Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2001 Páx. 5.331

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 19 de marzo de 2001 pola que se lle concede autorización definitiva ó centro privado Montespiño, de Culleredo (A Coruña), para impartir bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde, e humanidades e ciencias sociais.

Examinado o expediente instruído por instancia do titular do centro privado Montespiño, de Culleredo (A Coruña), polo que se solicita autorización definitiva para impartir bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde, e humanidades e ciencias sociais,

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4 de outubro), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), que o desenvolve,

Tendo en conta a disposición transitoria terceira, letra c) do Real decreto 1004/1991 e os informes da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña,

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro privado Montespiño, de Culleredo (A Coruña), para impartir bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde, e humanidades e ciencias sociais, segundo se especifica no anexo desta orde.

Segundo.-Para as ensinanzas que se autorizan, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia no dito centro.

Terceiro.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo do dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Culleredo.

Localidade: Culleredo.

Enderezo: A Zapateira, s/n.

Código do centro: 15020489.

Denominación específica: Montespiño.

Titular: Fomento de Centros de Enseñanza, S.A.

Ensinanzas que se autorizan: bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde, e humanidades e ciencias sociais.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 6 unidades.

b) Centro de educación primaria: 6 unidades.

c) Centro de Educación Secundaria:

-4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

-4 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde, e humanidades e ciencias sociais.