Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2001 Páx. 5.270

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 15 de marzo de 2001 pola que se autoriza a modificación de ensinanzas ó centro privado Junior's de Santiago de Compostela (A Coruña).

Examinado o expediente instruído por instancia do titular do centro privado Junior's de Santiago de Compostela (A Coruña), polo que se solicita reducción de 4 unidades de bacharelato das 10 unidades que ten autorizadas segundo Orde do 26 de marzo de 1996 (Diario Oficial de Galicia do 8 de maio), ademais solicita autorización para imparti-los ciclos formativos de grao superior de administración e finanzas, xestión comercial e mercadotecnia, comercio internacional e sistemas de telecomunicación e informáticos en quenda de mañá e o ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas en quenda de tarde-noite (xa autorizado en quenda de mañá pola Orde do 29 de xuño de 1998-Diario Oficial de Galicia do 27 de xullo),

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que se remite cos informes correspondentes,

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4 de outubro), de ordenación xeral do sistema educativo; Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio), polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, Orde do 21 de decembro de 1999 (Diario Oficial de Galicia do 31 de xaneiro de 2000), pola que se regulan determinados aspectos relativos á autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; Decreto 133/1995 do 10 de maio (Diario Oficial de Galicia do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (Diario Oficial de Galicia do 15 de decembro), que desenvolve o antedito decreto,

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autorizarlle ó centro privado Junior's de Santiago de Compostela a reducción de 4 unidades de bacharelato e a implantación dos ciclos formativos de grao superior de administración e finanzas, xes

tión comercial e mercadotecnia, comercio internacional e sistemas de telecomunicación e informáticos en quenda de mañá e o ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas en quenda de tarde-noite, quedando a composición resultante segundo se especifica no anexo desta orde.

Segundo.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro.

Terceiro.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo do dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Santiago de Compostela.

Localidade: Silvouta.

Enderezo: Silvouta-Roxos.

Código do centro: 15016449.

Denominación: Junior's.

Titular: Colegio Junior's, S.A.

Composición resultante:

Quenda: mañá.

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 6 unidades.

c) Centro de educación secundaria:-6 unidades de educación secundaria obrigatoria.-6 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde; humanidades e ciencias sociais e tecnoloxía.

d) Centro de formación profesional específica:-1 ciclo formativo de grao superior de secretariado da familia profesional de administración (1 unidade para 30 alumnos).-1 ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas da familia profesional de informática (2 unidades, 30 alumnos/unidade).

Quenda: tarde-noite.

Familia profesional: administración.-1 ciclo formativo de grao superior de administración e finanzas (2 unidades, 20 alumnos/unidade).

Familia profesional: comercio e mercadotecnia.-1 ciclo formativo de grao superior de comercio internacional (2 unidades, 20 alumnos/unidade).-1 ciclo formativo de grao superior de xestión comercial e mercadotecnia (1 unidade para 20 alumnos).

Familia profesional: electricidade e electrónica.-1 ciclo formativo de grao superior de sistemas de telecomunicación e informáticos (2 unidades, 20 alumnos/unidade).

Familia profesional: informática.-1 ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas (2 unidades, 30 alumnos/unidade).