Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2001 Páx. 5.331

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 22 de marzo de 2001 pola que se nomean vocais da Mesa Provincial de Lugo de control e seguimento da renda de integración social de Galicia.

Os artigos 36 e 37 da Lei 9/1991, do 2 de outubro, de medidas básicas para a inserción social, modificada parcialmente pola Lei 1/1999, do 5 de febreiro, en concordancia co artigo 80 do Decreto 374/1991, do 24 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 9/1991, do 2 de outubro, dispoñen a constitución dunha mesa a nivel provincial en cada unha das provincias da Comunidade Autónoma, que actuará como órgano superior de control e seguimento da aplicación da renda de integración social de Galicia e que estará integrada, entre outros membros, por sete representantes da Administración autonómica.

As normas de organización e funcionamento interno da Mesa Autonómica da renda de integración social feitas públicas pola Resolución do 9 de outubro de 1992, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Servicios Sociais, publicada no Diario Oficial de Galicia con data do 23 de outubro de 1992, que rexerán tamén para as mesas provinciais, a teor do disposto no artigo 81.3º do Decreto 374/1991, do 24 de outubro, establecen no seu artigo 7.2º que os nomeamentos e as substitucións de tódolos membros da mesa se publicarán no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, producidos determinados cambios no cadro de persoal na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, procede modifica-la composición da Mesa Provincial dos representantes da Administración autonómica e os seus substitutos, unha vez feitas as oportunas designacións polo delegado provincial.

Polo exposto, en uso das facultades que me confiren os artigos 34.6º e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Nomear como representantes da Administración autonómica da Mesa Provincial de Lugo as seguintes persoas:

1. Antonio Dacal López, secretario provincial.

2. Coro Piñeiro Vázquez, xefa de área de Servicios Sociais.

3. Pedro José Sánchez Corral, xefe do Servicio de Prestacións.

4. Mª Carmen Vázquez Capón, xefa do Servicio de Xestión Económica.

5. Enrique Rodríguez Díez, xefe do Servicio de Axudas e Programas.

6. Mª Carmen Fernández Adrio, xefa de Negociado de Tramitación.

7. Isolina Rodríguez López, psicóloga da área de Servicios Sociais.

Artigo 2º

Nomear como suplentes as seguintes persoas:

1. Francisca González Allegue, asistenta social da área de Servicios Sociais.

2. Mª Carmen Castro Sánchez, xefa de Negociado de Prestacións.

3. Cándido Rodríguez Caneiro, xefe de Sección de Valoración e Orientación.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2001.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais