Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2001 Páx. 5.248

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 5 de abril de 2001 pola que se aproba o temario que rexerá o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de inspección turística.

A Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, establece no seu artigo 32.1º que as probas selectivas de funcionarios serán teóricas e prácticas e deberán adecuarse ós postos de traballo que se vaian ocupar.

Así mesmo, o número 3º do artigo 35 da Lei 4/1988 establece que: «Os programas das probas de selección e, de se-lo caso, dos cursos de formación deberán procurar especialmente que as materias esixidas se correspondan co desenvolvemento posterior das tarefas que se vaian cumprir».

De conformidade co dito precepto, esta consellería resolve aproba-lo temario que rexerá no proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de inspección turística creada polo artigo 80 da Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia, e que se publica como anexo a esta orde.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

Programa para o ingreso no corpo de xestión da

Administración da Xunta de Galicia (grupo b), escala técnica de inspección turística

Parte xeral

1. As comunidades europeas: natureza, obxectivos e fins. Nacemento e fases da súa evolución. A Acta Única Europea. O Tratado da Unión Europea. A integración de España na Comunidade Europea. O Tratado de Amsterdam.

2. As institucións comunitarias e o seu funcionamento: o Consello, a Comisión, o Parlamento, o Tribunal de Xustiza e o Tribunal de Contas.

3. Fontes do dereito comunitario. Tipoloxía, características e efectos. A integración do dereito comunitario en España.

4. O concepto de constitución. A Constitución española de 1978, principios informadores. Estructura. Dereitos fundamentais e liberdades públicas. A súa garantía e suspensión. A reforma da Constitución. O Tribunal Constitucional. O recurso de amparo.

5. A Xefatura do Estado: A Coroa. Funcións constitucionais do Rei. O referendo. As Cortes Xerais. O Congreso dos Deputados e o Senado. Composición e funcións. Elaboración das leis.

6. O Goberno. A súa composición e funcións. Relación entre o Goberno e as Cortes. A Administración do Estado. Organos centrais. Organos periféricos. A Administración Institucional.

7. O Poder Xudicial. O Consello Xeral do Poder Xudicial: organización e competencias. O Tribunal Supremo. O Ministerio Fiscal. Os Tribunais Superiores de Xustiza.

8. O ordenamento xurídico-administrativo. As fontes do dereito administrativo. A Constitución como norma xurídica. A lei. Concepto e clases. Disposicións con forza de lei. O regulamento: concepto e clases. Fundamento e límites da potestade regulamentaria. Regulamentos ilegais: a súa impugnación.

9. O ordenamento xurídico de Galicia: leis de Galicia. Decretos lexislativos. Regulamentos. Aplicación do dereito galego. Supletoriedade do dereito estatal. As leis marco, de transferencia e de delegación.

10. As potestades administrativas: atribución e clases. O principio de legalidade na Administración. A actividade administrativa discrecional e os seus límites. O control da discrecionalidade. O principio de autotutela.

11. O acto administrativo: concepto. Eficacia e validez dos actos administrativos. A súa motivación e notificación. Execución e suspensión dos actos administrativos. Nulidade de pleno dereito. Anulabilidades. Revogación e revisión de oficio dos actos administrativos.

12. O procedemento administrativo: regulación. Principios da actuación administrativa. Os dereitos e deberes dos administrados. Os interesados. Fases do procedemento: iniciación, ordenación, instrucción e terminación. O silencio administrativo.

13. Os recursos administrativos. Concepto e clases. Requisitos xerais dos recursos. Materia recorrible, lexitimación e órgano competente. Recursos de alzada, reposición e de revisión. Breve referencia ó recurso contencioso-administrativo.

14. A responsabilidade patrimonial da Administración: réxime vixente. Requisitos para que proceda a indemnización. Responsabilidade das autoridades e funcionarios.

15. As formas de acción administrativa. A actividade administrativa de policía. Servicio público: teoría xeral. Formas de xestión dos servicios públicos en particular. Especial referencia ás autorizacións e concesións.

16. O Estatuto de autonomía de Galicia. Estructura. O título preliminar. Organización política da Comunidade Autónoma de Galicia. As institucións de autogoberno: descrición. O Goberno da Comunidade Autónoma. O Parlamento de Galicia. Funcións do Parlamento. A Xunta de Galicia e o seu presidente. O Valedor do Pobo.

17. Competencias da Comunidade Autónoma de Galicia. O réxime xurídico do exercicio das competencias autonómicas. A Administración pública de Galicia. As consellerías: organización e estructura. Administración periférica e Administración institucional da Comunidade Autónoma.

18. A Administración local. O municipio e a provincia: organización e competencias. Outras entidades locais. Especial referencia á comarca e á parroquia. Réxime xurídico e impugnación de acordos.

19. A función pública galega. Persoal funcionario. Sistemas de acceso. Provisión de postos de traballo. Promoción e situacións administrativas dos funcionarios. Os dereitos e deberes dos funcionarios. Réxime disciplinario.

20. A Seguridade Social. Réxime xeral. Afiliación e cotización. Acción protectora: continxencias e prestacións. Réximes especiais: enumeración. As entidades xestoras e servicios comúns: natureza, organización e funcións. Colaboración na xestión.

Parte especial

21. A Administración turística do Estado: estructura orgánica. O Instituto de Turismo de España: estructura e funcións. O Instituto de Estudios Turísticos. O Consello Promotor do Turismo. O Observatorio do Turismo. A Comisión Interministerial do Turismo.

22. Competencias da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo: antecedentes, regulación e análises. A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo: estructura e competencias. A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A. O Centro Superior de Hostalería de Galicia.

23. A Lei de ordenación e promoción do turismo en Galicia: estructura e contido. Obxecto e suxeitos da lei. Ordenación da oferta turística: principios xerais para o exercicio das actividades turísticas.

24. Requisitos xerais para o establecemento de actividades empresariais turísticas: autorizacións, rexistro de empresas, comunicación de prezos. A documentación obrigatoria.

25. O Consello Galego de Turismo. Plans de Ordenación e Promoción do Turismo e Programas específicos de protección.

26. O municipio turístico galego. Declaración de festas de Galicia de interese turístico.

27. O estatuto do turista: dereitos e deberes do usuario turístico. O turista e as fronteiras estatais.

28. A Lei para a defensa dos consumidores e usuarios e o Estatuto galego do consumidor e usuario. O sistema arbitral.

29. O estatuto do empresario turístico: dereitos e deberes. Actividade e medios dos operadores turís

ticos no mercado: defensa da competencia e competencia desleal. Os signos distintivos. A publicidade. As tarxetas de crédito e débito e os cheques de viaxe.

30. O empresario individual e societario. A sociedade mercantil: concepto, clases e caracteres. O contrato de sociedade mercantil: elementos esenciais. As sociedades colectivas e comanditarias. A sociedade irregular.

31. Sociedades de responsabilidade limitada: concepto e caracteres. Constitución e achegas sociais. Os órganos sociais. Transformación, fusión, escisión e disolución. As sociedades unipersoais de responsabilidade limitada.

32. Sociedades anónimas: concepto e caracteres. Constitución, achegas e accións. Os órganos sociais. Transformación, fusión, escisión e disolución. As sociedades anónimas unipersoais.

33. Os contratos como medios de desenvolvemento da actividade turística. Nocións xerais sobre os contratos de obra, mandato e axencia. Contrato de reserva de prazas de aloxamento en réxime de continxente.

34. As empresas de aloxamento turístico: concepto e clases. Arrendamento de negocio e contrato de franquicia. O contrato de xestión hoteleira. O contrato de hospedaxe. Seguridade cidadá e rexistro de entrada nos establecementos de aloxamento.

35. O principio de unidade de explotación. Calidade dos servicios e instalacións. Sobrecontratación da capacidade. Réxime de prezos e reservas nos aloxamentos turísticos.

36. Ordenación dos establecementos hoteleiros (I): disposicións xerais. Distintivos e publicidade. Réxime de instalación e apertura.

37. Ordenación dos establecementos hoteleiros (II): requisitos técnicos xerais. Requisitos e condicións esixibles por grupos, categorías e especialidades.

38. Ordenación dos apartamentos turísticos e cidades de vacacións: concepto, clasificación, condicións e réxime de autorizacións.

39. Os aloxamentos en réxime de aproveitamento por quenda: regulación e antecedentes normativos. Réxime xurídico. As vivendas turísticas vacacionais.

40. Ordenación dos establecementos de turismo rural: concepto, categorías, características e réxime administrativo.

41. Ordenación dos campamentos públicos de turismo: concepto e categorías. Réxime de instalación e apertura. Requisitos mínimos. Funcionamento, prezos, servicios mínimos, persoal e clientes.

42. As empresas de restauración. Ordenación de restaurantes, cafeterías e bares: concepto, clasificación, características e réxime administrativo.

43. O contrato de servicio dos establecementos de restauración. Cartas, pratos e menús. Venda de bebidas alcohólicas a menores de idade. O contrato de catering.

44. As regulamentacións técnico-sanitarias e de hixiene sobre comedores colectivos, productos alimenticios, manipulación de alimentos e uso de productos de limpeza e substancias perigosas nos establecementos de restauración.

45. Réxime de responsabilidade dos establecementos de hostalería.

46. A intermediación turística. Ordenación das axencias de viaxes: concepto, obxecto, clasificación, réxime de autorizacións, exercicio das actividades e garantías. O turismo activo: regulación.

47. A Lei de viaxes combinadas: delimitación obxectiva e subxectiva. Perfección, cancelación, desestimento e incumprimento do contrato de viaxe combinada. Réxime de responsabilidade das axencias nas viaxes combinadas.

48. Ordenación pública do transporte. As empresas de transporte. O contrato de transporte: contido xeral. Contrato de transporte marítimo. Transporte público de persoas por estrada e transporte turístico. A contratación de medios de transporte. O seguro turístico.

49. O contrato de pasaxe aéreo. Limitacións da responsabilidade do porteador aérea. Sistema de compensación por denegación de embarque no transporte aéreo regular: Regulamento (CEE) 295/1991 do Consello.

50. Formación e cualificación turística. Ordenación da profesión de guía de turismo especializado de Galicia.

51. Turismo termal: antecedentes e situación actual. Distribución de competencias: o problema da lexislación aplicable. Augas minerais e termais. Réxime xurídico administrativo: autorizacións administrativas. Infraccións e sancións.

52. O regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas. Intervención administrativa, actividades molestas e réxime xurídico das licencias. Os espectáculos públicos: seguridade estática e dinámica, programa e venda de localidades. Réxime de horarios de establecementos e espectáculos públicos.

53. Control da actuación urbanística: a licencia. O silencio na licencia urbanística. Tipoloxía da licencia de obras: especial referencia a obras en patrimonio histórico, establecementos públicos, e obras promovidas pola Administración. Actuacións urbanísticas en solo non urbano. Obras sen licencia.

54. A promoción e fomento do turismo en Galicia. Axudas e subvencións: concepto, procedemento de concesión e reintegro. As diferentes medidas de promoción e fomento do turismo: obxecto, requisitos e principais características.

55. A potestade sancionadora: principios. O procedemento sancionador: principios e regulación. Fases e desenvolvemento do procedemento sancionador por infraccións en materia de turismo. Órganos competentes.

56. As infraccións en materia de turismo. Suxeitos responsables. As sancións.

57. A Inspección Turística de Galicia. O Regulamento da Inspección Turística. Obxecto e funcións. Planificación e ordenación da inspección. A actuación inspectora e a súa documentación. A escala técnica da Inspección Turística.

58. As actas da inspección como medio de proba: natureza xurídica e efectos probatorios. Requisitos: obxectivos, materiais e formais. Ámbito da presunción de veracidade das actas. Exclusións da presunción. Valor e efectos dos informes da inspección.

59. Conceptos básicos topográficos, constructivos e a súa xeometria. Superficies e volumes. Triangulacións. A norma básica de edificación-Condicións de protección de incendios (NBE-CPI-96): A súa aplicación nos edificios de uso residencial e comercial. Accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas: concepto e niveis de accesibilidade, concepto e clases de barreiras, accesibilidade nos establecementos turísticos.

60. O turismo como sector económico. A oferta e a demanda turística. A estacionalidade do turismo. Turismo e territorio. Sistemas de calidade.

61. Recursos turísticos de Galicia. Trazos diferenciais da oferta turística galega. Diversificación e novas ofertas: termalismo, golf, turismo cultural, turismo náutico, turismo rural, congresos e convencións, turismo de natureza.

62. A Lei do patrimonio cultural de Galicia. Lei de protección do Camiño de Santiago.

63. Turismo e contorno natural. Nocións xerais sobre: os parques naturais, os espacios naturais en réxime de protección xeral e os espacios naturais das normas subsidiarias e complementarias de planeamento provincial. Os monumentos naturais. A Rede Natura.

64. Informes de incidencia turística: Conceptos básicos de ecoloxía no espacio turístico e impacto. Técnicas de identificación e avaliación de impactos: especial referencia ó impacto visual. Técnicas de prevención, corrección e restauración de impactos. Incidencia da contaminación acústica no turismo.

65. Turismo e contorno marítimo: delimitación e utilización do dominio público marítimo. Nocións xerais sobre o réxime de portos e embarcacións. A pesca marítima de recreo na Comunidade Autónoma de Galicia.

66. Cultura galega (I): arquitectura civil: especial referencia ós castelos e pazos. Arquitectura popular. Arquitectura relixiosa: especial referencia ós mosteiros. Os conxuntos históricos.

67. Cultura galega (II): artesanía e folclore. Gastronomía. Festas típicas. O Camiño francés e outros tramos galegos dos Camiños de Santiago.

68. Cultura galega (III): o megalitismo. A idade de bronce. Cultura castrexa. A Gallaecia romana. O Reino Suevo de Galicia e a Alta Idade Media. Apoxeo da Galicia medieval: séculos XI-XIII.

69. Cultura galega (IV): séculos XIV e XV: conflictos sociais e políticos. O Antigo Réxime en Galicia: institucións e estructura socioeconómica. A Idade Contemporánea: os intentos de industrialización. As forzas liberais. Agrarismo e galeguismo.

70. Características xeográficas de Galicia: o solo, o relevo, o clima, a hidrografía, fitoxeografía e a fauna. A paisaxe de Galicia. Comarcas naturais. Morfoloxía da costa galega. O interior de Galicia.