Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2001 Páx. 5.251

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 9 de abril de 2001 pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas e de bolsas correspondentes ó Programa de Investigación en Medio Ambiente do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico e se procede á súa convocatoria.

A Lei 12/1993, de fomento da investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, no seu artigo 1 establece como obxectivo xeral o fomento da investigación científica e a innovación tecnolóxica para promove-lo desenvolvemento económico, social e productivo de Galicia. Como unha ferramenta encamiñada ó logro deste obxectivo, a citada lei, no seu capítulo II, crea o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico. O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 18 de decembro de 1998, aprobou o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (1999-2001), que está integrado por programas xerais, sectoriais e horizontais e que ten como misión fundamental potencia-lo Sistema Ciencia-Tecnoloxía-Empresa de Galicia para o converter nun elemento estratéxico ó servicio do desenvolvemento socioeconómico de Galicia.

Dentro dos programas tecnolóxicos horizontais figura o programa de investigación en ambiente, que ten como obxectivo xeral mellora-lo coñecemento, conservación e, se é o caso, recuperación do medio, con atención tamén á contaminación e ás tecnoloxías ambientais. A xestión deste programa está encomendada á Consellería de Medio Ambiente en coordinación coa Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvememento.

A Consellería de Medio Ambiente en coordinación coa Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento pretenden que a realización da investigación ambiental se faga dun xeito concertado, promocionando a investigación que teña en conta a competitividade e necesidades da industria galega, a mellora da calidade de vida e o desenvolvemento sostible que contribúa ó crecemento económico e

un incremento no nivel de emprego e dun xeito coordinado para logra-la optimización das infraestructuras e do capital humano dispoñible en Galicia e dedicado á investigación ambiental, favorecendo a realización de accións sinérxicas que permitan abordar proxectos máis ambiciosos. Así mesmo, preténdese promove-lo desenvolvemento de novas liñas de investigación no campo ambiental, fomenta-la realización de proxectos coordinados e potencia-la consolidación dos grupos de investigación existentes; trátase, nesta convocatoria, de consolida-las actuacións iniciadas en anos anteriores.

En consecuencia e para pór en marcha os instrumentos previstos no plan para a execución dos seus programas, e neste caso concreto, para a execución do programa de investigación en ambiente e como continuación das accións realizadas no ano 2000,

DISPOÑEMOS:

Artigo 1º.-Tipos de axudas e bolsas.

Anúnciase a convocatoria das axudas e bolsas que a continuación se indican, como instrumentos ordinarios do programa de investigación en ambiente e apróbanse e fanse públicas as bases polas que se rexerán as respectivas convocatorias que se inclúen como anexos desta orde, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva:

1. Axudas para grupos de investigación de universidades e centros públicos de investigación de Galicia que realicen investigación aplicada en ambiente (anexo I).

2. Axudas para a realización de proxectos de investigación en ambiente por empresas de Galicia (anexo II).

3. Prórrogas das bolsas de predoutoramento para a realización de teses de doutoramento en temas de investigación en ambiente (anexo III).

4. Prórrogas das bolsas para a incorporación de titulados superiores ó Centro de Investigacións Forestais de Lourizán (anexo IV).

Artigo 2º.-Financiamento.

Para a concesión das axudas convocadas nesta orde, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Consellería de Medio Ambiente destinarán os seguintes fondos:

1. Axudas reguladas no anexo I.

Un máximo de 232.624.000 pesetas que se imputarán ós seguintes anos e aplicacións orzamentarias

Aplicación Ano 2001(ptas.)Ano 2002(ptas.)Ano 2003 (ptas.)Ano 2004 (ptas.)

04.07.432A.740.060.000.00045.000.000 20.000.000 10.000.000

04.07.432A.781.010.000.0008.000.0004.000.000 2.000.000

15.04.432A.740.138.624.00020.000.000 10.000.000 5.000.000

2. Axudas reguladas no anexo II.

Destinarase ata un máximo de 155.000.000 de pesetas que se imputarán ós seguintes anos e aplicacións orzamentarias:

Aplicación Ano 2001(ptas.)Ano 2002(ptas.)Ano 2003 (ptas.)Ano 2004 (ptas.)

04.07.432A.770.060.000.00030.000.000 15.000.000 5.000.000

15.04.432A.770.125.000.00010.000.000 5.000.000 5.000.000

No caso das actuacións referidas no anexo II, punto 2, letra b), as cantidades que deban percibi-las institucións públicas participantes de acordo co previsto no correspondente contrato de colaboración poderanse librar directamente á institución pública colaboradora con cargo ás aplicacións citadas para o anexo I desta convocatoria e respectando os límites antes citados.

3. Bolsas reguladas no anexo III.

Destinarase ata un máximo de 5.200.000 pesetas con cargo á aplicación orzamentaria 04.07.432A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma dos anos 2001 e 2002 (2.600.000 pesetas no ano 2001 e 2.600.000 pesetas no ano 2002).

4. Bolsas reguladas no anexo IV.

Destinarase ata un máximo de 8.765.000 pesetas con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias:

Aplicación Ano 2001(ptas.)Ano 2002 (ptas.)

04.07.432A.480.003.400.000

15.04.432A.480.0365.0005.000.000

Tódalas cantidades antes citadas poderanse incrementar en función das peticións presentadas de acordo coas dispoñibilidades de créditos.

Disposicións adicionais

Primeira.-Esta convocatoria axustarase ó disposto no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico para a Innovación (Pgidt), e nas leis, decretos e ordes supletorias de rango nacional.

Segunda.-A convocatoria, as súas bases e todos cantos actos administrativos se deriven dela poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A competencia para resolver esta orde de acordo co disposto no artigo 72.4º e 78.3º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, é obxecto de delegación por parte da Consellería da Presidencia e Administraciòn Pública e do conselleiro de Medio Ambiente no secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento e no director xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental, respectivamente. Nas resolucións que se dicten en virtude desta delegación farase constar explicitamente esta.

Terceira.-A resolución da subvención porá fin á vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública ou ante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes que comezará a contar a partir do día seguinte ó da recepción da notificación da resolución, ou no prazo de tres meses desde que se entenda desestimada por silencio administrativo, ou ben ser impugnada directamente ante o Tribunal Superior de Xus

tiza de Galicia no prazo de dous meses se a resolución fose expresa ou seis meses desde que se entenda desestimada por silencio administrativo, de acordo co disposto nos artigos 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999 e o artigo 46 da Lei 26/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Cuarta.-Para os efectos do establecido nos artigos 42.1º, 42.2º e 44 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, o prazo máximo para resolve-las solicitudes correspondentes ás accións especificadas nesta orde será de 6 meses, contados desde a data de publicación desta convocatoria. No caso de non recaer resolución dentro do mencionado prazo entenderanse desestimadas as solicitudes formuladas por silencio administrativo, sen prexuízo da obriga de resolver expresamente.

Quinta.-Os beneficiarios das axudas concedidas ó abeiro do disposto nesta orde quedan obrigados en virtude do disposto no artigo 78.6º i) do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, a facilitar toda información que lles sexa requirida pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, pola Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas e o Tribunal de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

Sexta.-Así mesmo, en virtude do disposto no artigo 78.9º da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, os beneficiarios deberán proceder ó reintegro total ou parcial da subvención ou axuda pública percibida, ós xuros de demora devengados desde o momento do seu pagamento e no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión, nos seguintes casos.

a) Incumprimento da obriga de xustificación.

b) Obtención da subvención sen reuni-los requisitos esixidos para a súa concesión.

c) Incumprimento da finalidade para a que foi concedida a subvención.

d) Incumprimento das condicións impostas ás entidades colaboradoras e beneficiarios con motivo da concesión da subvención ou axuda pública.

Sétima.-As resolucións de concesión de axudas dictadas ó abeiro desta orde poderán modificarse no caso de alteración das condicións que se tiveron en conta para a súa concesión, conforme o disposto no artigo 78.7º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Disposiciones derradeiras

Primeira.-Facultase o secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento e o director xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental para que conxuntamente dicten as disposicións necesarias para a aplicación do disposto nesta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2001.

