Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2001 Páx. 5.225

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 3 de abril de 2001 pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas e de bolsas correspondentes ó Programa de Investigación Mariña do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico e se procede á súa convocatoria.

A Lei 12/1993, de fomento da investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, no seu artigo 1º, establece como obxectivo xeral o fomento da investigación científica e a innovación tecnolóxica para promove-lo desenvolvemento económico, social e productivo de Galicia. Como unha ferramenta encamiñada ó logro deste obxectivo, a citada lei, no seu capítulo II, crea o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico. O Consello da Xunta

de Galicia na súa reunión do 18 de decembro de 1998 aprobou o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (1999-2001), que está integrado por programas xerais, sectoriais e horizontais e que ten como misión fundamental potencia-lo Sistema Ciencia-Tecnoloxía-Empresa de Galicia para convertelo nun elemento estratéxico ó servicio do desenvolvemento socioeconómico de Galicia.

Dentro dos programas tecnolóxicos sectoriais figura o Programa de Investigación Mariña, que ten como obxectivo xeral mellora-las condicións para unha xestión e explotación integrada dos recursos mariños con máis eficacia, maior garantía e de modo sustentable. No programa préstase atención tamén a aspectos científicos e tecnolóxicos así como á solución de problemas especiais que poden mellora-lo funcionamento do sector. A xestión deste programa está encomendada á Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en coordinación coa Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

En consecuencia, e para pór en marcha os instrumentos previstos no Plan para a execución dos seus programas e, neste caso, concreto para a execución do Programa de Investigación Mariña e como continuación das accións realizadas no ano 2000,

DISPONSE:

Artigo 1º.-Anúnciase a convocatoria das axudas e bolsas que a continuación se indican, como instrumentos ordinarios do Programa de Investigación Mariña, e apróbanse e fanse públicas as bases polas que se rexerán as respectivas convocatorias que se inclúen como anexos desta orde, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia:

1. Axudas para grupos de investigación que traballen en investigación aplicada en ciencias e tecnoloxías mariñas (anexo I).

2. Axudas para a realización de proxectos de investigación empresarial en recursos e tecnoloxías mariñas (anexo II).

3. Prórrogas das bolsas de predoutoramento para a realización de teses de doutoramento en temas de investigación mariña (anexo III).

4. Bolsas para a realización de teses de doutoramento en temas de investigación mariña (anexo IV).

5. Bolsas para formación en temas de investigación mariña de técnicos especialistas en formación profesional de segundo grao e ciclos formativos de grao superior (anexo V).

Artigo 2º.-Para a concesión das axudas convocadas no anexo I desta orde, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura destinarán ata un máximo de 210.759.000 pesetas que se imputarán ás aplicacións orzamentarias 04.07.432A.740.0, 04.07.432A.781.0 e 12.04.432A.740.0 dos orza

mentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia dos anos 2001 a 2004 de acordo coa seguinte distribución:

AplicaciónAno 2001Ano 2002Ano 2003Ano 2004

04.07.432A.740.0 50.000.000 ptas. 50.000.000 ptas. 20.000.000 ptas. 10.000.000 ptas.

04.07.432A.781.0 10.000.000 ptas. 10.000.000 ptas. 4.000.000 ptas. 2.000.000 ptas.

12.04.432A.740.0 31.759.000 ptas. 14.000.000 ptas. 7.000.000 ptas. 2.000.000 ptas.

Para as axudas convocadas no anexo II destinarase ata un máximo de 154.000.000 de pesetas que se imputarán ás aplicacións orzamentarias 04.07.432A.770.0, 12.04.432A.770.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia dos anos 2001 a 2004 de acordo coa seguinte distribución:

AplicaciónAno 2001Ano 2002Ano 2003Ano 2004

04.07.432A.770.0 40.000.000 ptas. 40.000.000 ptas. 15.000.000 ptas. 5.000.000 ptas.

12.04.432A.770.0 30.000.000 ptas. 15.000.000 ptas. 7.000.000 ptas. 2.000.000 ptas.

Non obstante, no caso das actuacións ás que se refire o punto 3, alínea b), do anexo II as cantidades que deban percibi-las institucións públicas participantes de acordo co previsto no correspondente contrato de colaboración poderanse librar directamente á institución pública con cargo á aplicación orzamentaria 04.07.432A.740.0 prevista para o anexo I e respectando os límites antes citados.

Para as bolsas convocadas no anexo III destinarase ata un máximo de 3.500.000 pesetas con cargo á aplicación orzamentaria 04.07.432A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma dos anos 2001 e 2002 (1.750.000 pesetas no ano 2001 e 1.750.000 pesetas no 2002).

Para as bolsas convocadas no anexo IV destinarase ata un máximo de 1.783.000 pesetas con cargo á aplicación orzamentaria 12.04.432A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma dos anos 2001 e 2002 (1.040.000 pesetas no ano 2001 e 743.000 pesetas no 2002).

Para as bolsas convocadas no anexo V destinarase ata un máximo de 3.350.000 pesetas con cargo á aplicación orzamentaria 12.04.432A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma dos anos 2001 e 2002 (1.960.000 pesetas no ano 2001 e 1.390.000 pesetas no 2002).

Tódalas cantidades antes citadas poderanse incrementar en función das peticións presentadas e de acordo coas dispoñibilidades de créditos.

Esta convocatoria axustarase ó disposto no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico para a Innovación (PGIDT), e nas leis, decretos e ordes supletorias de rango nacional.

Artigo 3º.-A convocatoria, as súas bases e todos cantos actos administrativos deriven dela poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 26 de novembro.

Artigo 4º.-Para os efectos establecidos no artigo 42.2º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, do 26 de novembro, o prazo máximo para resolve-las solicitudes correspondentes ás accións especificadas nesta orde será de 6 meses, contados desde a data de publicación da presente convocatoria. No caso de non ser dictada resolución dentro do mencionado prazo entenderanse desestimadas as solicitudes formuladas.

Contra as resolución expresas ou presuntas que se deriven desta convocatoria, as cales poñen fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública ou ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó de recepción da correspondente notificación no caso de resolución expresa. No caso de que a resolución se entenda desentimada por silencio administrativo, o prazo será de tres meses contados a partir do día seguinte ó de produción do acto presunto.

De non estima-la presentación deste recurso, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó de recepción da correspondente notificación, se a resolución é expresa. No caso de que a resolución se entenda desestimada por silencio administrativo, o prazo será de seis meses contados a partir do día seguinte ó de producción do acto presunto.

Artigo 5º.-Os beneficiarios das axudas concedidas ó abeiro do disposto nesta orde quedan obrigados a facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, pola Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas e o Tribunal de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control. Así mesmo, os beneficiarios deberán proceder ó reintegro total ou parcial da subvención ou axuda pública percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión.

Artigo 6º.-As resolucións de concesión de axudas dictadas ó abeiro da presente orde poderán modificarse no caso de alteración das condicións que se tiveron en conta para a súa concesión, ou, en todo caso, pola obtención concorrente de axudas e subvencións outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados nacionais ou internacionais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento e o director xeral de Formación Pesqueira e Investigación para que dicten as disposicións necesarias para a aplicación do disposto nesta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2001.

Jaime Pita VarelaAmancio Landín Jaráiz

Conselleiro da PresidenciaConselleiro de Pesca,

e Administración PúblicaMarisqueo e Acuicultura

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento. Director xeral de Formación Pesqueira e Investigación

ANEXO I

Axudas para grupos de investigación que traballen en investigación aplicada en ciencias e tecnoloxías mariñas.

Estas axudas teñen como obxectivo contribuír á formación de novos grupos así como prestarlles apoio a aqueles equipos de investigación xa existentes para o desenvolvemento de proxectos de investigación aplicada en ciencias e tecnoloxías mariñas coa finalidade de mellora-lo sector, de acordo coas áreas establecidas no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, Programa de Investigación Mariña.

Para os efectos desta convocatoria defínense os seguintes conceptos:

a) Grupo de investigación: conxunto estable de persoas, que baixo a dirección continuada dunha delas, realizan coordinadamente e de forma habitual tarefas de investigación nun reducido número de liñas, afíns ou complementarias.

b) Equipo de investigación: membros dun grupo de investigación que, baixo a dirección dun deles, realizan ou solicitan un proxecto de investigación.

c) Proxecto de investigación coordinado: proxecto de investigación no que participan equipos de investigación que pertencen a grupos de investigación distintos que achegan coñecementos de campos diferentes pero que son complementarios en relación con ese proxecto.

d) Persoal con vinculación estable: persoal numerario, contratado laboral estable ou outras figuras equivalentes.

e) Persoal con vinculación: persoal con relación laboral ou contractual non estables, bolseiros de predoutoramento ou análogos. Non se considerará como vinculación dispor dunha bolsa de terceiro ciclo ou análoga, excepto naqueles supostos en que así o indiquen as correspondentes bases da convocatoria. En ningún caso, para os efectos desta convocatoria, se considerará como persoal vinculado ó organismo aquel que figure como contratado ou bolseiro con cargo a un proxecto independentemente dun organismo financiador.

1. Grupos solicitantes.

Para poderen participar nesta convocatoria, os investigadores deberán integrarse en grupos que se deben manter, cando menos, durante o período de vixencia

da axuda concedida, salvo circunstancias excepcionais acaecidas con posterioridade á aprobación dela e que deberán ser autorizadas expresamente pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e pola Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación; cada investigador só poderá formar parte dun grupo e cada grupo só poderá presentar unha solicitude nesta convocatoria, non computándose para estes efectos as axudas para solicitudes do V Programa Marco.

Para os efectos da presente convocatoria, establécense os seguintes tipos de grupos:

1.1. Grupos en formación. Trátase de investigadores que presentan propostas orientadas a crear grupos de investigación para desenvolver novas liñas de investigación aplicada en ciencias e tecnoloxías mariñas, non cubertas por grupos existentes no seu contorno. Tamén poderán constituírse novos grupos arredor a liñas existentes se se alegan razóns circunstanciais de forza maior. No caso de grupos en formación, cada grupo só poderá ter un equipo. Os novos grupos deberán cumprir, como mínimo, as seguintes características de composición:

1.1.1. O grupo terá como mínimo tres membros, todos eles pertencentes ó mesmo organismo.

1.1.2. O investigador principal deberá ser doutor cunha antigüidade mínima de dous anos como tal, e deberá ter vinculación estable co correspondente organismo.

1.1.3. Os restantes membros (mínimo dous) deberán ser titulados superiores con vinculación e dedicación a tempo completo ó correspondente organismo. Para este caso e só para un deles, se admitirá tamén como vinculación ser bolseiro de terceiro ciclo, de segundo ano.

1.2. Grupos/equipos consolidados. Trátase de grupos/equipos experimentados como tales e con coherencia interna. Neste caso cada grupo poderá ter mais dun equipo e todos eles deberán ter como mínimo, as seguintes características de composición:

1.2.1. O grupo/equipo terá como mínimo tres membros, todos eles pertencentes ó mesmo organismo.

1.2.2. O investigador principal deberá ser doutor con vinculación estable ó correspondente organismo e ter, alomenos, un sexenio recoñecido ou ben ter unha antigüidade mínima, como doutor, de catro anos e acreditar unha actividade investigadora nos últimos catro anos que, como mínimo, responda a algunha das seguintes alíneas:

a) Ter dirixido unha tese de doutoramento que xa fose lida.

b) Ter publicado dous artigos de calidade no seu ámbito.

c) Ter realizado dous estudios técnicos de relevancia científica.

d) Ter publicado un artigo de calidade no seu ámbito e ter realizado un estudio técnico de relevancia científica.

Esta actividade investigadora deberá ser certificada, no modelo que para tal efecto se inclúe na solicitude, polo vicerrector de investigación no caso das universidades ou polo órgano competente do correspondente organismo.

1.2.3. Outro investigador deberá ser doutor con vinculación ó correspondente organismo e dedicación a tempo completo. No caso de que a súa dedicación non sexa a tempo completo deberá ser substituído por dous investigadores coas mesmas características pero con dedicación a tempo parcial.

Este/es investigador/es e o investigador principal deberán posuír experiencia investigadora afín ou complementaria.

1.2.4. Os restantes membros (mínimo un) deberán ser, como mínimo, titulados superiores con vinculación e dedicación a tempo completo ó correspondente organismo.

1.2.5. No caso de que o grupo/equipo teña algún proxecto vixente, para poder solicitar un proxecto nesta convocatoria o tamaño mínimo del incrementarase incorporando, como mínimo, un titulado superior con vinculación e dedicación a tempo completo ó correspondente organismo (en total catro membros).

Excepcionalmente, e con carácter transitorio no caso dos centros públicos de investigación de carácter sectorial non universitarios, admitiranse as seguintes situacións particulares:

a) O investigador principal poderá ser un titulado superior cunha experiencia mínima de catro anos como investigador.

b) O investigador citado no número 1.2.3 poderá ser un titulado superior vinculado ó centro con dous anos acreditados de experiencia investigadora.

c) Os investigadores ós que se refiren os números 1.2.4 e 1.2.5 poderán ser titulados superiores vinculados ó centro. No seu defecto e con carácter excepcional o equipo poderá completarse con bolseiros de terceiro ciclo, de segundo ano.

1.3. Grupos/equipos de excelencia. Trátase de grupos/equipos consolidados que cumpren unhas condicións mínimas en canto á súa composición e uns criterios preestablecidos de calidade.

1.3.1. Carácterísticas mínimas de composición:

a) O grupo/equipo terá como mínimo cinco membros, todos eles pertencentes ó mesmo organismo.

No grupo/equipo deberán figurar un mínimo de tres doutores:

b.1. O investigador principal deberá ser doutor con vinculación estable ó correspondente organismo e deberá ter alomenos dous sexenios, ou ben ter unha antigüidade mínima como doutor de oito anos e acreditar actividade investigadora nos últimos catro anos que, como mínimo, corresponda a algunha das seguintes alíneas:

a) Ter dirixido unha tese de doutoramento que xa fose lida.

b) Ter publicado dous artigos de calidade no seu ámbito.

c) Ter realizado dous estudios técnicos de relevancia científica.

d) Ter publicado un artigo de calidade no seu ámbito e ter realizado un estudio técnico de relevancia científica.

Esta actividade investigadora deberá ser certificada no modelo que para tal efecto se inclúe na solicitude polo vicerrector de investigación no caso das universidade ou polo órgano competente do correspondente organismo.

b.2. Outro dos investigadores deberá ser doutor cunha antigüidade mínima de seis anos e tamén con vinculación estable ó organismo.

b.3. Un terceiro doutor con vinculación e dedicación a tempo completo.

c) Os restantes membros (mínimo dous) deberán ser, alomenos, titulados superiores con vinculación e dedicación a tempo completo ó organismo.

d) No caso de que o grupo/equipo teña algún proxecto vixente, para poder solicitar un proxecto nesta convocatoria o tamaño mínimo del incrementarase incorporando, alomenos, un titulado superior con vinculación e dedicación a tempo completo ó correspondente organismo (en total seis membros).

1.3.2. Criterios de calidade:

Para que o grupo/equipo poida ser considerado de excelencia, o conxunto dos seus membros deberá reunir, alomenos, catro dos seguintes criterios de calidade:

a) Catro sexenios recoñecidos.

b) Cinco teses de doutoramento dirixidas e lidas.

c) Doce publicacións de prestixio internacional que supoñan unha contribución real e non simple rutina.

d) Dúas patentes nacionais ou internacionais rexistradas.

e) Dirección de seis proxectos obtidos en convocatorias competitivas de ámbito nacional ou internacional.

f) Unha presidencia dun comité organizador dun congreso dunha sociedade internacional.

g) Ser membro do comité científico dunha revista de prestixio internacional.

h) Dirección de seis proxectos financiados por empresas, dun importe superior a dous millóns de pesetas cada un.

Excepcionalmente e con carácter transitorio no caso dos centros públicos de investigación de carácter sectorial non universitarios, admitiranse as seguintes situacións particulares respecto á composición do equipo:

a) O grupo/equipo terá un mínimo de catro membros.

b) O investigador principal poderá ser un titulado superior con experiencia mínima de oito anos e vinculación estable.

c) O doutor con antigüidade mínima de seis anos poderá ser substituído por un titulado superior con experiencia mínima de seis anos e vinculación estable.

d) O terceiro doutor pode ser substituído por un titulado superior con vinculación e dedicación a tempo completo.

Así mesmo, para estes centros e polo que respecta ós criterios de calidade rexerán os descritos no número1.3.2 agás as alíneas b), c) e h), que quedan como segue:

b) Dúas teses de doutoramento dirixidas ou codirixidas e lidas.

c) Oito publicacións de prestixio internacional que supoñan unha contribución real e non simple rutina.

h) Dirección de tres proxectos financiados por empresas, dun importe superior a dous millóns de pesetas cada un deles.

1.4. Incorporación doutros membros ó grupo/equipo.

Para calquera das modalidades de grupos definidas anteriormente, o tamaño mínimo característico do equipo poderase incrementar, obviamente, por incorporación ó proxecto doutros investigadores que serán considerados para os efectos de avalia-la viabilidade do proxecto e de determina-lo importe da subvención concedida se cumpren o requisito de que as súas categorías profesionais (titulación, vinculación co organismo, etc.) son, como mínimo, igual ás que se lle requiren ó membro menos cualificado de tódolos que forman o equipo base. No caso de que estes investigadores pertenzan a organismos distintos ó do investigador principal terán que acreditar autorización do seu organismo para participaren no proxecto. Como investigadores no proxecto solicitado poderán figurar outros titulados superiores, que non serán computados na valoración del. Tamén poderán incorporarse asesores científicos e especialistas para accións específicas pertencentes a outros grupos que só serán considerados para os

efectos da avaliación científico-técnica do proxecto.

2. Axudas ás que poden opta-los grupos e limitacións que afectan os seus membros.

2.1. Grupos en formación.

2.1.1. Axudas.

Os grupos en formación poderán solicitar unha axuda destinada á realización de actividades encamiñadas á formación do grupo e, polo tanto, unha axuda que só poderá ser solicitada previamente á obtención dun proxecto de investigación por parte del. A contía máxima desta axuda ascende a un millón de pesetas por ano, para un período de dous anos e só se poderá conceder por unha soa vez.

2.1.2. Limitacións.

Os grupos en formación, e polo tanto os seus membros, mentres gocen dunha axuda concedida ó abeiro desta convocatoria, non poderán dispor (ou participar) doutro proxecto, independentemente de cal sexa a orixe do seu financiamento.

2.2. Grupos/equipos consolidados.

2.2.1. Axudas.

Os grupos/equipos consolidados poderán solicitar dous tipos de axudas, debendo optar nesta convocatoria por só unha delas:

a) Incentivos.

Os grupos/equipos consolidados ós que se lle comunicase con posterioridade ó 20 de abril de 2000 e ata a data de peche desta convocatoria a concesión dun proxecto aplicado do Plan Nacional Relativo a Ciencias e Tecnoloxías Mariñas, ou do Programa Marco Europeo poderán solicitar, en lugar de proxecto de investigación, por cada un dos proxectos obtidos e vixentes, unha axuda destinada a reforza-la capacidade competitiva do grupo. O importe máximo desta axuda será de catro millóns no caso de proxectos do Plan Nacional e de seis millóns no caso do Programa Marco e só se poderá conceder unha vez por cada proxecto.

b) Proxectos de investigación.

Os grupos/equipos consolidados poderán solicitar un proxecto de investigación dun importe máximo de quince millóns de pesetas para un período de tres anos, que se computará a partir da adxudicación da axuda. Dentro deste límite o financiamento será concedido en función da natureza do proxecto e as esixencias da investigación proposta, a calidade do proxecto, a calidade e tamaño do grupo e a duración do proxecto.

A axuda solicitada deberase referir a algún dos conceptos que se indican no número 5 das presentes bases.

Co fin de favorece-la cooperación entre grupos poderanse presentar proxectos coordinados sempre que se trate de grupos que fornezan coñecementos de campos diferentes pero que son complementarios en relación co proxecto. Para cada un dos subproxectos que integran o proxecto coordinado requirirase un mínimo de dous investigadores, a saber:

-O responsable de cada subproxecto deberá reuni-los requisitos establecidos no número 1.2.2. Un deles será o coordinador do proxecto. No caso dos centros públicos de investigación de caracter sectorial non universitarios, a antigüidade como doutor poderá ser suplida por unha experiencia investigadora acreditada de catro anos.

-Os restantes membros de cada subproxecto (mínimo un) deberán ser, como mínimo, titulados superiores con vinculación a tempo completo ó correspondente organismo.

2.2.2. Limitacións.

Os investigadores con vinculación estable ó correspondente organismo que figuren no proxecto poderán participar simultaneamente noutros proxectos de investigación coas seguintes limitacións, computando o proxecto solicitado:

a) Se teñen unha antigüidade como doutores de catorce ou mais anos ou, se é o caso, unha experiencia investigadora mínima de catorce ou mais anos e vinculación estable a un centro público de investigación de carácter sectorial non universitario, poderán participar nun máximo de catro proxectos de investigación se a súa dedicación é a tempo completo ó correspondente organismo, e en dous se é a tempo parcial.

b) Se teñen unha antigüidade como doutores entre dez e trece anos ou, se é o caso, unha experiencia investigadora entre dez e trece anos e vinculación estable a un centro público de investigación de carácter sectorial non universitario, poderán participar nun máximo de tres proxectos de investigación se a súa dedicación é a tempo completo ó correspondente organismo e en dous se é a tempo parcial.

c) Se teñen unha antigüidade como doutores entre catro e nove anos ou, se é o caso, unha experiencia investigadora entre catro e nove anos e vinculación estable a un centro público de investigación de caracter sectorial non universitario, poderán participar nun máximo de dous proxectos de investigación se a súa dedicación é a tempo completo ó correspondente organismo e en un se a dedicación é a tempo parcial.

