Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2001 Páx. 5.283

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector de hostalería.

Vista a acta da revisión salarial para o ano 2001, do convenio colectivo para o sector de hostalería, con nº de código 3600765, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 13-3-2001, subscrita en representación da parte económica pola Federación Provincial de Empresarios de Hostelería, Asociación de Empresarios de Hospedaje de Pontevedra e Asociación de Salas de Fiesta y Espectáculos, e, da parte social polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, en data 12-2-2001, de conformidade co disposto no artigo 25 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autó

noma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 14 de marzo de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Acta

En Vigo, o 12 de febreiro de 2001, sendo as 17 horas, reúnense as persoas que se indican a seguir, na súa condición de membros da comisión paritaria do convenio colectivo de hostalería da provincia de Pontevedra, para trata-lo seguinte:

Asistentes:

María del Tránsito Fernández Fernández (CIG).

José Antonio Boullosa Gómez (UGT).

Jorge Carneiro Pesedo (CC.OO.).

Carlos Rodríguez Cerdeira (Feprohos).

José Manuel Barbosa Suárez (Asehospo).

Carlos Barreiro Fernández (salas de festas).

Orde do día:

Única.-Revisión salarial para o ano 2001, de acordo cos artigos 24 e 25 do convenio colectivo.

Reunida a comisión paritaria para os efectos de determina-la revisión salarial para o ano 2001, de acordo cos artigos 24 e 25 do convenio colectivo de hostalería da provincia de Pontevedra, acordan:

Que efectuados os cálculos segundo os artigos 24 e 25 do convenio colectivo provincial de hostalería, para o ano 2001, estes quedan fixados nas contías reflectidas na táboa adxunta.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión sendo as 17.45 horas, todo o cal os asistentes asinan en proba de conformidade.

Asistentes:

José Manuel Barbosa Suárez, en representación de Asehospo.

Carlos Rodríguez Cerdeira, en representación de Feprohos.

Carlos Barreiro Fernández, en representación de salas de festas.

Santiago Martín Iglesias, en representación de CC.OO.

José A. Boullosa Gómez, en representación de UGT.

..., en representación da CIG.

ANEXO

NivelTáboas ano 2000Táboas ano 2000

Revisión 1,25%

Táboas ano 2001

2%

1154.785156.720159.854

2149.166151.031154.052

3146.300148.129151.092

4141.141142.905145.763

5138.847140.583143.395

6137.128138.842141.619

7134.835136.520139.250

8132.542134.199136.883

9129.675131.296133.922

10127.382128.974131.553

11125.089126.653129.186

12123.369124.911127.409

13121.076122.581125.033

14118.783120.268122.673

15115.916117.365119.712

16113.623115.043117.344

17111.904113.303115.569

18109.038110.401112.609

19107.317108.658110.831

20105.024106.337108.464

21102.731104.015106.095

22100.438101.693103.727

2397.57298.792100.768

2495.27996.47098.399

2593.55994.72896.623

2690.69291.82693.663

2756.29657.00058.140

2872.55473.46174.930

Complemento de transporte:

Ano 2000: 350.

Ano 2000. Revisión 1,25%: 354.

Ano 2001. 2%: 361.

A revisión do IPC aplicarase sobre o salario base, complemento de transporte e complemento de antigüidade por dereitos adquiridos e será de carácter retroactivo ó 1 de xaneiro de 2000.