Jaime Pita Varela JoséCarlos del Álamo Jiménez

Conselleiro da PresidenciaConselleiro de Medio

e Administración PúblicaAmbiente

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento. Director xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental

ANEXO I

Axudas para grupos de investigación de universidades e centros públicos de investigación de Galicia que realicen investigación aplicada en ambiente

Estas axudas teñen como obxectivo contribuír á formación de novos grupos así como prestarlles apoio a aqueles equipos de investigación xa existentes para o desenvolvemento de proxectos de investigación aplicada en ambiente coa finalidade de mellora-lo sector, de acordo coas áreas establecidas no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, Programa de Investigación en Ambiente.

-Coñecemento do medio (aéreo, acuático, terrestre, flora e fauna).

* Caracterización e inventarios.

* Avaliación do estado actual.

* Análise de fenómenos globais e a súa evolución.

- Conservación, mellora e recuperación do ambiente.

* Planificación e modelización.

* Xestión sostible do medio.

* Protección de hábitats e especies.

* Aproveitamento integral dos recursos naturais.

-Contaminación e tecnoloxías ambientais.

* Caracterización de contaminantes e análise de procesos.

* Reducción, reutilización e reciclaxe de residuos.

* Vulnerabilidade dos sistemas naturais fronte á contaminación.

* Tecnoloxías limpas (de prevención e reducción da contaminación).

-Educación ambiental, segundo os criterios establecidos na estratexia galega de educación ambiental.

Para os efectos desta convocatoria defínense os seguintes conceptos:

a) Grupo de investigación: conxunto estable de persoas que baixo a dirección continuada dunha delas realizan coordinadamente e de forma habitual tarefas de investigación nun reducido número de liñas, afíns ou complementarias.

b) Equipo de investigación: membros dun grupo de investigación, que baixo a dirección dun deles realizan ou solicitan un proxecto de investigación.

c) Proxecto de investigación coordinado: proxecto de investigación no que participan equipos de investigación que pertencen a grupos de investigación distintos que achegan coñecementos de campos diferentes pero que son complementarios en relación con ese proxecto.

d) Persoal con vinculación estable: persoal numerario, contratado laboral estable ou outras figuras equivalentes.

e) Persoal con vinculación: persoal con relación laboral ou contractual non estables, bolseiros de predoutoramento ou análogos. Non se considerará como vinculación dispor dunha bolsa de terceiro ciclo ou análoga excepto naqueles supostos en que así o indiquen as correspondentes bases da convocatoria. En ningún caso para os efectos desta convocatoria se considerará como persoal vinculado ó organismo aquel que estea contratado/bolseiro con cargo a un proxecto, independentemente do organismo financiador.

1. Grupos solicitantes.

Para poderen participar nesta convocatoria os investigadores deberán integrarse en grupos que se han de manter, cando menos, durante o período de vixencia da axuda concedida, salvo circunstancias excepcionais acaecidas con posterioridade á aprobación dela e que deberán ser autorizadas expresamente pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e pola Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental; cada investigador só poderá formar parte dun grupo e cada grupo só poderá presentar unha solicitude nesta convocatoria, non computándose para estes efectos as axudas para solicitudes do V Programa Marco.

Para os efectos desta convocatoria establécense os seguintes tipos de grupos:

1.1. Grupos en formación. Trátase de investigadores que presentan propostas orientadas a crear grupos de investigación para desenvolver novas liñas de investigación aplicada en ciencias e tecnoloxías en ambiente, non cubertas por grupos existentes no seu contorno. Tamén poderán constituírse novos grupos arredor de liñas existentes se se alegan razóns circunstanciais de forza maior. No caso de grupos en formación, cada grupo só poderá ter un equipo. Os novos grupos deberán cumprir como mínimo as seguintes características de composición:

1.1.1. O grupo terá como mínimo tres membros, todos eles pertencentes ó mesmo organismo.

1.1.2. O investigador principal deberá ser doutor cunha antigüidade mínima de dous anos como tal, e deberá ter vinculación estable co correspondente organismo.

1.2. Grupos/equipos consolidados. Trátase de grupos/equipos experimentados como tales e con coherencia interna. Neste caso cada grupo poderá ter máis dun equipo e todos eles deberán ter como mínimo as seguintes características de composición:

1.2.1. O grupo/equipo terá como mínimo tres membros, todos eles pertencentes ó mesmo organismo.

1.2.2. O investigador principal deberá ser doutor con vinculación estable ó correspondente organismo e ter alomenos un sexenio recoñecido ou ben ter unha antigüidade mínima, como doutor, de catro anos e acreditar unha actividade investigadora nos últimos catro anos que como mínimo responda a algúns dos seguintes puntos:

a) Ter dirixida unha tese de doutoramento que xa fose lida.

b) Ter publicados dous artigos de calidade no seu ámbito.

c) Ter realizados dous estudios técnicos de relevancia científica.

d) Ter publicado un artigo de calidade no seu ámbito e ter realizado un estudio técnico de relevancia científica.

Esta actividade investigadora deberá ser certificada, no modelo que para tal efecto se inclúe na solicitude, polo vicerrector de investigación no caso das universidades ou polo órgano competente do correspondente organismo.

1.2.3. Outro investigador deberá ser doutor con vinculación ó correspondente organismo e dedicación a tempo completo. No caso de que a súa dedicación non sexa a tempo completo, deberá ser reemprazado por dous investigadores coas mesmas características pero con dedicación a tempo parcial.

Este/s investigador/es e o investigador principal deberán posuír experiencia investigadora afín ou complementaria.

1.2.4. Os restantes membros (mínimo un) deberán ser, como mínimo, titulados superiores con vinculación e dedicación a tempo completo ó correspondente organismo.

1.2.5. No caso de que o grupo/equipo teña algún proxecto vixente, para poder solicitar un proxecto nesta convocatoria o tamaño mínimo seu incrementarase incorporando, como mínimo, un titulado superior con vinculación e dedicación a tempo completo ó correspondente organismo (en total catro membros).

Excepcionalmente e con carácter transitorio, no caso dos centros sectoriais da Consellería de Medio Ambiente admitiranse as seguintes situacións particulares:

a) O investigador principal poderá ser un titulado superior cunha experiencia mínima de catro anos como investigador.

b) O investigador citado no punto 1.2.3 poderá ser un titulado superior vinculado ó centro con dous anos acreditados de experiencia investigadora ou titulado de grao medio vinculado con catro anos de experiencia investigadora.

c) Os investigadores ós que se refiren os puntos 1.2.4 e 1.2.5 poderán ser titulados superiores vinculados ó centro. No seu defecto e con carácter excepcional, o equipo poderá completarse con técnicos de grao medio vinculados ó centro e con dous anos de experiencia.

1.3. Grupos/equipos de excelencia. Trátase de grupos/equipos consolidados que cumpren unhas condicións mínimas en canto á súa composición e a uns criterios preestablecidos de calidade.

1.3.1. Características mínimas de composición:

a) O grupo/equipo terá como mínimo cinco membros, todos eles pertencentes ó mesmo organismo.

b) No grupo/equipo deberán figurar un mínimo de tres doutores:

b.1. O investigador principal deberá ser doutor con vinculación estable ó correspondente organismo e deberá ter alomenos dous sexenios recoñecidos ou ben ter unha antigüidade mínima como doutor de oito anos e acreditar actividade investigadora nos últimos catro anos que como mínimo responda a algún dos seguintes puntos:

a) Ter dirixidas dúas teses de doutoramento que xa fosen lidas.

b) Ter publicados catro artigos de calidade no seu ámbito.

c) Ter realizados catro estudios técnicos de relevancia científica.

d) Ter publicados dous artigos de calidade no seu ámbito e ter realizado un estudio técnico de relevancia científica.

Esta actividade investigadora deberá ser certificada, no modelo que para tal efecto se inclúe na solicitude, polo vicerrector de investigación no caso das universidades ou polo órgano competente do correspondente organismo.

b.2. Outro dos investigadores deberá ser doutor cunha antigüidade mínima de seis anos e tamén con vinculación estable ó organismo.

b.3. Un terceiro doutor con vinculación e dedicación a tempo completo.

c) Os restantes membros (mínimo dous) deberán ser, alomenos, titulados superiores con vinculación e dedicación a tempo completo ó organismo.

d) No caso de que o grupo/equipo teña algún proxecto vixente, para poder solicitar un proxecto nesta convocatoria o seu tamaño mínimo incrementarase incorporando, alomenos, un titulado superior con vinculación e dedicación a tempo completo ó correspondente organismo (en total seis membros).