Os restantes membros do grupo/equipo non incluídos nalgunha das tres alíneas anteriores só poderán participar no proxecto que se solicita.

Ningún grupo/equipo consolidado poderá ter vixente máis dun proxecto financiado con cargo ó Programa de Investigación Mariña do Plan Galego de IDT, pero si poderá simultanear dous proxectos de distintos programas sectoriais do plan e un proxecto do programa de promoción xeral da investigación do Plan, sempre que cumpra as limitacións específicas descritas anteriormente.

Con carácter transitorio e para os efectos desta convocatoria exclúense do cómputo de proxectos vixentes tódolos proxectos do Programa Marco. Tamén se exclúen os proxectos do Plan Nacional que rematen antes do 1 de xaneiro de 2002, os proxectos concedidos con fondos Feder ó abeiro do Decreto 309/1997, do 25 de setembro, e calquera proxecto empresarial do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

2.3. Grupos/equipos de excelencia.

2.3.1. Axudas.

Os grupos/equipos de excelencia poderán solicitar dous tipos de axudas, debendo optar nesta convocatoria por só unha delas:

a) Incentivos.

Trátase do mesmo tipo de axudas descritas na alínea 2.2.1.a) para os grupos/equipos consolidados e coas

mesmas características e limitacións, agás que, neste caso, poderán ascender ata un máximo de cinco millóns para proxectos do Plan Nacional e sete millóns para proxectos do Programa Marco.

b) Proxectos de investigación.

Os grupos/equipos de excelencia poderán solicitar un proxecto de investigación dun importe máximo de vinte millóns de pesetas para un período de tres anos, que se computará a partir da adxudicación das axudas. Dentro deste límite, o financiamento será concedido en función da natureza do proxecto e esixencias da investigación proposta, a calidade do proxecto, a calidade e tamaño do grupo e a duración do proxecto.

A axuda solicitada deberá referirse a algún dos conceptos que se indican no número 5 das presentes bases, incluíndo o concepto de persoal. A fin de favorece-la cooperación entre grupos poderanse presentar proxectos coordinados, sempre que se trate de grupos que fornezan coñecementos de campos diferentes pero que son complementarios en relación co proxecto. Para cada un dos subproxectos que integran o proxecto coordinado, requirirase que os membros del cumpran as condicións establecidas para os grupos de excelencia, podendo prescindirse dun dos investigadores que se indican no número 1.3.1.

2.3.2. Limitacións.

Os investigadores doutores con vinculación estable ó corresponte organismo que figuren no proxecto poderán participar simultaneamente noutros proxectos de investigación coas mesmas limitacións que as descritas para os grupos consolidados no número 2.2.2.

Ningún grupo/equipo de excelencia poderá ter vixente máis dun proxecto financiado con cargo ó Programa de Investigación Mariña do Plan Galego de IDT, pero si poderá simultanear dous proxectos de distintos programas sectoriais do plan e un proxecto do programa de promoción xeral da investigación do plan sempre que cumpra as limitacións específicas descritas anteriormente.

Con carácter transitorio e para os efectos desta convocatoria exclúense do cómputo de proxectos vixentes tódolos proxectos do Programa Marco. Tamén se exclúen os proxectos do Plan Nacional que rematen antes do 1 de xaneiro de 2002, os proxectos concedidos con fondos Feder ó abeiro do Decreto 309/1997, do 25 de setembro, e calquera proxecto empresarial do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

2.4. Outras axudas: axudas para solicitudes do V Programa Marco.

Ademais das axudas descritas anteriormente e co fin de promove-la competitividade no V Programa Marco, os grupos/equipos consolidados e os grupos/equipos de excelencia poderán solicitar axudas

encamiñadas a cubri-los gastos que supón a elaboración dun proxecto europeo. O importe máximo destas axudas será de 300.000 pesetas referidas ós conceptos específicos recollidos nos números 5.4 e 5.5 das presentes bases, sempre en relación ós gastos de elaboración do correspondente proxecto. Estas axudas son compatibles coas axudas descritas nos puntos 2.2 e 2.3.

3. Solicitudes.

As solicitudes serán presentadas polo investigador principal do proxecto, que deberá pertencer a unha das universidades do sistema universitario de Galicia ou a outros centros/organismos públicos de investigación establecidos na Comunidade Autónoma. Cando no proxecto figuren investigadores que pertenzan a organismos distintos ó do investigador principal, estes terán que acredita-la autorización do seu organismo para participaren no proxecto; estes investigadores non computarán para os efectos da composición mínima requirida a cada tipo de grupo/equipo solicitante agás cando se trate de equipos mixtos entre investigadores dos centros públicos de investigación de caracter sectorial non universitarios e investigadores doutros centros/organismos públicos de investigación de Galicia.

O modelo oficial de solicitude número Mar-01 (do que a folla externa se publica como anexo VI á presente orde), está ó dispor dos interesados, de forma íntegra, nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, na Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, nos vicerrectorados de Investigación das Universidades de Galicia, na Delegación en Galicia do CSIC, no Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e na Internet nos enderezos:

http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm,

http://www.cesga.es/sxid,

http://www.xunta.es/conselle/pe/index.htm.

Os solicitantes deberán realizar unha declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo proxecto de tódalas administracións públicas, utilizando para estes efectos o documento que se inclúe no modelo de solicitude. Así mesmo, deberán razoa-lo carácter aplicado e o interese socioeconómico do proxecto para o sector pesqueiro e considera-la posibilidade de explotación dos resultados e a súa posible transferencia á empresa.

As solicitudes presentaranse por triplicado, no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999. No caso de que o director do grupo non participe na composición do equipo investigador, requirirase o seu visto e prace á correspondente solicitude.

As solicitudes redactaranse en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma e para o caso da lingua galega deberán adaptarse ó disposto na lexis

lación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, e Decreto 173/1982, do 17 de novembro).

Calquera solicitude deberá ser presentada co visto e prace do representante legal do organismo correspondente (rector no caso das universidades).

O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de maio de 2001.

4. Temas de investigación subvencionables e prioridades.

Poderán ser subvencionados tódolos temas de investigación, pero con prioridade dos recollidos nas conclusións das Xornadas Sectoriais de Ciencia e Tecnoloxía Mariña, e especialmente os seguintes:

-Desenvolvemento, obtención de parámetros e validación de modelos nos seguintes ámbitos: sistemas rías-plataforma, cultivos flotantes, desenvolvemento de especies de fitoplancto tóxico e bentos litoral.

-Desenvolvemento de tecnoloxía de obtención de datos oceanográficos.

-Interacción dos cultivos co medio mariño. Impacto ambiental e capacidade de carga.

-Rangos de tolerancia en niveis óptimos de factores abióticos para especies de bivalvos de interese comercial.

-Dinámica das poboacións de especies mariñas con interese comercial.

-Estudios da selectividade e supervivencia de escapes das artes utilizadas no marisqueo e a pesca de baixura en Galicia.

-Reproducción de moluscos bivalvos. Factores e mecanismos de regulación. Ciclos gametoxénicos e do tecido de reserva. Preservación de gametos.

-Mellora das técnicas de cultivo de larvas, postlarvas e xuvenís de ameixa fina, ameixa babosa, ostra plana, solénidos, pectínidos e polbo. Requirimentos nutritivos. Fisioloxía da nutrición. Dietas alternativas.

-Mellora xenética de caracteres productivos (taxa de crecemento, resistencia a enfermidades, etc.) de especies con interese comercial.

-Estudios de viabilidade e desenvolvemento do cultivo de novas especies de organismos mariños con interese comercial.

-Nutrición de peixes cultivables. Necesidades nutritivas e dietas óptimas.

-Enfermidades de especies con interese comercial: desenvolvemento de métodos de diagnóstico sensibles e rápidos; profilaxe e terapéutica; interacción hospedador-axente patóxeno. Epizootioloxía e ciclos de vida dos axentes patóxenos.

-Dinámica da acumulación en bivalvos e niveis de referencia de sustancias contaminantes.

-Persistencia na auga do mar de patóxenos procedentes de verteduras urbanas ou industriais.

-Desenvolvemento de técnicas rápidas e fiables para a identificación da orixe xeográfica de moluscos bivalvos.

-Valorización dos productos da pesca, o marisqueo e a acuicultura.

-Minimización e/ou valorización dos refugallos derivados da transformación dos productos derivados da pesca.

-Desenvolvemento de técnicas industriais para a diminución ou eliminación de ficotoxinas en moluscos de interese comercial.

5. Conceptos subvencionables. En xeral as axudas solicitadas deberanse referir a algún dos conceptos que a seguir se relacionan, ben que cada tipo de grupo deberá ter en conta as limitacións que lle son específicas:

5.1. Persoal contratado especificamente para colaborar nas actividades de investigación do proxecto. Estes contratos serán incompatibles coa percepción de calquera outra remuneración. A contratación realizarase conforme os principios de publicidade, concorrencia e obxectividade.

Poderá solicitarse persoal nas diferentes modalidades de axuda previstas neste anexo agás para o caso de grupos en formación (número 2.1) e para as axudas para solicitudes do V Programa Marco (número 2.4).

O importe máximo por este concepto será de 6.600.000 pesetas para proxectos de tres anos, 4.400.000 pesetas para proxectos de dous anos e 2.200.000 pesetas para proxectos dun ano e no caso dos incentivos de grupo/equipos consolidados ou de excelencia (números 2.2.1.a) e 2.3.1.a) das presentes bases) poderase imputar a este concepto ata o importe total de subvención permitida descontados os custos indirectos.

5.2. Material inventariable e bibliográfico indispensable para a realización do proxecto, debidamente xustificados. O material inventariable e bibliográfico adquirido con cargo a estas axudas será propiedade do organismo ó que pertence o investigador responsable do proxecto.

5.3. Material funxible, debidamente xustificado.

5.4. Axudas de custo por desprazamento para actividades que se precisen no desenvolvemento do proxecto.

5.5. Outros gastos (especifíquense no modelo de solicitude).

5.6. Custos indirectos: imputarase por este concepto un 10% do custo total do proxecto, co fin de resarci-lo correspondente organismo dos gastos que a execución do proxecto leva implícitos.

6. Tramitación.

Se a documentación achegada estivera incompleta, requirirase o solicitante para que no prazo de dez días a complete ou corrixa as deficiencias observadas, con advertencia de que, de non o facerse,

se considerará desistido da súa solicitude e se procederá, conforme o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

Aqueles investigadores que non cumpran os requisitos establecidos nas presentes bases serán excluídos e, no caso de que o grupo/equipo de investigación resultante non cumpra os requisitos mínimos esixidos á súa categoría (grupo en formación, grupo/equipo consolidado ou de excelencia), a solicitude será desestimada.

A ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de desestimación da solicitude presentada con independencia de que poida acordarse outro tipo de actuacións.

Cando a temática do proxecto o aconselle, logo de informe do xestor do programa e audiencia ó investigador principal, o secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento conxuntamente co director xeral de Formación Pesqueira e Investigación poderá determina-lo trasvasamento de solicitudes presentadas ó abeiro desta convocatoria a outras convocatorias do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

7. Avaliación e selección.

A valoración das solicitudes presentadas relativas a proxectos de investigación será realizada por expertos externos designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento. Efectuada a valoración, a selección das solicitudes e a determinación, se é o caso, da contía da axuda será realizada por unha comisión de selección constituída por cinco membros, dos cales serán designados polo director xeral de Formación Pesqueira e Investigación (un deles actuará como presidente e outro como secretario) e os outros dous designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento. Para a selección dos beneficiarios e a cuantificación das axudas de proxectos de investigación, teranse en conta, por orde decrecente de importancia, os seguintes criterios:

a) A valoración científico-técnica realizada polos expertos como referencia fundamental.

b) A valoración dos resultados obtidos polos investigadores que forman o equipo en proxectos financiados anteriormente.

c) A coherencia dos obxectivos do proxecto cos obxectivos do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, Programa de Investigación Mariña.

d) O interese, relevancia e oportunidade dos obxectivos do proxecto para a resolución de problemas do sector relevantes para a Comunidade Autónoma.

e) A incidencia que nos mecanismos de transferencia de tecnoloxía poidan te-los resultados do proxecto proposto a través de empresas ou ben directamente pola propia institución.

f) Para o axuste económico, e cando sexa necesario como complemento do criterio a), terase en conta a calidade do proxecto, a calidade e tamaño do equipo e a natureza e esixencia da investigación que se vaia realizar.

A comisión elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación para que resolvan conxuntamente, podendo financiarse total ou parcialmente o orzamento presentado. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e nela especificarase a partida orzamentaria á que se imputa a axuda e, en consecuencia, o centro directivo que se encargará dos correspondentes pagamentos (Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación).

O solicitante deberá comunica-la súa aceptación da concesión e da contía dela, para a realización do proxecto aprobado.

Para a selección dos beneficiarios e o establecemento da contía das axudas para a formación de novos grupos, os incentivos de grupos consolidados e de excelencia así como para as axudas para solicitudes do V Programa Marco (alíneas 2.1.1.a), 2.2.1.a), 2.3.1.a) e 2.4 respectivamente), terase en conta fundamentalmente a calidade do grupo e as actividades que se pretenden realizar coa axuda solicitada.

8. Libramento da subvención.

A subvención será librada a través do organismo ó que pertenza o equipo investigador, conforme o plan de necesidades do proxecto subvencionado e de acordo coa normativa vixente.

Para poder proceder ó libramento dos fondos será necesario que a universidade ou organismo correspondente expida a certificación expresiva da realización do gasto, acompañada dos informes parciais dos proxectos de investigación correspondentes, se os houbera. Ademais, no caso das axudas recollidas no número 2.4. requirirase documento acreditativo de ter presentado solicitude ó V Programa Marco.

Para efectua-lo último pagamento, o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

9. Seguimento do proxecto.

As axudas concedidas son compatibles con calquera outra destinada ó mesmo proxecto, calquera que sexa a súa natureza e a entidade que as conceda, sempre que conxuntamente non superen o custo total do proxecto de acordo coas valoracións feitas polos expertos.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación poderán utiliza-los procedementos que consideren necesarios para coñece-lo desenvol

vemento do proxecto e o investimento das cantidades achegadas. Poderanse solicitar informes parciais que acrediten o progreso da investigación en curso e dean conta dos resultados obtidos ata ese momento. O xestor do programa, previsto no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, poderá coñece-la marcha dos proxectos financiados e propo-la suspensión da axuda se da análise da marcha do proxecto se derivara unha mala utilización dos fondos ou un desvío dos obxectivos do proxecto.

Finalizado o proxecto, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, en coordinación coa Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, remitirá ós investigadores principais un impreso normalizado, para que nel se fagan consta-los resultados obtidos no seu desenvolvemento, quedando os investigadores principais obrigados a presenta-lo impreso cuberto, nun prazo máximo de 3 meses desde a finalización do proxecto, a través do Rexistro Xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. A información contida neste impreso será avaliada polo xestor do programa que, logo das comprobacións e aclaracións que sexan necesarias, emitirá un informe sobre o cumprimento do proxecto, con destino á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación. Estas unidades poderán convoca-lo investigador principal, se o consideran necesario, a unha entrevista en relación

coa execución do proxecto e os resultados obtidos.

10. Difusión de resultados.

Os traballos e mailos resultados obtidos serán propiedade dos seus autores que no momento de facelos públicos, deberán facer consta-la referencia específica da axuda recibida da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura da Xunta de Galicia e deberán enviar, a través do rexistro xeral da dita consellería ou do Rexistro Xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento un exemplar das correspondentes publicacións.

Os beneficiarios das axudas quedan obrigados a informa-la Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación de calquera resultado útil obtido no desenvolvemento do proxecto incluída unha posible patente.

11. Incidencias.

Os investigadores que se integran nun grupo que resulte seleccionado quedan obrigados a manterse no dito grupo (e non poderán integrarse ou formar parte doutro grupo), durante o período de vixencia do proxecto financiado, salvo circunstancias excepcionais acaecidas con posterioridade á aprobación do proxecto e que deberán ser autorizadas expresamente pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Fomación Pesqueira e Investigación resolverán tódalas dúbidas e incidencias que poidan xurdir na aplicación da presente convocatoria.

Os beneficiarios destas axudas deberán reintegrar, total ou parcialmente, a axuda percibida e os xuros de demora, no caso de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión, de conformidade co establecido no artigo 78.9º do Real decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia, e no capítulo IV do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

ANEXO II

Axudas para a realización de proxectos de investigación empresarial en recursos e tecnoloxías mariñas.

A Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura e a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, de acordo cos obxectivos xerais establecidos no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (PGIDT), dirixidos ó estímulo do sector empresarial co fin de incrementar tanto a súa competitividade como as posibilidades de creación de emprego, consideran do maior interese incentiva-la capacidade de innovación das empresas galegas mediante a convocatoria de axudas para a realización de proxectos de investigación empresarial no ámbito dos recursos e tecnoloxías mariñas.

Desde o punto de vista estructural, esta acción non define modelos de actuación predeterminados. Con todo, debido á carencia de medios adecuados que se observa en gran número de empresas e á existencia de notables recursos científicos de carácter público, serán obxecto de apoio especial os proxectos nos que se conte coa colaboración de centros de investigación, sen prexuízo da consideración favorable con que se contemplen os proxectos presentados por empresas que teñan unha estructura e activos en I+D que lles permita abordar con solvencia a súa realización en solitario.

1. Obxecto.

Nestas bases regúlase o procedemento de concesión, en réxime de publicidade, concorrencia competitiva e obxectividade, das axudas a empresas, asociacións ou agrupacións destas para a realización de proxectos de investigación e desenvolvemento tecnolóxico, de acordo cos seguintes fins:

a) Fomenta-la realización de proxectos de iniciativa empresarial para favorece-la innovación nas empresas.

b) Incrementa-la colaboración dos centros de investigación e universidades da Comunidade Autónoma coas empresas de Galicia.

c) Estimular a medio prazo a participación das empresas de Galicia, sobre todo pequenas e medianas empresas, nos programas nacionais e europeos de investigación e desenvolvemento tecnolóxico.

2. Beneficiarios.

Poderán acollerse a estas axudas as empresas e asociacións ou agrupacións destas, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Te-lo seu domicilio social ou algún dos seus centros de traballo establecidos na Comunidade Autónoma de Galicia e realiza-lo proxecto obxecto da axuda no ámbito territorial de Galicia.

b) Estar ó día das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

c) Non ter contraída débeda coa Xunta de Galicia.

d) Posuír personalidade xurídica propia e suficiente capacidade de obrar e non estar inhabilitada para a obtención de subvencións públicas ou para contratar co Estado, Comunidades Autónomas e outros entes públicos.

e) As demais esixibles en virtude de normas de dereito necesario.

3. Modalidades.

Poderán presentarse proxectos nalgunha das seguintes modalidades:

A) Modalidade A: proxectos presentados por empresas que teñen unha estructura e activos de I+D que lles permite abordar por si mesmas a realización do proxecto.

b) Modalidade B: proxectos presentados por empresas que debido á carencia de medios adecuados, encargan a totalidade ou parte da investigación que se vai realizar no proxecto a equipos das universidades, dos centros públicos de investigación ou dos centros tecnolóxicos de Galicia.

4. Ámbito temporal.

Estas axudas concédense para a realización dun proxecto por un período máximo de tres anos, computándose este a partir da data de adxudicación das axudas.

5. Contía das axudas.

A contía das axudas concedidas poderá acadar como máximo ata un 75% dos gastos necesarios para a consecución dos resultados finalistas obxecto do proxecto no caso de que se trate de investigación industrial, e ata un 50% no caso de actividade de desenvolvemento precompetitivo. Enténdese por investigación industrial a investigación planificada ou estudios críticos que teñan por obxecto a adquisición de novos coñecementos que poidan resultar de utilidade para a creación de novos productos, procesos ou servicios ou contribuír a mellorar considerablemente os productos, procesos ou servicios existentes. Pola súa parte, por actividade de desenvolvemento precompetitivo enténdese a materialización dos resultados da investigación industrial nun plano, esquema ou deseño para productos, procesos,

ou servicios novos, modificados ou mellorados, destinados á súa venda ou á súa utilización, incluída a creación dun primeiro prototipo non comercializable. Pode abranguer tamén a formulación conceptual e o deseño doutros productos, procesos ou servicios, así como proxectos de demostración inicial ou proxectos piloto, sempre que os ditos proxectos non poidan converterse ou utilizarse para aplicacións industriais ou a súa explotación comercial.

Poderanse incluí-los custos seguintes:

5.1. Gastos de persoal adicional imprescindible para a realización do proxecto. Só será subvencionable aquel persoal alleo ó cadro de persoal da empresa que sexa contratado especificamente para colaborar no proxecto e que non teña vinculación laboral con ela nin a tivese nos dous últimos anos debendo especificarse na solicitude o perfil requirido. A subvención que poderá concederse por este concepto ascende a un máximo de 6.600.000 pesetas para proxectos de tres anos, 4.400.000 pesetas para proxectos de dous anos e 2.200.000 pesetas para proxectos dun ano.

A empresa poderá computar como contribución dela á realización do proxecto e polo concepto de persoal propio que se dedica á investigación e que colabore no proxecto ata un máximo do 60% do orzamento que deba achega-la empresa.

Os proxectos de investigación empresarial a que se refire esta orde poderán incluí-la contratación laboral de titulados universitarios novos ou de formación profesional de segundo grao ou ciclo superior. Estas contratacións poderán concorrer cos incentivos dos programas de fomento dos contratos en prácticas e para a innovación tecnolóxica que convoca a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Para que as ditas contratacións poidan ser obxecto de subvención, deberán reuni-los requisitos e condicións e observa-los prazos que se establezan para a presentación de solicitudes na correspondente orde de convocatoria e requirirán o informe previo da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

5.2. Custos de adquisición e utilización de instalacións, equipamentos, instrumentos, aparellos e demais material inventariable, na medida en que os ditos bens se destinen á actividade de investigación proposta. Admitirase material a escala de laboratorio e de planta piloto pero en ningún caso se admitirá material a escala productiva (investimentos productivos).

5.3. Gastos en materiais funxibles necesarios para a execución do proxecto.

5.4. Gastos xerais suplementarios da empresa imputables con cargo directo ó proxecto tales como viaxes, comunicacións, etc. En ningún caso estes gastos poderán supera-lo 5% do custo do proxecto.

5.5. Custo de colaboracións externas coa universidade, centros públicos de investigación ou centros tecnolóxicos de Galicia.

5.6. Gastos para a protección dos resultados da investigación.

5.7. Outros gastos directamente derivados da actividade de investigación.

6. Presentación de solicitudes.

As solicitudes segundo o modelo oficial número MAR-02 (do que a folla externa se publica como anexo VII a esta orde) están ó dispor dos interesados, de forma íntegra, nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, na Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, nos vicerrectorados de Investigación das Universidades de Galicia, na Delegación en Galicia do CSIC, no Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e na Internet nos enderezos:

http://www.cesga.es/sxid, alternativamente no enderezo

http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou no enderezo

http://www.xunta.es/conselle/pe/index.htm.

As solicitudes presentaranse por triplicado, no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, no da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, modificado pola Lei 4/1999.

Á solicitude xuntaránselle os seguintes documentos:

1) Copia compulsada do CIF da empresa solicitante, ou NIF no caso de empresario individual, así como xustificante de alta no imposto de actividades económicas (IAE) e na Seguridade Social.

2) Copia compulsada do documento nacional de identidade e do poder bastante de representación co que actúe o solicitante e copia compulsada da escritura de constitución e modificacións, se é o caso, da persoa xurídica á que representa, debidamente inscrita no Rexistro Mercantil ou Industrial.

3) Declaración expresa de non ter contraída ningunha débeda, por ningún concepto, coa Xunta de Galicia.

4) Declaración expresa de estar ó día do pagamento das súas obrigas tributarias e da Seguridade Social.

5) No caso de proxectos da modalidade B xuntarase copia do contrato de colaboración asinado entre a empresa e o organismo/s público/s de investigación que realizará/n o proxecto ou que colaborá/n na súa realizacion ou, no seu defecto, unha carta de intencións. Neste documento deberá consta-la composición do/s equipo/s de investigación dos dito/s organismo/s público/s, así como descrición detallada e xustificación do gasto.

6) Xuntarase tamén unha declaración xurada do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo proxecto de tódalas administracións públicas, utilizando para estes efectos o documento que se inclúe no modelo de solicitude.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de maio de 2001.

7. Tramitación.

Se a documentación achegada estivera incompleta requirirase o solicitante para que no prazo de dez días complete a documentación ou corrixa as deficiencias, con advertencia de que, de non o facerse, considerará desistido da súa solicitude e se procederá conforme o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

Non axustarse ós termos da convocatoria, o incumprimento dos requisitos nela establecidos, a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de desestimación da solicitude presentada con independencia de que poida acordarse outro tipo de actuacións.

8. Avaliación e selección.

A valoración das solicitudes presentadas será realizada por expertos externos designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento. Efectuada a valoración, a selección das solicitudes e a determinación, se é o caso, da contía da axuda será realizada por unha comisión de selección constituída por cinco membros, dos que tres serán designados polo director xeral de Formación Pesqueira e Investigación (un deles actuará como presidente e outro como secretario) e os outros dous designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento. A comisión terá en conta, por orde decrecente de importancia, os seguintes criterios:

a) A valoración realizada polos expertos.

b) A coherencia dos obxectivos do proxecto cos obxectivos do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, Programa de Investigación Mariña e o impacto das actuacións e resultados do proxecto para á resolución de problemas relevantes para a Comunidade Autónoma no sector.

c) Capacidade da empresa para a execución dos proxectos.

A comisión elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación para que resolvan conxuntamente. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e nela especificarase a partida orzamentaria á que se imputa a axuda e, en consecuencia, o centro directivo que se encargará dos correspondentes pagamentos (Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación).

9. Libramento da subvención.

Para poder percibi-las axudas correspondentes será necesario presentar, antes do 31 de outubro do exercicio correspondente á anualidade de que se trate, os seguintes documentos:

9.1. Certificación expedida pola entidade bancaria na que se sinale número de conta da empresa beneficiaria onde se debe realiza-lo pagamento.

9.2. Memoria xustificativa das actividades realizadas e do custo dos traballos executados, así como os xustificantes debidamente acreditados do investimento realizado no ano en curso.

9.3. Certificación acreditativa de encontrarse ó día das obrigas tributarias coas facendas estatal e autonómica expedidas pola Axencia Tributaria e pola Consellería de Economía e Facenda, respectivamente, así como certificación de encontrarse ó día no pagamento das cotas de Seguridade Social.

9.4. No caso de proxectos plurianuais con importe superior a 5.000.000 de pesetas, aval bancario ou de entidade aseguradora conforme o establecido na normativa vixente, por un prazo que medie entre a data de solicitude de pagamento da corrrespondente anualidade e a data límite de xustificación da última anualidade, e como mínimo ata os 2 meses seguintes á data de remate do proxecto.

9.5. Para efectua-lo derradeiro pagamento, o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

9.6. No caso de proxectos da modalidade B, copia do contrato de colaboración entre a empresa e o organismo público.

Poderán realizarse pagamentos parciais á conta da liquidación final nas condicións establecidas na normativa vixente.

Nos proxectos plurianuais enténdese que os investimentos e pagamentos que se efectúen desde a data límite de xustificación da anualidade corrente ata o final do ano corresponden á anualidade seguinte e, polo tanto, poderán presentarse como xustificante para a cobranza desta anualidade.

10. Seguimento dos proxectos.

As axudas concedidas son compatibles con calquera outra destinada ó mesmo proxecto, calquera que sexa a súa natureza e a entidade que as conceda, sempre que conxuntamente non superen o 70% do custo total do proxecto. A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación poderán utiliza-los procedementos que consideren necesarios de modo coordinado para coñece-lo desenvolvemento do proxecto e o investimento das cantidades achegadas. Poderanse solicitar informes parciais que acrediten o progreso da investigación en curso e dean conta dos resultados obtidos ata ese momento. O xestor do programa, previsto no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, poderá coñece-la marcha dos proxectos financiados e propo-la suspensión da axuda se da análise da marcha do proxecto se derivara unha mala utilización dos fondos ou desvío dos obxectivos do proxecto. Neste contexto a Secretaría Xeral de Investigación e

Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación poderán asignar a cada

proxecto un investigador titor, que baixo a coordinación do xestor do programa poida colaborar no seu desenvolvemento e seguimento.

