Vista a acta sobre interpretación dos artigos 24 e 25 do convenio colectivo para o sector de hostalería, con nº de código 3600765, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 13-3-2001, subscrita en representación da parte económica pola Federación Provincial de Empresarios de Hostelería (Feprohos), Asociación de Empresarios de Hospedaje de Pontevedra (Asehospo) e Asociación de Salas de
Fiestas y Espectáculos, e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, en data 19-2-2001. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial
ACORDA:
Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.
Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.
Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Vigo, 14 de marzo de 2001.
Antonio Coello Bufill
Delegado provincial de Pontevedra
Acta
En Vigo o 19 de febreiro de 2001, ás 17.30 horas, reúnense as persoas que se detallan no punto de asistentes, na súa condición de membros da comisión paritaria do convenio colectivo de hostalería da provincia de Pontevedra, para trata-la seguinte orde do día:
Asistentes:
María del Tránsito Fernández Fernández, CIG.
José Antonio Boullosa Gómez, UGT.
Jorge Carneiro Penedo, CC.OO.
Carlos Rodríguez Cerdeira, Feerohos.
José Manuel Barbosa Suárez, Asehospo.
Carlos Barreiro Fernández, sala de festas.
Orde do día
1º Interpretación e aclaración ó artigo 24, salario. Solicítase por parte das centrais sindicais CIG, UGT e CC.OO. que se manifeste a comisión paritaria do convenio colectivo de hostalería da provincia de Pontevedra, respecto da cuantificación do salario hora dos traballadores deste sector. Comentada e analizada a cuestión, para a comisión paritaria non ofrece dúbida de que o salario hora é o resultado de multiplicar por 15 o salario mensual de cada nivel salarial e dividi-lo resultado entre 1.800 horas de traballo efectivo.
Aclárase tamén que estas 15 pagas se distribuirán da seguinte forma:
12 aboaranse unha cada mes do ano e as tres restantes pagaranse: unha en xullo, unha en setembro e outra en decembro. Se entre empresa e traballador están de acordo, estas tres pagas ratearanse entre as doce mensualidades.
Ponse como exemplo o nivel salarial 20, que no ano 2000 cobraba 105.024 pesetas/mes. Aquel salario multiplicado por 15 resultaría 1.575.364, que dividido entre 1.800 horas serían 875 pesetas/hora.
Adxunto á presente acta, achégase detalle das táboas salariais co incremento correspondente ó ano 2001, salario anual e salario hora.
O mesmo cálculo realizado co salario mensual deberá facerse naqueles casos en que algún traballador cobre antigüidade como un dereito consolidado e o seu resultado habería que sumalo ó cálculo anterior.
E non tendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, ás vinte horas do día arriba indicado, de todo o cal as partes dan fe coa súa sinatura.
Rubricado
Nivel
Táboas 2000 IPC 2000
1,25% IPC prvto.
2%
Táboas 2001 Salario anual
s/ antigüid.
Salario hora
Revisión
Incremento
1 154.785 1.935 3.134 159.854 2.397.808 1.332,12
2 149.166 1.865 3.021 154.051 2.310.768 1.283,76
3 146.300 1.829 2.963 151.092 2.266.373 1.259,10
4 141.141 1.764 2.858 145.763 2.186.444 1.214,69
5 138.847 1.736 2.812 143.395 2.150.918 1.194,95
6 137.128 1.714 2.777 141.619 2.124.280 1.180,16
7 134.835 1.685 2.730 139.250 2.088.757 1.160,42
8 132.542 1.657 2.684 136.882 2.053.234 1.140,69
9 129.675 1.621 2.626 133.922 2.008.830 1.116,02
10 127.382 1.592 2.579 131.554 1.973.304 1.096,28
11 125.089 1.564 2.533 129.185 1.937.778 1.076,54
12 123.369 1.542 2.498 127.409 1.911.142 1.061,75
13 121.076 1.513 2.452 125.041 1.875.619 1.042,01
14 118.783 1.485 2.405 122.673 1.840.096 1.022,28
Nivel
Táboas 2000 IPC 2000
1,25% IPC prvto.
2%
Táboas 2001 Salario anual
s/ antigüid.
Salario hora
Revisión
Incremento
15 115.916 1.449 2.347 119.713 1.795.690 997,61
16 113.623 1.420 2.301 117.344 1.760.164 977,87
17 111.904 1.399 2.266 115.568 1.733.527 963,07
18 109.038 1.363 2.208 112.609 1.689.131 938,41
19 107.317 1.341 2.173 110.832 1.662.480 923,60
20 105.024 1.313 2.127 108.464 1.626.957 903,87
21 102.731 1.284 2.080 106.096 1.591.434 884,13
22 100.438 1.255 2.034 103.727 1.555.911 864,40
23 97.572 1.220 1.976 100.768 1.511.516 839,73
24 95.279 1.191 1.929 98.400 1.475.993 820,00
25 93.559 1.169 1.895 96.623 1.449.342 805,19
26 90.692 1.134 1.837 93.662 1.404.937 780,52
27 56.296 704 1.140 58.140 872.100 484,50
28 72.554 907 1.469 74.930 1.123.956 624,42
Complemento de transporte por asistencia diaria: 361.