Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2001 Páx. 5.344

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector das panaderías da provincia de Lugo.

Visto o acordo da revisión salarial do convenio colectivo para o sector panaderías da provincia de Lugo (código 2700425), da provincia de Lugo, asinado o día 21 de febreiro de 2001, pola representación da Asociación de Empresarios de Panaderías da Provincia de Lugo e das centrais sindicais UGT (35,7%), USO (35,7%), CC.OO. (28,6%) e CIG (0,0%), e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da revisión do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto da revisión do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 21 de marzo de 2001.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

-Pola Asociación de Empresarios de Panaderías da Provincia de Lugo:

Roberto López García.

Rubén Chousa Vázquez.

Jesús Arias Fernández.

José Manuel García Díaz.

Alfonso Buján Conde.

-Polas centrais sindicais:

UGT (35,7%):

Fernando Teijeiro Valledor.

Servando López Fernández.

Jesús Viador López.

USO (35,7%):

Manuel Expósito López.

Manuel Silvarrey Cabado.

José Luis Valcarce.

CC.OO. (28,6%):

Anselmo Sampedro Ania.

José Luis López Álvarez.

Emeterio Páramo Pantón.

CIG (0%):

Mª del Carmen Antas Pérez.

Acta

En Lugo, sendo as 17 horas do día 21 de febreiro de 2001, reúnense nos locais da Confederación de Empresarios de Lugo (praza de Santo Domingo, 6-8, 2º) as persoas relacionadas, todas elas integrantes da comisión negociadora do convenio colectivo de panaderías da provincia de Lugo co obxecto de proceder á elaboración da táboa salarial que terá vixencia desde o 1 de xaneiro de 2001 ata o 31 de decembro de 2001 por aplicación do disposto no artigo 15, parágrafo terceiro do convenio colectivo vixente, adoptándose os parágrafos seguintes acordos:

Primeiro.-Aproba-las táboas salariais anexas do convenio colectivo de panaderías da provincia de Lugo con vixencia desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2001, para o que as partes contan con capacidade legal suficiente, segundo se acredita coa acta de constitución da comisión negociadora.

Segundo.-Remiti-la presente acta e as táboas salariais anexas do convenio colectivo referido á autoridade laboral competente para os efectos legais oportunos.

E, en proba de conformidade, asinan a presente acta as persoas relacionadas en lugar e data indicados no encabezamento.

Rubricado

Táboa salarial

Convenio provincial de panaderías de Lugo

Vixencia: 1-1-2001 ó 31-12-2001.

Categoría profesional

Salario

base día

Xornada

especial

Pan

Total

Total anual

Mestre encargado2.6744052203.2991.481.245

Oficial de pa2.6744052203.2991.481.245

Categoría profesional

Salario

base día

Xornada

especial

Pan

Total

Total anual

Oficial de masa2.6744052203.2991.481.245

Oficial de mesa2.6744052203.2991.481.245

Oficial administrativo2.6744052203.2991.481.245

Axudante2.6623642203.2461.457.130

Auxiliar administrativo2.6623642203.2461.457.130

Peón2.6623642203.2461.457.130

Transporte pan despacho2.6623902203.2721.468.960

Repartidor2.6623902203.2721.468.960

Vendedor despacho2.6622792203.1611.418.455

Limpador/a2.6622792203.1611.418.455

Antigüidade: a que corresponda en cada caso para as categorías.