Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2001 Páx. 5.286

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 26 de xaneiro de 2001 pola que se regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación con órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro, para o exercicio do ano 2001.

Advertida a omisión dun parágrafo no artigo 20º.2 da devandita orde e a súa consecuente non publicación no Diario Oficial de Galicia nº 26, do martes 6 de febreiro de 2001, páxina 1.537, cómpre face-las oportunas correccións:

No artigo 20º, punto 2, páxina 1.537, onde di: «Na selección dos axentes de emprego será requisito imprescindible que os candidatos teñan superado con éxito o segundo ou primeiro ciclo dalgún dos seguintes estudios universitarios: economía, administración e dirección de empresas, socioloxía, dereito, ciencias políticas e da administración, enxeñería de montes ou agrónoma, ciencias empresariais, relacións laborais ou enxeñería técnica forestal ou agrícola.», debe dicir: «Na selección dos axentes de emprego será requisito imprescindible que os candidatos teñan superado con éxito o segundo ou primeiro ciclo dalgún dos seguintes estudios universitarios: economía, administración e dirección de empresas, socioloxía, dereito, ciencias políticas e da administración, enxeñería de montes ou agrónoma, ciencias empresariais, relacións laborais ou enxeñería técnica forestal ou agrícola. Cando os estudios de segundo ou primeiro ciclo sexan de disciplinas distintas das enumeradas anteriormente, os

candidatos deberán acreditar ademais dous anos de experiencia profesional ou coñecementos adquiridos en cursos universitarios de posgrao (másters ou de especialización), en ámbolos dous casos en materias relacionadas coas funcións propias dos axentes de emprego sinaladas no artigo 18º.1 desta orde.».