1.3.2. Criterios de calidade:

Para que o grupo/equipo poida ser considerado de excelencia, o conxunto dos seus membros deberá reunir alomenos catro dos seguintes criterios de calidade:

a) Catro sexenios recoñecidos.

b) Cinco teses de doutoramento dirixidas e lidas.

c) Doce publicacións de prestixio internacional que supoñan unha contribución real e non simple rutina.

d) Dúas patentes nacionais ou internacionais rexistradas.

e) Dirección de seis proxectos competitivos de ámbito nacional ou internacional.

f) Unha presidencia dun comité organizador dun congreso dunha sociedade internacional.

g) Ser membro do comité científico dunha revista de prestixio internacional.

h) Dirección de seis proxectos financiados por empresas dun importe superior a dous millóns de pesetas cada un deles.

1.4. Incorporación doutros membros ó grupo/equipo.

Para calquera das modalidades de grupos definidas anteriormente, o tamaño mínimo característico do equipo poderase incrementar, obviamente, por incorporación ó proxecto doutros investigadores que serán considerados para os efectos de avalia-la viabilidade do proxecto e de determina-lo importe da subvención concedida se cumpren o requisito de que as súas categorías profesionais (titulación, vinculación co organismo, etc.) son, como mínimo, iguais ás que se lle requiren ó membro menos cualificado de tódolos que forman o equipo base; no caso de que estes investigadores pertenzan a organismos distintos ó do investigador principal terán que acredita-la autorización do seu organismo para participar no proxecto. Como colaboradores no proxecto solicitado poderán figurar outros titulados superiores, que non serán computados na valoración. Tamén poderán incorporarse asesores científicos e especialistas para accións específicas pertencentes a outros grupos, logo de autorización do director do

grupo, que só serán considerados para os efectos da avaliación científico-técnica do proxecto.

2. Axudas ás que poden opta-los grupos e limitacións que afectan os seus membros.

2.1. Grupos en formación.

2.1.1. Axudas.

Os grupos en formación poderán solicitar unha axuda destinada á realización de actividades encamiñadas á formación do grupo e, polo tanto, unha axuda que só poderá ser solicitada previamente á obtención dun proxecto de investigación por parte del. A contía máxima desta axuda ascende a un millón de pesetas por ano, para un período de dous anos e só se poderá conceder por unha soa vez.

2.1.1. Limitacións.

Os grupos en formación, e, polo tanto, os seus membros, mentres desfruten dunha axuda concedida ó abeiro desta convocatoria non poderán dispor (ou participar) en ningún proxecto, independentemente de cál sexa a orixe do seu financiamento.

2.2. Grupos/equipos consolidados.

2.2.1. Axudas.

Os grupos/equipos consolidados poderán solicitar dous tipos de axudas, debendo optar nesta convocatoria por só unha deles:

a) Incentivos.

Os grupos/equipos consolidados ós que se lles comunicase con posterioridade ó 9 de xuño de 2000 e ata a data de peche desta convocatoria a concesión

dun proxecto aplicado do Plan Nacional relativo a ciencias e tecnoloxías en medio ambiente ou do Programa Marco Europeo poderán solicitar, en lugar de proxecto de investigación, por cada un dos proxectos obtidos e vixentes, unha axuda destinada a reforza-la capacidade competitiva do grupo. O importe máximo desta axuda será de catro millóns no caso de proxectos do Plan Nacional e de seis millóns no caso do Programa Marco, e só se poderá conceder unha vez por cada proxecto.

b) Proxectos de investigación.

Os grupos/equipos consolidados poderán solicitar un proxecto de investigación dun importe máximo de quince millóns de pesetas para un período de tres anos, que se computarán a partir da adxudicación das axudas. Dentro deste límite, o financiamento será concedido en función da natureza do proxecto e das esixencias da investigación que se vai levar a cabo, da calidade do proxecto, da calidade e tamaño do grupo e da duración do proxecto.

A axuda solicitada deberase referir a algún dos conceptos que se indican no número 4 destas bases.

Co fin de favorece-la cooperación entre grupos poderanse presentar proxectos coordinados sempre que se trate de grupos que achegen coñecementos de campos diferentes pero que son complementarios en relación co proxecto. Para cada un dos subproxectos que integran o proxecto coordinado requirirase un mínimo de dous investigadores, a saber:

-O responsable de cada subproxecto deberá reuni-los requisitos establecidos no punto 1.2.2. Un deles será o coordinador do proxecto. No caso dos centros sectoriais da Consellería de Medio Ambiente a antigüidade como doutor poderá ser suplida por unha experiencia investigadora acreditada de catro anos.

-Os restantes membros de cada subproxecto (mínimo un), deberán ser, como mínimo, titulados superiores con vinculación a tempo completo ó correspondente organismo. No caso dos centros sectoriais da Consellería de Medio Ambiente, este investigador poderá ser un técnico de grao medio con experiencia investigadora acreditada de catro anos.

2.2.2. Limitacións.

Os investigadores con vinculación estable ó correspondente organismo que figuren no proxecto poderán participar simultaneamente noutros proxectos de investigación coas seguintes limitacións, computando o proxecto solicitado:

a) Se teñen unha antigüidade como doutores de catorce ou máis anos ou, se é o caso, unha experiencia investigadora mínima de catorce ou máis anos e vinculación estable a un centro sectorial da Consellería de Medio Ambiente poderán participar nun máximo de catro proxectos de investigación se a súa dedicación é a tempo completo ó correspondente organismo e en dous se é a tempo parcial.

b) Se teñen unha antigüidade como doutores entre dez e trece anos ou, se é o caso, unha experiencia investigadora entre dez e trece anos e vinculación estable a un centro sectorial da Consellería de Medio Ambiente poderán participar nun máximo de tres proxectos de investigación se a súa dedicación é

a tempo completo ó correspondente organismo e en dous se é a tempo parcial.

c) Se teñen unha antigüidade como doutores entre catro e nove anos, se é o caso, unha experiencia investigadora entre catro e nove anos e vinculación estable a un centro sectorial da Consellería de Medio Ambiente poderán participar nun máximo de dous proxectos de investigación se a súa dedicación é a tempo completo ó correspondente organismo e nun se a dedicación é a tempo parcial.

Os restantes membros do grupo/equipo non incluídos nalgún dos tres puntos anteriores só poderán participar no proxecto que se solicita.

Ningún grupo/equipo consolidado poderá ter vixente máis dun proxecto financiado con cargo ó programa de investigación en ambiente do Plan Galego de IDT, pero si poderá simultanear dous proxectos de distintos programas sectoriais/horizontais do plan e un proxecto do programa de promoción xeral da investigación do plan sempre que cumpra as limitacións específicas descritas anteriormente.

Con carácter transitorio e para os efectos desta convocatoria exclúense do cómputo de proxectos vixentes tódolos proxectos do Programa Marco. Tamén se exclúen os proxectos do Plan Nacional que rematen antes do 1 de xaneiro de 2002, os proxectos concedidos con fondos FEDER ó abeiro do Decreto 309/1997, do 25 de setembro, e calquera proxecto empresarial do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

2.3. Grupos/equipos de excelencia.

2.3.1. Axudas.

Os grupos/equipos de excelencia poderán solicitar dous tipos de axudas, debendo optar nesta convocatoria por só un deles:

a) Incentivos.

Trátase do mesmo tipo de axudas descritas no punto 2.2.1.a) para os grupos/equipos consolidados e coas mesmas características e limitacións, agás que neste caso poderán ascender ata un máximo de cinco millóns para proxectos do Plan Nacional e sete millóns para proxectos do Programa Marco.

b) Proxectos de investigación.

