Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2001 Páx. 5.288

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (87/2000).

Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dá fe e testemuño:

Que neste xulgado se seguen autos de xuízo de faltas número 87/2000, por falta de respecto ós axentes da autoridade, nos que recaeu sentencia que ten como encabezamento e decisión o teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela, o 15 de setembro de 2000

José Gómez Rey, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia:

Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 87/2000, seguidos neste xulgado sobre falta de respecto ós axentes da autoridade nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, o denunciante os policías nacionais número 52.882 e 54.430; e o denunciado Julio Ángel Luis Castillo Gómez.

Decido que debo condenar e condeno a Julio Ángel Luis Castillo Gómez, como autor dunha falta de respecto ós axentes da autoridade, á pena de multa de vinte días, fixando o importe da cota diaria da pena de multa na contía de duascentas pesetas e sinalando a responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado, para ante a Audiencia Provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e sirva de notificación ó denunciado Julio Ángel Luis Castillo Gómez, en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, o dezanove de marzo de dous mil un.

A secretaria xudicial

Rubricado