Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2001 Páx. 5.271

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 16 de marzo de 2001 pola que se lle autoriza a ampliación dunha unidade do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado Santa María del Mar da Coruña.

Examinado o expediente presentado polo centro privado Santa María del Mar da Coruña, no que solicita a ampliación dunha unidade do segundo ciclo de educación infantil,

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que o envía cos informes correspondentes,

Vistos a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4), o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22) e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), pola que se desenvolve o antedito decreto,

Considerando que o devandito centro privado ten autorización definitiva para impartir educación infantil,

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

RESOLVE:

Autoriza-la ampliación dunha unidade do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado Santa María del Mar da Coruña, segundo os datos que se relacionan no anexo desta orde, facendo constar que, para a súa posta en funcionamento, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da inspección educativa, aprobará expresamente a relación do persoal que imparta docencia na unidade que se amplía.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario

Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Enderezo: avda. da Pasaxe, 69.

Código do centro: 15004642.

Denominación: Santa María del Mar.

Titular: Compañía de Jesús.

Nivel: educación infantil-2º ciclo.

Unidades de que constaba: 8.

Unidades novas autorizadas: 1.

Comisión resultante:

a) Centro de educación infantil: 9 unidades.

b) Centro de educación primaria: 24 unidades.

c) Centro de educación secundaria:-16 unidades de educación secundaria obrigatoria.-8 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais.

d) Centro de educación especial: 1 unidade (psíquicos).