Os grupos/equipos de excelencia poderán solicitar un proxecto de investigación dun importe máximo de vinte millóns de pesetas para un período de tres anos, que se computarán a partir da adxudicación das axudas. Dentro deste límite o financiamento será concedido en función da natureza do proxecto e as esixencias da investigación que se vai levar a cabo, da calidade do proxecto, da calidade e do tamaño do grupo e duración do proxecto.

A axuda solicitada deberase referir a algún dos conceptos que se indican no número 4 destas bases, incluíndo o concepto de persoal.

Co fin de favorece-la cooperación entre grupos poderanse presentar proxectos coordinados sempre que se trate de grupos que acheguen coñecementos de campos diferentes pero que son complementarios en relación co proxecto. Para cada un dos subproxectos que integran o proxecto coordinado requirirase que os seus membros cumpran as condicións esta

blecidas para os grupos de excelencia, podendo prescindirse dun dos investigadores que se indican no punto 1.3.1.

2.3.2. Limitacións.

Os investigadores doutores con vinculación estable ó correspondente organismo, que figuren no proxecto, poderán participar simultaneamente noutros proxectos de investigación coas mesmas limitacións cás descritas para os grupos consolidados no punto 2.2.2.

Ningún grupo/equipo de excelencia poderá ter vixente máis dun proxecto financiado con cargo ó programa de Investigación en ambiente do Plan Galego de IDT, pero si poderá simultanear dous proxectos de distintos programas sectoriais/horizontais do plan e un proxecto do programa de promoción xeral da investigación do plan sempre que cumpra as limitacións específicas descritas anteriormente.

Con carácter transitorio e para os efectos desta convocatoria exclúense do cómputo de proxectos vixentes tódolos proxectos do Programa Marco. Tamén se exclúen os proxectos do Plan Nacional que rematen antes do 1 de xaneiro de 2002, os proxectos concedidos con fondos FEDER ó abeiro do Decreto 309/1997, do 25 de setembro, e calquera proxecto empresarial do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

2.4. Outras axudas: axudas para solicitudes do V Programa Marco.

Ademais das axudas descritas anteriormente e co fin de promove-la competitividade no V Programa Marco, os grupos/equipos consolidados e os grupos/equipos de excelencia poderán solicitar axudas encamiñadas a cubri-los gastos que supón a elaboración dun proxecto europeo. O importe máximo destas axudas será de 300.000 pesetas referidas ós conceptos específicos recollidos nos puntos 4.4 e 4.5 destas bases, sempre en relación cos gastos de elaboración do correspondente proxecto. Estas axudas son compatibles coas axudas descritas nos puntos 2.2 e 2.3.

3. Solicitudes.

As solicitudes serán presentadas polo investigador principal do proxecto, que deberá pertencer a unha das universidades do sistema universitario de Galicia ou a outros centros/organismos públicos de investigación radicados na Comunidade Autónoma. Cando no proxecto figuren investigadores que pertenzan a organismos distintos ó do investigador principal, estes terán que acredita-la autorización do seu organismo para participar no proxecto; estes investigadores non computarán para os efectos da composición mínima requirida a cada tipo de grupo/equipo solicitante agás cando se trate de equipos mixtos entre investigadores dos centros dependentes da Consellería de Medio Ambiente e investigadores doutros centros/organismos públicos de investigación de Galicia.

O modelo oficial de solicitude número MAM-01 (do que a cara externa se publica como anexo V da presente orde), está á disposición dos interesados,

de forma íntegra, nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, na Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental, nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia, na Delegación en Galicia do CSIC, no Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e na Internet nos enderezos:

http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm

http://www.cesga.es/sxid

http://www.xunta.es/conselle/cma/index.htm.

Os solicitantes deberán realizar unha declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo proxecto de tódalas administracións públicas, utilizando para estes efectos o documento que se inclúe no modelo de solicitude. Así mesmo, deberán razoa-lo carácter aplicado e o interese socioeconómico do proxecto e considera-la posibilidade de explotación dos resultados e a súa posible transferencia á empresa.

As solicitudes presentaranse por triplicado, no rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente, no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999. No caso de que o director do grupo non participe na composición do equipo investigador, requirirase o seu visto e prace á correspondente solicitude.

As solicitudes redactaranse en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma e para o caso da lingua galega, deberán adaptarse ó disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, e Decreto 173/1982, do 17 de novembro).

Calquera solicitude deberá ser presentada co visto e prace do representante legal do organismo correspondente (rector no caso das universidades).

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde.

4. Conceptos subvencionables. En xeral, as axudas solicitadas deberanse referir a algún dos conceptos que a seguir se relacionan, aínda que cada tipo de grupo deberá ter en conta as limitacións que lle son específicas:

4.1. Persoal contratado especificamente para colaborar nas actividades de investigación do proxecto. Estes contratos serán incompatibles coa percepción de calquera outra remuneración. A contratación realizarase conforme os principios de publicidade, concorrencia e obxectividade.

Poderá solicitarse persoal nas diferentes modalidades de axuda previstas neste anexo agás para o caso de grupos en formación (punto 2.1) e para as axudas para solicitudes do V Programa Marco (punto 2.4).

O importe máximo por este concepto será de 6.600.000 pesetas para proxectos de 3 anos de duración, 4.400.000 pesetas para proxectos de 2 anos de duración e 2.200.000 pesetas para proxectos de 1 ano de duración, e no caso dos incentivos de gru

po/equipos consolidados ou de excelencia (puntos 2.2.1.a) e 2.3.1.a) destas bases, poderase imputar a este concepto ata o importe total de subvención permitida descontados os custos indirectos.

4.2. Material inventariable e bibliográfico indispensable para a realización do proxecto, debidamente xustificados. O material inventariable e bibliográfico adquirido con cargo a estas axudas será propiedade do organismo ó que pertence o investigador responsable do proxecto.

4.3. Material funxible, debidamente xustificado.

4.4. Axudas de custo por desprazamento para actividades que se precisen no desenvolvemento do proxecto.

4.5. Outros gastos (especificalos no modelo de solicitude).

4.6. Custos indirectos: imputarase por este concepto un 10% do custo total do proxecto, co fin de resarci-lo correspondente organismo dos gastos que a execución do proxecto leva implícitos.

5. Tramitación.

Se a documentación achegada estivese incompleta, por parte da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento requirirase o solicitante para que no prazo de dez días a complete ou emende as deficiencias observadas, con advertencia de que de non o facer se considerará que desistiu da súa solicitude, e procederase conforme o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992 modificada pola Lei 4/1999.

Aqueles investigadores que non cumpran os requisitos establecidos nesta bases serán excluídos e, no caso de que o grupo/equipo de investigación resultante non cumpra os requisitos mínimos esixidos a súa categoría (grupo en formación, grupo/equipo consolidado ou de excelencia), a solicitude será desestimada.

A ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de desestimación da solicitude presentada con independencia de que poida acordarse outro tipo de actuacións.

Cando a temática do proxecto o aconselle, logo de informe do xestor do programa e audiencia ó investigador principal, o secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento, conxuntamente co director xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental, poderá determina-lo trasvasamento de solicitudes presentadas ó abeiro desta convocatoria a outras convocatorias do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

6. Avaliación e selección.

A valoración das solicitudes presentadas relativas a proxectos de investigación será realizada por expertos externos designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento logo de consulta á Consellería de Medio Ambiente. Efectuada a valoración, a selección das solicitudes e a determinación, se é o caso, da contía da axuda será realizada por unha comisión de selección constituída por cinco membros dos que tres serán designados polo director

xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental (un deles actuará como presidente e outro como secretario) e os outros dous designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento. Para a selección dos beneficiarios e a cuantificación das axudas de proxectos de investigación teranse en conta os seguintes criterios:

a) A valoración científico-técnica realizada polos expertos como referencia fundamental.

b) A valoración dos resultados obtidos, polos investigadores que forman o equipo, en proxectos financiados anteriormente.

c) A coherencia dos obxectivos do proxecto cos obxectivos do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, Programa de Investigación en Medio Ambiente.

d) O interese, relevancia e oportunidade, dos obxectivos do proxecto de cara á resolución de problemas do sector relevantes para a Comunidade Autónoma.

e) A incidencia que nos mecanismos de transferencia de tecnoloxía poidan te-los resultados do proxecto a través de empresas ou ben directamente pola propia institución.

f) Para o axuste económico e cando sexa necesario como complemento do criterio a) teranse en conta a calidade do proxecto, a calidade e tamaño do equipo e a naturaleza e esixencia da investigación que se vai realizar.

Elevarase unha proposta de resolución que se axustará ó previsto no artigo 9.5 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e á Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental para que resolvan conxuntamente, podendo financiarse total ou parcialmente o orzamento presentado. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e nela especificarase a partida orzamentaria á que se imputa a axuda, e en consecuencia, o centro directivo que se encargará dos correspondentes pagamentos (Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental).

O solicitante deberá comunica-la súa aceptación á concesión e á contía dela, para a realización do proxecto aprobado, no prazo de 15 días naturais a partir da publicación da resolución correspondente.

Para a selección dos beneficiarios e o establecemento da contía das axudas para a formación de novos grupos, os incentivos de grupos consolidados e de excelencia así como para as axudas para solicitudes do V Programa Marco (puntos 2.1.1., 2.2.1.a), 2.3.1.a) e 2.4 respectivamente), teranse en conta fundamentalmente a calidade do grupo e as actividades que se pretenden realizar coa axuda solicitada.

7. Libramento da subvención.

A subvención será librada a través do organismo ó que pertenza o equipo investigador, conforme o

plan de necesidades do proxecto subvencionado e de acordo coa normativa vixente.

Para poder proceder ó libramento dos fondos será necesario que a universidade ou o organismo correspondente expida a certificación expresiva da realización do gasto, xunto cos informes parciais ou finais dos proxectos de investigación correspondentes. Ademais no caso das axudas recollidas no punto 2.4 requirirase documento acreditativo de ter presentada solicitude ó V Programa Marco.

Para efectua-lo derradeiro pagamento o beneficiario deberá presentar unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

8. Seguimento do proxecto.

As axudas concedidas son compatibles con calquera outra destinada ó mesmo proxecto, calquera que sexa a súa natureza e a entidade que as conceda, sempre que conxuntamente non superen o custo total do proxecto de acordo coas valoracións feitas polos expertos.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental poderán utiliza-los procedementos que consideren necesarios para coñece-lo desenvolvemento do proxecto e o investimento das cantidades achegadas. Poderanse solicitar informes parciais que acrediten o progreso da investigación en curso e dean conta dos resultados obtidos ata ese momento. O xestor do programa, previsto no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, poderá coñece-la marcha dos proxectos financiados e propo-la suspensión da axuda se da análise da marcha do proxecto se derivase unha mala utilización dos fondos ou un desvío dos obxectivos do proxecto.

Finalizado o proxecto, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento en coordinación coa Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental remitiralles ós investigadores principais un impreso normalizado, para que nel se fagan consta-los resultados obtidos no seu desenvolvemento, quedando os investigadores principais obrigados a presenta-lo dito impreso cuberto, nun prazo máximo de 3 meses desde a finalización do proxecto, a través do rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou da Consellería de Medio Ambiente. A información contida neste impreso será avaliada polo xestor do programa que, logo das comprobacións e aclaracións que sexan necesarias emitirá un informe sobre o cumprimento do proxecto, con destino á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e á Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental. Estas unidades poderán convoca-lo investigador principal, se o consideran necesario, a unha entrevista en

relación coa execución do proxecto e os resultados obtidos.

9. Difusión de resultados.

Os traballos e mailos resultados obtidos serán propiedade dos seus autores que, no momento de facelos

públicos, deberán facer consta-la referencia específica da axuda recibida da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e deberán enviar a través do rexistro xeral da dita consellería ou do rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento un exemplar das correspondentes publicacións.

Os beneficiarios das axudas quedan obrigados a informa-la á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental de calquera resultado útil obtido no desenvolvemento do proxecto, incluída unha posible patente.

10. Incidencias.

Os investigadores que se integran nun grupo que resulte seleccionado quedan obrigados a manterse no dito grupo (e non poderán integrarse ou formar parte doutro grupo), durante o período de vixencia do proxecto financiado, salvo circunstancias excepcionais acaecidas con posterioridade á aprobación do proxecto e que deberán ser autorizadas expresamente pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental.

Os beneficiarios das axudas quedan obrigados a facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental resolverán tódalas dúbidas e incidencias que poidan xurdir na aplicación desta convocatoria.

O incumprimento dos compromisos adquiridos conforme os termos do proxecto presentado e as bases desta convocatoria dará lugar á revogación da axuda concedida e á reclamación das cantidades xa pagadas de conformidade co disposto nos artigos 78.7º e 78.9º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. Así mesmo, a obtención concorrente doutras axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión, conforme o previsto no artigo 78.7º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

ANEXO II

Axudas para a realización de proxectos de investigación en ambiente por empresas de Galicia

1. Obxectivos.

A Consellería de Medio Ambiente e a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, de acordo cos obxectivos xerais establecidos no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (PGIDT), dirixidos ó estímulo do sector empresarial co fin de incrementar tanto a súa competitividade

como as posibilidades de creación de emprego, consideran do maior interese incentiva-la capacidade de innovación das empresas galegas mediante a convocatoria de axudas para a realización de proxectos de investigación en ambiente por empresas de Galicia, cos obxectivos de:

- Reducción no uso de recursos naturais non renovables.

- Deseño, desenvolvemento e aplicación das mellores tecnoloxías ambientais (MTD).

- Tratamentos de fin de liña de verteduras e emisións de contaminantes.

- Liñas de investigación definidas no Plan de Residuos Agrarios.

- Liñas de investigación sobre residuos industriais.

Para acadar eses obxectivos esta liña de axudas pretende:

a) Fomenta-la realización de proxectos de iniciativa empresarial para favorece-la innovación nas empresas.

b) Incrementa-la colaboración dos centros de investigación e universidades da Comunidade Autónoma coas empresas de Galicia.

c) Estimular a medio prazo a participación das empresas de Galicia, sobre todo pequenas e medianas empresas, nos programas nacionais e europeos de investigación e desenvolvemento tecnolóxico.

Por outra banda, debido á carencia de medios adecuados que se observa en gran número de empresas e á existencia de notables recursos científicos de carácter público, serán obxecto de apoio especial os proxectos nos que se conte coa colaboración de centros públicos de investigación sen prexuízo da consideración favorable con que conten os proxectos presentados por empresas que teñan unha estructura e activos en I+D que lles permita abordar con solvencia a súa realización en solitario.

2. Tipos de axudas.

Poderán presentarse proxectos nalgunha das seguintes modalidades:

a) Modalidade A: proxectos presentados por empresas que teñen unha estructura e activos de I+D que lles permite abordar por si mesmas a realización do proxecto.

b) Modalidade B: proxectos presentados por empresas que, debido á carencia de medios adecuados, encargan a totalidade ou parte da investigación que se vai a realizar no proxecto a equipos das universidades, dos centros públicos de investigación ou dos centros tecnolóxicos de Galicia.

3. Contía das axudas.

A contía das axudas concedidas poderá acadar como máximo ata un 75% dos gastos necesarios para a consecución dos resultados finalistas obxecto do proxecto no caso de que se trate de investigación industrial, e ata un 50% no caso de actividade de desenvolvemento precompetitiva. Enténdese por investigación industrial a investigación planificada ou estudios críticos que teñan por obxecto a adqui

sición de novos coñecementos que poidan resultar de utilidade para a creación de novos productos, procesos ou servicios ou contribuír a mellorar considerablemente os productos, procesos ou servicios existentes. Pola súa parte, por actividade de desenvolvemento precompetitivo enténdese a materialización dos resultados da investigación industrial nun plano, esquema ou deseño para productos, procesos ou servicios novos, modificados ou mellorados, destinados á súa venda ou á súa utilización, incluída a creación dun primeiro prototipo non comercializable. Pode abranguer tamén a formulación conceptual e o deseño doutros productos, procesos ou servicios, así como proxectos de demostración inicial ou proxectos piloto, sempre que os ditos proxectos non poidan converterse ou utilizarse para aplicacións industriais ou para a súa explotación comercial.

4. Condicións.

Poderán acollerse a estas axudas as empresas e asociacións ou agrupacións destas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Te-lo seu domicilio social ou algún dos seus centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia e realiza-lo proxecto obxecto da axuda no ámbito territorial de Galicia.

b) Estar ó corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

c) Non ter contraída débeda coa Xunta de Galicia.

d) Posuír personalidade xurídica propia e suficiente capacidade de obrar e non estar inhabilitada para a obtención de subvencións públicas ou para contratar co Estado, comunidades autónomas e outros entes públicos.

e) As demais esixibles en virtude de normas de dereito necesario.

5. Solicitudes.

As solicitudes segundo o modelo oficial número MAM-02 (do que a cara externa se publica como anexo VI a esta orde) están á disposición dos interesados, de forma íntegra, nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, na Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental, nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia, na Delegación en Galicia do CSIC, no Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e na Internet nos enderezos:

http://www.cesga.es/sxid,

http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm,

http://www.xunta.es/conselle/cma/index.htm.

As solicitudes presentaranse por triplicado, no rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente, no da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

5.1. Prazo de presentación.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde.

5.2 Ámbito temporal.

Estas axudas concédense para a realización dun proxecto por un período máximo de tres anos, computándose este a partir da data de adxudicación das axudas.

6. Documentación.

Á solicitude xuntaránselle os seguintes documentos:

1. Copia compulsada do CIF da empresa solicitante, ou NIF no caso de empresario individual, así como xustificante de alta no imposto de actividades económicas (IAE).

2. Copia compulsada do documento nacional de identidade e do poder bastante de representación co que actúe o solicitante.

3. No caso de proxectos da modalidade B xuntarase copia do contrato/convenio de colaboración asinado entre a empresa e o organismo/s público/s de investigación que realizará/n o proxecto ou colaborará/n na súa realización ou, no seu defecto, unha carta de intencións. Neste documento deberá consta-la composición do/s equipo/s de investigación dos dito/s organismo/s público/s, así como descrición detallada e xustificada dos gastos.

4. Xuntarase tamén unha declaración xurada do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo proxecto de tódalas administracións públicas competentes ou outros entes públicos, utilizando para estes efectos o documento que se inclúe no modelo de solicitude.

7. Gastos subvencionables.

7.1 Gastos de persoal.

Soamente será subvencionable aquel persoal alleo ó cadro de persoal da empresa que sexa contratado especificamente para colaborar no proxecto e que non teña vinculación laboral con ela nin a tivese nos dous últimos anos, debendo especificarse na solicitude o perfil requirido. A subvención que poderá concederse por este concepto ascende a un máximo de 6.600.000 pesetas para proxectos a tres anos, 4.400.000 pesetas para proxectos a dous anos e 2.200.000 pesetas para proxectos a un ano.

A empresa poderá computar como achega dela á realización do proxecto e polo concepto de persoal propio que se dedica á investigación e que colabore no proxecto ata un máximo do 60% do orzamento que deba achega-la empresa.

Os proxectos de investigación empresarial a que se refire esta orde poderán incluí-la contratación laboral de mozos titulados universitarios e de formación profesional de segundo grao ou ciclo superior. Estas contratacións poderán concorrer ós incentivos dos programas de fomento dos contratos en prácticas e para a innovación tecnolóxica que convoca a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude. Para que as ditas contratacións poidan ser obxecto de subvención deberán reuni-los requisitos e as condicións e observa-los prazos que se establezan para a presentación de solicitudes na correspondente orde de convoca

toria e requirirán o informe previo da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

7.2 Gastos de material inventariable.

Custos de adquisición e utilización de instalacións, equipos, instrumentos, aparellos e demais material inventariable, na medida en que os ditos bens se destinen á actividade de investigación proposta. Admitirase material a escala de laboratorio e de planta piloto pero en ningún caso se admitirá material a escala productiva (investimentos productivos).

Non se concederán axudas para material inventariable superiores os 10.000.000 de pesetas.

7.3 Gastos en materiais funxibles.

Únicamente os vinculados directamente ó proxecto

7.4. Gastos xerais.

Gastos suplementarios da empresa imputables con cargo directo ó proxecto tales como viaxes, comunicacións, etc. En ningún caso os gastos suplementarios poderán supera-lo 5% do custo subvencionable.

Custo de colaboracións externas coa universidade, centros públicos de investigación ou centros tecnolóxicos de Galicia. Para o financiamento destas colaboracións externas aplicarase o indicado no punto 3 destas presentes bases tendo en conta que a cantidade que a empresa debe pagar desta colaboración (mínimo 25%) non poderá ser obxecto de financiamento, pero si pode computarse como achega da empresa ó proxecto.

Gastos para a protección dos resultados da investigación e outros gastos directamente derivados da actividade de investigación.

8. Tramitación.

Se a documentación achegada estivese incompleta, a Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental requirirá o solicitante para que no prazo de dez días complete a documentación ou emende as deficiencias, coa advertencia de que de non o facer se considerarán que desistiu da súa solicitude procedéndose conforme o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

Non axustarse ós termos da convocatoria, o incumprimento dos requisitos nela establecidos, a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada serán causa de desestimación da solicitude presentada con independencia de que poida acordarse outro tipo de actuacións.

9. Avaliación e selección.

9.1 Comisión de avaliación.

A valoración das solicitudes presentadas será realizada por expertos externos designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento logo de consulta á Consellería de Medio Ambiente.

9.2 Comisión de selección.

A selección das solicitudes e a determinación, se é o caso, da contía da axuda será realizada por unha comisión de selección constituída por cinco membros

dos que tres serán designados polo director xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental (un deles actuará como presidente e outro como secretario) e os outros dous designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento. A comisión terá en conta os seguintes criterios:

a) A valoración realizada polos expertos como referencia fundamental (0-50 puntos).

b) A coherencia dos obxectivos do proxecto cos obxectivos do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, Programa de Investigación en Medio Ambiente (0-20 puntos).

c) O impacto das actuacións e resultados do proxecto cara á resolución de problemas relevantes para a Comunidade Autónoma no sector (0-15 puntos).

d) Capacidade da empresa para a execución do proxecto (0-15 puntos).

A comisión establecerá unha puntuación mínima que haberá que acadar no criterio a) para poder obter financiamento.

10. Resolución.

Elevarase unha proposta de resolución, que será motivada, de acordo cos criterios de outorgamento da norma reguladora, á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e á Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental para que resolvan conxuntamente. Esta proposta cumprirá co establecido no punto 5 do artigo 9º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, e, neste sentido, expresará a persoa solicitante ou relación das persoas solicitantes para os que se propón a consesión da subvención e a súa contía de modo individualizado, especificando a súa avaliación segundo a aplicación dos criterios seguidos para efectuala. As solicitudes para as que se propoña a súa denegación relacionaranse conservando indicación da causa dela.

A resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e nela especificarase a partida orzamentaria á que se imputa a axuda e, en consecuencia, o centro directivo que se encargará dos correspondentes pagamentos (Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental).

11. Aceptación da subvención e garantía.

A aceptación da subvención farase mediante documento asinado polo solicitante, no que se comprometa a cumprir tódalas condicións recollidas nestas bases.

No caso de subvencións plurianuais cun importe superior ós 5.000.000 de pesetas, constituirase unha garantía mediante seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou mediante aval solidario da entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca, e deberá acadar como mínimo ata os dous meses seguintes ó remate do prazo de xustificación previsto na convocatoria.

A garantía deberá cubri-lo importe dos anticipos ou pagamentos fraccionados xunto cos xuros destes calculados ó tipo de xuro legal do diñeiro vixente no momento da concesión e polo prazo que medie entre a data de solicitude e, como mínimo, aquela en que se cumpran dous meses do remate do prazo de xustificación previsto na convocatoria.

O prazo para a presentación de ámbolos documentos é de 15 días naturais contados a partir da notificación da resolución de concesión.

12. Libramento da subvención.

Para poder percibi-las axudas correspondentes será necesario presentar, antes do 31 de outubro do exercicio correspondente á anualidade de que se trate, os seguintes documentos:

-Certificación expedida pola entidade bancaria sinalando número de conta da empresa beneficiaria onde se debe realiza-lo pagamento.

-Memoria xustificativa das actividades realizadas, resultados obtidos e custo dos traballos executados, así como os xustificantes debidamente acreditados do investimento realizado, durante o ano que corre.

-Certificación acreditativa de encontrarse ó día das obrigas tributarias coas facendas estatal e autonómica, expedidas pola Axencia Tributaria e pola Consellería de Economía e Facenda, respectivamente, así como certificación de encontrarse ó corrente no pagamento das cotas de Seguridade Social.

-Antes do pagamento correspondente da última anualidade, o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades. En conxunto no poderán ser superiores ó disposto no punto 3.

-No caso de proxectos da modalidade B, copia do contrato de colaboración entre a empresa e o organismo público.

Poderán realizarse pagamentos parciais a conta da liquidación final nas condicións establecidas na normativa vixente.

Nos proxectos plurianuais entenderase que os investimentos e pagamentos que se efectúen desde a data límite de xustificación da anualidade corrente ata o final do ano corresponden á anualidade seguinte e, polo tanto, poderán presentarse como xustificantes para o cobramento desta anualidade.

13. Seguimento dos proxectos.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental poderán utiliza-los procedementos que consideren necesarios de modo coordinado para coñece-lo desenvolvemento do proxecto e o investimento das cantidades achegadas. Poderanse solicitar informes parciais que acrediten o progreso da investigación en curso, dean conta

dos resultados obtidos ata ese momento e sobre o grao de cumprimento do proxecto. O xestor do programa, previsto no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, poderá coñece-la marcha dos proxectos financiados e propo-la suspensión da axuda se da análise da marcha do proxecto se derivase unha mala utilización dos fondos ou desvio dos obxectivos do proxecto. Neste contexto, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental poderán asignar a cada proxecto un investigador titor, que baixo a coordinación do xestor do programa poida colaborar no seu desenvolvemento e seguimento.

Finalizado o proxecto, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental remitirán ás empresas beneficiarias desta axuda un impreso normalizado, para que nel se fagan consta-los resultados obtidos no seu desenvolvemento, quedando a empresa obrigada a presenta-lo dito impreso cuberto, nun prazo máximo de 3 meses desde a finalización do proxecto, a través do rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou do rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente. A información contida neste impreso será avaliada polo xestor do programa que, logo das comprobacións e aclaracións que sexan necesarias, expedirá un informe sobre o cumprimento do proxecto con destino á Secretaría Xeral de Investigación e á Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental. Estas unidades poderán convoca-lo responsable da empresa, se o consideran necesario, a unha entrevista en relación coa execución do

proxecto e os resultados obtidos.

14. Difusión de resultados.

Os traballos e os resultados obtidos serán propiedade dos seus autores que, non obstante, quedan obrigados a remitilos á Consellería de Medio Ambiente e a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, as cales poderán face-la difusión e divulgación que consideren conveniente, respectando, se é o caso, a autoría deles mesmos e a confidencialidade se puidesen ser obxecto de patentes ou afecta-la competividade entre as empresas do sector.

En todo caso, a publicación de calquera tipo sobre o proxecto e os seus resultados deberá facer constar de forma específica a axuda recibida da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental e deberán remitirlles un exemplar das correspondientes publicacións.

15. Reintegro das axudas.

Procederase ó reintegro das axudas segundo o disposto no artigo 78.9º do texto refundido da Lei de réxime financiero e orzamentario e o indicado nos artigos 19 e 20 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axu

das e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, sobre reintegro das axudas.

16. Normas adicionais.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental resolverán tódalas dúbidas e incidencias que poidan xurdir na aplicación desta convocatoria.

Os beneficiarios das axudas quedan obrigados a facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, conforme o previsto no artigo 78.6º i) do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

O incumprimento dos compromisos adquiridos conforme os termos do proxecto presentado e as bases desta convocatoria dará lugar á revogación da axuda concedida e á reclamación das cantidades xa pagadas segundo o disposto no artigo 78.7º y 78.9º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. Así mesmo, a obtención concorrente doutras axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

ANEXO III

Prórrogas das bolsas de predoutoramento para a realización de teses de doutoramento en temas de investigación en ambiente

1. Solicitantes.

Aqueles beneficiarios de prórroga de bolsa de predoutoramento correspondentes ó programa de ambiente do Plan Galego de IDT, concedida por resolución conxunta da Consellería da Presidencia e Administración Pública e da Consellería de Medio Ambiente, do 20 de setembro de 2000 (DOG do 3 de outubro), poderán solicita-la prórroga correspondente ó curso académico 2001/2002 sempre que aínda non rematasen a súa tese de doutoramento.

2. Solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial MAM-03 (que se publica como anexo VII á esta orde), que estarán a disposición dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, na Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental, e na Internet nos enderezos:

http://www.cesga.es/sxid,

http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm,

http://www.xunta.es/conselle/cma/index.htm,

presentaranse no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, modificado pola Lei 4/1999.

As solicitudes deberán ir, inescusablemente, xunto coa seguinte documentación:

2.1. Memoria das actividades académicas e investigadoras realizadas durante o curso 2000/2001. Deberá ir asinada polo bolseiro e co visto e prace do director/es do proxecto de investigación.

2.2. Informe (en papel oficial ou con selo do correspondente centro/departamento), do director/es no que se confirme que as actividades realizadas polo bolseiro durante o período de desfrute da bolsa en relación coa adquisición de contidos e destrezas de investigación foron adecuadas.

2.3. Memoria realizada polo bolseiro sobre o estado actual do traballo e plan de traballo durante a prórroga, co visto e prace do director/es.

2.4. Declaración de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 8 de xuño de 2001.

3. Tramitación.

Os servicios administrativos da Secretaría Xeral de I+D procederán á revisión das solicitudes comprobando se é correcta a documentación presentada. En caso contrario requirirase o solicitante para que achege a documentación complementaria ou emende os erros detectados no prazo de dez días, advertíndolle que de non o facer se procederá conforme o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

4. Contía da bolsa.

O importe das bolsas incluirá:

4.1. Unha asignación mensual de 140.000 pesetas brutas. Esta cantidade poderá incrementarse para o ano 2002 no caso de existir crédito adecuado e suficiente co fin de consegui-la total homologación destas bolsas con outras bolsas de ámbito estatal.

4.2. Seguro de asistencia médica e seguro combinado de accidentes, que se imputará á mesma aplicación orzamentaria que as bolsas.

5. Período de desfrute.

A duración destas bolsas é de 6 meses comprendidos entre outubro de 2001 e marzo de 2002.

6. Comisión de selección e resolución.

A selección de candidatos será efectuada por unha comisión constituída por cinco membros, dos que tres serán designados polo director xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental (un deles actuará como presidente e outro como secretario) e os outros dous designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento que elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e á Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental para que resolvan conxuntamente. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

A comisión valorará os documentos citados nos puntos 2.1, 2.2 e 2.3 deste anexo; para obte-la prórroga será necesario que a valoración dos ditos documentos sexa favorable.

7. Aceptación da bolsa e pagamento.

7.1. A aceptación da bolsa farase mediante documento asinado polo bolseiro, no que se comprometa a cumprir tódalas condicións recollidas nestas bases. Así mesmo, o bolseiro presentará declaración xurada na que conste que non realiza traballo remunerado nin desfruta doutro tipo de bolsa.

7.2. O pagamento destas bolsas realizarase en dous pagamentos trimestrais; o primeiro, unha vez aceptada a bolsa, e o segundo trimestre, despois de que o bolseiro presente o informe final que resuma a totalidade da actividade realizada, co visto e prace do director do traballo.

8. Condicións de desfrute.

Estas bolsas son incompatibles coa realización dun traballo remunerado ou o desfrute doutro tipo de bolsas ou axudas, salvo co desfrute daquelas bolsas que se convocan para cubrir algunha das accións formativas que o solicitante vai realizar segundo o seu proxecto (asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender ou intercambiar técnicas de investigación) así como cos contratos derivados da aplicación do artigo 11 da Lei de reforma universitaria (Lei 11/1983, do 25 de agosto), do artigo 11.2º da Lei de fomento e coordinación xeral da investigación científica e técnica (Lei 13/1986, do 14 de abril) ou da Lei de fomento da investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia (Lei 12/1993, do 6 de agosto).

Excepcionalmente, poderanse conceder interrupcións no desfrute da bolsa por petición razoada do interesado, logo do informe do seu director de tese. As interrupcións non poderán ser nunca superiores a seis meses ó longo da duración da bolsa e as posibles renovacións, e non darán lugar en ningún caso á posibilidade de recupera-lo período interrompido.

No momento en que se produza a incompatibilidade no desfrute da bolsa, o bolseiro deberá comunicalo á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou á Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental, procedéndose á suspensión da bolsa correspondente e a adxudicarlla a outro candidato, de acordo coa lista de suplentes, se a houbese.

Para que o interesado poida ter dereito a percibi-las mensualidades correspondentes ó período anterior á súa renuncia deberá presenta-la memoria da actividade realizada ata ese momento, asinada por el e co visto e prace do director da tese.

Así mesmo, no momento en que realice a lectura da súa tese de doutoramento deberá comunicalo e no caso de que o bolseiro xustifique mediante un informe do seu director que participa noutras tarefas de investigación poderase autoriza-la continuación do desfrute da bolsa ata o remate do período para o que se lle concedeu.

9. Obrigas dos bolseiros. Seguimento da axuda.

O bolseiro estará obrigado a cumprir con aproveitamento as distintas etapas do proxecto de inves

tigación, debendo axustarse ás normas propias do departamento ou centro de investigación onde aquel se realice, con dedicación exclusiva á súa función.

Para poder percibi-lo último trimestre deberá remiti-lo informe final (máximo 5 páxinas), que resuma a totalidade do traballo realizado incluíndo, se é o caso, copia dos traballos publicados. No informe deberá figura-lo visto e prace do director do proxecto.

Os bolseiros adscritos á universidade poderán dedicar ata un máximo de 40 horas durante o curso académico á colaboración en actividades docentes con fins formativos, limitadas as ensinanzas prácticas ou suplencias, non superior neste caso a 10 horas, logo da conformidade entre o director do traballo e o departamento implicado. A concesión e o desfrute dunha bolsa non establece relación contractual ou estatutaria co centro ó que quede adscrito o beneficiario, nin implica por parte do organismo receptor ningún compromiso en canto á posterior incorporación do interesado ó se cadro de persoal do mesmo.

Os bolseiros están obrigados a residir na Comunidade Autónoma salvo durante os períodos de formación ós que expresamente se lles autorice.

O bolseiro está obrigado a notificar á Secretaría Xeral de I+D a data de defensa da súa tese e a cualificación obtida. No suposto de que non realice a defensa da tese deberá notificalo igualmente, indicando as causas que motivaron a dita circunstancia.

10. Incidencias.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental resolverán tódalas dúbidas e incidencias que se poidan presentar na aplicación desta convocatoria.

ANEXO IV

Prórrogas das bolsas para a incorporación de titulados superiores ó Centro de Investigacións Forestais de Lourizán

1. Solicitantes.

Aqueles beneficiarios de prórroga de bolsas para a incorporación de titulados superiores ó Centro de Investigacións Forestais de Lourizán, correspondentes ó Programa de Medio Ambiente do Plan Galego de IDT, concedidas por resolución conxunta da Consellería da Presidencia e Administración Pública e da Consellería de Medio Ambiente, do 5 de outubro de 2000 (DOG do 21 de novembro), poderán solicita-la prórroga correspondente para o período do 15 de decembro de 2001 ó 15 de decembro de 2002.

2. Solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial MAM-04 (publicadas como anexo VIII desta orde), que estarán á disposición dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemen

to, na Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental, e na Internet nos enderezos:

http://www.cesga.es/sxid,

http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm,

http://www.xunta.es/conselle/cma/index.htm,

presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente, no da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, modificado pola Lei 4/1999.

As solicitudes deberán ir, inescusablemente, xunto coa seguinte documentación:

2.1. Memoria das actividades investigadoras realizadas durante o período de desfrute da bolsa. Deberá ir asinado polo bolseiro e co visto e prace do director/es do proxecto de investigación.

2.2. Informe (en papel oficial ou con selo do correspondente centro/departamento), do director do CIF de Lourizán no que se confirme que as actividades realizadas polo bolseiro durante o período de desfrute da bolsa foron adecuadas.

2.3. Memoria realizada polo bolseiro sobre o plan de traballo que se vai executar durante a prórroga, co visto e prace do director/es.

2.4. Declaración de tódolos solicitudes efectuadas ou concedidas, para o esmo fin, das distintas administracións públicas competentes.

3. Prazo de presentación.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro de 2001.

4. Tramitación

Os servicios administrativos da Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental procederán á revisión das solicitudes comprobando se é correcta a documentación presentada. En caso contrario requirirase o solicitante para que achegue a documentación complementaria ou emende os erros detectados no prazo de dez días, advertíndolle que de non o facer se procederá conforme o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

5. Contía da bolsa.

O importe das bolsas incluirá:

5.1. Unha asignación mensual de 140.000 pesetas brutas. Esta cantidade poderá incrementarse para o ano 2002 no caso de existir crédito adecuado e suficiente co fin de consegui-la total homologación destas bolsas con outras de ámbito estatal.

5.2. Seguro de asistencia médica e seguro combinado de accidentes, que se imputará á mesma aplicación orzamentaria que as bolsas.

6. Período de desfrute.

A duración destas bolsas é de 12 meses comprendidos entre o 15 de decembro de 2001 e o 15 de decembro de 2002.

7. Comisión de selección e resolución.

A selección de candidatos será efectuada por unha comisión constituída por cinco membros, dos que tres serán designados polo director xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental (un deles

actuará como presidente e outro como secretario) e os outros dous designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento, que elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e á Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental para que resolvan conxuntamente. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

A comisión valorará os documentos citados nos puntos 2.1, 2.2 e 2.3 deste anexo; para obte-la prórroga será necesario que a valoración dos ditos méritos sexa favorable.

8. Aceptación da bolsa.

A aceptación da bolsa farase mediante documento asinado polo bolseiro, no que se comprometa a cumprir tódalas condicións recollidas nestas bases. Así mesmo, o bolseiro presentará declaración xurada na que conste que non realiza traballo remunerado nin desfruta doutro tipo de bolsa.

9. Condicións de desfrute.

Estas bolsas son incompatibles coa realización dun traballo remunerado ou co disfrute doutro tipo de bolsas ou axudas, salvo co desfrute daquelas bolsas que se convocan para cubrir algunha das accións formativas que o solicitante vai realizar segundo o seu proxecto (asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender ou intercambiar técnicas de investigación) así como cos contratos derivados da aplicación do artigo 11 da Lei de reforma universitaria (Lei 11/1983, do 25 de agosto), do artigo 11.2º da Lei de fomento e coordinación xeral da investigación científica e técnica (Lei 13/1986, do 14 de abril) ou da Lei de fomento da investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia (Lei 12/1993, do 6 de agosto).

No momento en que se produza a incompatibilidade no desfrute da bolsa, o bolseiro deberá comunicalo á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou á Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental, procedéndose á suspensión da bolsa correspondente e a adxudicarlla a outro candidato, de acordo coa lista de suplentes, se a houbese.

Para que o interesado poida ter dereito a percibi-las mensualidades correspondentes ó período anterior á súa renuncia, deberá presenta-la memoria da actividade realizada ata ese momento, asinada por el e co visto e prace do director do proxecto.

10. Obrigas dos bolseiros. Seguimento da axuda.

O bolseiro estará obrigado a cumprir con aproveitamento as distintas etapas do proxecto de investigación, debendo axustarse ás normas propias do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán, con dedicación exclusiva á súa función.

Nos 15 días seguintes á finalización da bolsa, remitirá un informe final (máximo 5 páxinas), que resuma a totalidade do traballo realizado, incluíndo, se é o caso, copia dos traballos publicados. Nos informes deberá figura-lo visto e prace do director do proxecto.