Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2001 Páx. 5.332

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 80/2001, do 29 de marzo, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial da Coruña, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de estrada provincial 5602, ampliación e mellora do punto quilométrico 12 ó 17,500, Negreira a Ponte Don Alonso (programa de actuación da rede provincial de estradas, Plan 2000 de Estradas) 1ª fase de 1998. (Concello de Negreira).

A Deputación Provincial da Coruña, en sesión que tivo lugar o día 27 de novembro de 1998, aprobou o proxecto de estrada provincial 5602, ampliación e mellora do punto quilométrico 12 ó 17,500. Negreira a Ponte Don Alonso (Programa de actuación da rede provincial de estradas, Plan 2000 de Estradas) 1ª fase de 1998, e na sesión do 2 de marzo de 1999 acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados

pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Por parte da Deputación Provincial da Coruña foi remitida a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 17 de outubro de 2000.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 30 de abril de 1999.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque, segundo sinala a deputación, se trata de mellora-lo firme das estradas, o largo da calzada, que ten dimensións inferiores ás necesidades dos vehículos, a intensidade media do tráfico, a circulación de vehículos pesados e os puntos negros, evitando deste xeito o risco de accidentes.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintenove de marzo de dous mil un.

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, pola Deputación Provincial da Coruña, para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de estrada provincial 5602, ampliación e mellora do punto quilométrico 12 ó 17,500. Negreira a Ponte Don Alonso (programa de actuación da rede provincial de estradas, Plan 2000 de Estradas) 1ª fase de 1998.

Santiago de Compostela, vintenove de marzo de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais