Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2001 Páx. 5.287

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 2 de abril de 2001 pola que se outorgan nomeamentos de notarios para as notarías vacantes que se citan (Redondela e vinteseis máis).

O nomeamento dos notarios que teñan que exercer no territorio de Galicia é competencia desta Comunidade Autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1º

do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de notarías vacantes en virtude de concurso convocado pola resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 8 de febreiro de 2001 (BOE do 13 de febreiro), e de conformidade cos artigos 23, 88 e demais concordantes do Regulamento notarial; os decretos da Xunta de Galicia 160 e 161/2000, ámbolos dous do 29 de xuño, e as demais disposicións legais autonómicas pertinentes:

RESOLVO:

Nomea-los notarios que a seguir se relacionan para prove-las notarías vacantes radicadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia:

Ramón Mucientes Silva, notario de Redondela, 2ª, para a notaría de Vigo.

Alfonso García López, notario de Ourense, 1ª, para a notaría da Coruña.

José Antonio Cortizo Nieto, notario de Vilagarcía de Arousa, 2ª, para a notaría de Santiago de Compostela.

Alejo Calatayud Sempere, notario de Vigo, 1ª, para a notaría de Ourense.

Elio Núñez García, notario de Madrid, 1ª, para a notaría de Santiago de Compostela.

Héctor Ramiro Pardo García, notario de Barcelona, 1ª, para a notaría de Pontevedra.

Fernando-José Rivero Sánchez-Covisa, notario de Laguardia, 3ª, para a notaría de Ferrol.

José del Cerro Peñalver, notario de Bueu, 3ª, para a notaría de Cangas.

Natalia Nieto Alba, notaria de Monterroso, 3ª, para a notaría de Monforte de Lemos.

Fernando Olmedo Castañeda, notario de Cenicero, 3ª, para a notaría de Redondela.

Alberto María Romero Neira, notario de Fene, 3ª, para a notaría de Narón.

Margarita Colunga Fidalgo, notaria de oposición, para a notaría de Muxía.

Paula Breva Calatayud, notaria de oposición, para a notaría da Pontenova.

Víctor Manuel Vidal Pereiro, notario de Castro de Rei, 3ª, para a notaría de Nigrán.

José Martínez Badas, notario de Colunga, 3ª, para a notaría de Betanzos.

Enrique Joaquín Milara Vilches, notario de oposición, para a notaría de Corcubión.

Juan Ramón Furrasola González, notario de oposición, para a notaría de Noia.

Mª del Rocío de la Hera Ortega, notaria de Trevías, 3ª, para a notaría de Ribadeo.

Miguel Antonio Hortigüela Esturillo, notario de oposición, para a notaría de Viveiro.

Ernesto Nicolás Millán, notario de oposición, para a notaría do Carballiño.

Teresa Castillo Moreno, notaria de Santa Olalla del Cala, 3ª, para a notaría de Sarria.

Eva Mª Paterna Martínez, notaria de oposición, para a notaría do Barco de Valdeorras.

Andrés Diego Pacheco, notario de oposición, para a notaría de Chantada.

Mª José Latas Espiño, notario de Santa Comba, 3ª, para a notaría de Ordes.

Cristina Mosquera Criado, notaria de Ortigueira, 3ª, para a notaría de Ribadeo.

Francisco Manuel Botana Torrón, notario de Barcarrota, 3ª, para a notaría de Cambados.

José Luis Benavides Malo, notario de oposición, para a notaría de Verín.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2001.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais