altura dela se axuste á ordenanza 34 das vivendas de protección oficial.

3. Que se arranxen as filtracións de auga nos garaxes, así como as fugas nas baixantes do garaxe.

Na mencionada multa coercitiva apercibíase de que sería reiterada se transcorrese o prazo dun mes sen ter realizado as obras.

Persistindo na súa actitude de non cumpri-lo ordenado na resolución da delegación provincial do IGVS de Lugo do 11 de novembro de 1997, confirmada parcialmente pola resolución do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia do 17 de febreiro de 2000, en aplicación do disposto no artigo 13 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda (BOE nº 66, do 18 de marzo de 1997), esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Impoñer unha nova multa coercitiva por importe de 100.000 pesetas, que será reiterada coa periodicidade de 15 días, e na contía que en cada unha delas se determine, ata que se acredite documentalmente ante este órgano o inicio das obras e reparacións necesarias para arranxa-las deficiencias, e continuarán impoñéndose multas coercitivas cando as obras comezadas co dito fin se demoren máis dun mes.

Segundo.-Notifíqueselle a presente resolución ó interesado coa indicación de que contra ela pode interpoñer recurso de alzada, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, de conformidade co establecido nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 20 de febreiro de 2001.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo