Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2001 Páx. 5.288

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de citación (750/2000-E).

Federico Seoane Rosa, secretario do Xulgado de Instrucción número catro da cidade da Coruña, dou fe e testemuño que nos autos de xuízo de faltas número 750/2000-E, instruídos neste xulgado, foi confeccionada cédula de citación co contido literal que a continuación se expresa:

Cédula de citación.

O maxistrado-xuíz do Xulgado de Instrucción número catro da Coruña acordou citar a vostede, co fin de que o próximo día tres de outubro ás dez corenta horas, asista na sala de vistas do Xulgado de Instrucción número catro da Coruña, situado na planta 3 do edificio novo dos xulgados, á celebración do xuízo de faltas arriba indicado, seguido por danos producidos con data do 7 de decembro de 2000, en calidade de denunciado.

Fáiselle saber que deberá comparecer ó acto de xuízo con tódolos medios de proba de que intente valerse (testemuñas, documentos, peritos..) e que poderá acudir asistido de letrado, se ben este non é preceptivo.

Apercibíndoo de que, de residir neste termo municipal, e non comparecer nin alegar xusta causa que llo impida, poderá impoñérselle unha multa, recaendo sobre el os prexuízos a que houber lugar en dereito e que, en caso de residir fóra deste termo, poderá dirixir escrito a este xulgado na súa defensa e apoderar a outra persoa para que presente no dito acto as probas de descargo que tivese, conforme o disposto no artigo 970 da Lei de axuizamento criminal.

Na Coruña, catorce de febreiro de dous mil un.

E para que conste e sirva de citación a Leticia Ferreiro Trigo, expido e asino a presente cédula na Coruña, 16 de marzo de 2001.

Rubricado