Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2001 Páx. 5.289

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (170/2000).

Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño:

Que neste xulgado se seguen autos de xuízo de faltas número 170/2000, por lesións, nos que recaeu sentencia, o encabezamento e decisión da cal son do teor literal seguinte:

En Santiago de Compostela o 26 de xaneiro de 2001.

José Gómez Rey, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia:

Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 170/2000, seguidos neste xulgado sobre lesións en agresión, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, o denunciante Benedicto Carlos Naveiro Riveiro, e os denunciados Ricardo Fernández Paz e María Encarnación Fernández Paz.

Decido: que debo absolver e absolvo libremente a Ricardo Fernández Paz e a María Encarnación Fernández Paz da falta de lesións pola que foron denunciados, declarando de oficio as custas procesuais.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de apelación ante este xulgado, para ante a audiencia provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que así conste e sirva de notificación ó denunciante Benedicto C. Naveiro Riveiro e ó prexudicado Luis C. Naveiro Fernández, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o dezanove de marzo de dous mil un.

A secretaria xudicial

Rubricado