Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2001 Páx. 5.343

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta de rectificación do convenio colectivo da empresa Setex Aparki, S.A. de Ourense.

Visto o texto da acta de rectificación do convenio colectivo da empresa Setex Aparki, S.A. de Ourense (código de convenio nº 3200582), con entrada nesta delegación provincial o día 12-3-2001, subscrito con data 12-2-2001, dunha parte, por Lourdes López de Aguilar e por Luis Ponte Herranz, en representación da parte empresarial (Setex Aparki, S.A.), e doutra, por César Gutiérrez Martínez (delegado de persoal) en representación dos traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso

de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo e demais normas aplicables de dereito común, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 15 de marzo de 2001.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

En Ourense o 12 de febreiro de 2001, ás 12 h, reúnense nas oficinas de Setex Aparki, S.A., situadas na rúa Carriarico, nº 30 baixo, pola parte empresarial Luis Ponte Herranz e pola parte social César Gutiérrez Martínez e Migul Villar Paulos e acordan:

1º Adecua-la xornada efectiva anual (artigo 16) para o ano 2002 ó establecido no 1º Convenio colectivo xeral de ámbito nacional para o sector de regulación do estacionamento limitado de vehículos na vía pública, mediante control horario e cumprimento das ordenanzas de aparcamentos (en adiante CNN).

2º Mediante unha corrección de erros proceder a rectifica-lo artigo 16 do convenio colectivo, adecuando a xornada do ano 2002 ó establecido no CNN, que no momento presente e pendente de resolver impugnación xudicial sinala 1.745 horas.

3º Partes asinantes: o presente convenio foi concertado por Lourdes López de Aguilar con DNI nº 1.393.980 e por Luis Ponte Herranz con DNI nº 32.765.078 por Setex Aparki, S.A. e por César Gutiérrez Martínez con DNI nº 34.580.535 como delegado de personal e Miguel Villar Paulos con DNI nº 34.944.649 en representación da Unión Xeral de Traballadores (UXT).

Rubricado