Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2001 Páx. 5.332

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 70/2001, do 22 de marzo, polo que se establecen as tarifas dos servicios sanitarios prestados nos centros dependentes do Servicio Galego de Saúde.

Advertidos erros no citado decreto, publicado no DOG nº 68, do xoves 5 de abril de 2001, cómpre face-las seguintes correccións:

Na páxina 4.456, letra B, punto 3.1, onde di: «No suposto de que o paciente tivera que ingresa-la facturación...», debe dicir: «No suposto de que o paciente tivese que ingresar, a facturación...».

Na páxina 4.458, no primeiro cadro, na «Especialidade, Outras probas», aparecen duplicados os procedementos «RM, plus de emprego de contraste» e «RM, plus de emprego de anestesia».

Na páxina 4.458, no punto 6, onde di: «... quedando incluídos no concepto, tódolos fármacos que se utilizan nas sesións», debe dicir: «... quedando incluídos no concepto tódolos fármacos que se utilizan nas sesións».

Na páxina 4.459, na columna «Administración Ambulatoria», na oitava fila, onde di: «Adriamicina, bleomicina r vinblastina», debe dicir: «Adriamicina, bleomicina e vinblastina».