Finalizado o proxecto, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou a Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación remitirán ás empresas beneficiarias destas axudas un impreso normalizado, para que nel se fagan consta-los resultados obtidos no seu desenvolvemento, quedando a empresa obrigada a presenta-lo dito impreso cuberto, nun prazo máximo de 3 meses desde a finalización do proxecto, a través do rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou do rexistro xeral da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación. A información contida neste impreso será avaliada polo xestor do programa que, logo das comprobacións e aclaracións que sexan necesarias, expedirá un informe sobre o cumprimento do proxecto con destino á Secretaría Xeral de Investigación e á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación. Estas unidades poderán convoca-lo responsable da empresa, se o consideran necesario, a unha entrevista en relación coa

execución do proxecto e os resultados obtidos.

Os beneficiarios das axudas quedan obrigados a informa-la Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación de calquera resultado útil obtido no desenvolvemento do proxecto, incluída unha posible patente.

11. Incidencias.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación resolverán tódalas dúbidas e incidencias que poidan xurdir na aplicación desta convocatoria.

Os beneficiarios destas axudas deberán reintegrar total ou parcialmente a axuda percibida e os xuros de demora no caso de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión, de conformidade co establecido no artigo 78.9º do Real decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia, e no capítulo IV do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

ANEXO III

Prórroga das bolsas de predoutoramento para a realización de teses de doutoramento en temas de investigación mariña.

1. Solicitantes.

Aqueles beneficiarios de prórroga de bolsa de predoutoramento correspondente ó programa de investigación mariña do Plan Galego de IDT, concedida por resolución conxunta da Consellería da Presidencia e Administración Pública e da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, do 26 de xullo de 2000 (DOG do 7 de agosto), poderán solicita-la

prórroga correspondente ó curso académico 2001/2002 sempre que aínda non rematasen a súa tese de doutoramento.

2. Solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial MAR-03 (que se publica como anexo VIII á presente orde), que estará ó dispor dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, na Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, e na Internet nos enderezos:

http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm

http://www.cesga.es/sxid)

http://www.xunta.es/conselle/pe/index.htm

presentaranse no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, modificado pola Lei 4/1999.

As solicitudes deberán ir, inescusablemente, acompañadas da seguinte documentación:

2.1. Memoria das actividades académicas e investigadoras realizadas durante o curso 2000/2001. Deberá ir asinada polo bolseiro e co visto e prace polo director/es do proxecto de investigación.

2.2. Informe (en papel oficial ou con selo do correspondente centro/departamento), do director/es no que se confirme que as actividades realizadas polo bolseiro durante o período de desfrute da bolsa en relación coa adquisición de contidos e destrezas de investigación foron adecuadas.

2.3. Memoria realizada polo bolseiro acerca do estado actual do traballo e plan de traballo durante a prórroga, co visto e prace do director/es.

2.4. Declaración de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 8 de xuño de 2001.

3. Tramitación.

Os servicios administrativos da Secretaría Xeral de I+D procederán á revisión das solicitudes comprobando se é correcta a documentación presentada. En caso contrario, requirirase o solicitante para que achegue a documentación complementaria ou corrixa os erros detectados no prazo de dez días, advertíndolle que, de non o facer, procederase conforme o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

4. Contía da bolsa.

O importe das bolsas incluirá:

4.1. Unha asignación mensual de 140.000 pesetas brutas. Esta cantidade poderá incrementarse para o ano 2002 nunha liña tendente á homologación con bolsas estatais no caso de existir crédito adecuado e suficiente.

4.2. Seguro de asistencia médica e seguro combinado de accidentes, que se imputará á mesma aplicación orzamentaria que as bolsas.

O seguro de asistencia médica será extensible, de se-lo caso, ó conxuxe e fillos do beneficiario cando estes carezan de Seguridade Social.

5. Período de desfrute.

A duración destas bolsas é de 6 meses comprendidos entre outubro de 2001 e marzo de 2002.

6. Comisión de selección e resolución.

A selección de candidatos será efectuada por unha comisión constituída por cinco membros, dos que tres serán designados polo director xeral de Formación Pesqueira e Investigación (un deles actuará como presidente e outro como secretario) e os outros dous designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento, que elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación para que resolvan conxuntamente.

7. Aceptación da bolsa e pagamento.

7.1. A aceptación da bolsa farase mediante documento asinado polo bolseiro, no que se comprometa a cumprir tódalas condicións recollidas nas presentes bases. Así mesmo, o bolseiro presentará declaración xurada na que conste que non realiza traballo remunerado nin desfruta doutro tipo de bolsa.

7.2. O pagamento destas bolsas realizarase en dous pagos trimestrais; o primeiro unha vez aceptada a bolsa e o segundo trimestre despois de que o bolseiro presente o informe final que resuma a totalidade da actividade realizada co visto e prace do director do traballo.

8. Condicións de desfrute.

Estas bolsas son incompatibles coa realización dun traballo remunerado ou o desfrute doutro tipo de bolsas ou axudas, salvo co desfrute daquelas bolsas que se convocan para cubrir algunha das accións formativas que o solicitante vai realizar segundo o proxecto (asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender ou intercambiar técnicas de investigación) así como cos contratos derivados da aplicación do artigo 11 da Lei de reforma universitaria (Lei 11/1983, do 25 de agosto), do artigo 11.2º da Lei de fomento e coordinación xeral da investigación científica e técnica (Lei 13/1986, do 14 de abril) ou da Lei de fomento da investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia (Lei 12/1993, do 6 de agosto).

Excepcionalmente poderanse conceder interrupcións no desfrute da bolsa por petición razoada do interesado, logo do informe do seu director de tese. As interrupcións non poderán ser nunca superiores a seis meses ó longo da duración da bolsa e as posibles renovacións, e non darán lugar en ningún caso á posibilidade de recupera-lo período interrompido.

Así mesmo, no caso de maternidade poderá concederse, logo de petición, unha interrupción de ata o máximo de 4 meses, reducíndose a contía da bolsa no dito período a un 75%.

No momento en que se produza a incompatibilidade no desfrute da bolsa, o bolseiro deberá comunicalo á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, procedéndose á suspensión da bolsa correspondente e a adxudicarlla a outro candidato, de acordo coa lista de suplentes, se a houbese.

Para que o interesado poida ter dereito a percibi-las mensualidades correspondentes ó período anterior á súa renuncia deberá presenta-la memoria da actividade realizada ata ese momento, asinada por el e co visto e prace do director da tese.

Así mesmo, no momento en que realice a lectura da súa tese de doutoramento deberá comunicalo e, no caso de que o bolseiro xustifique mediante un informe do seu director que participa noutras tarefas de investigación, poderase autoriza-la continuación do desfrute da bolsa ata o remate do período para o que se lle concedeu.

9. Obrigas dos bolseiros. Seguimento da axuda.

O bolseiro estará obrigado a cumprir con aproveitamento as distintas etapas do proxecto de investigación, debendo axustarse ás normas propias do departamento ou centro de investigación onde aquel se realice, con dedicación exclusiva á súa función.

Para poder percibi-lo último trimestre deberá remiti-lo informe final (máximo 5 páxinas), que resuma a totalidade do traballo realizado incluíndo, se é o caso, copia dos traballos publicados. No informe deberá figura-lo visto e prace do director do proxecto.

Os bolseiros adscritos á universidade poderán dedicar ata un máximo de 40 horas durante o curso académico á colaboración en actividades docentes con fins formativos, limitadas ás ensinanzas prácticas ou suplencias, non superior neste caso a 10 horas, logo da conformidade entre o director do traballo e o departamento implicado. A concesión e desfrute dunha bolsa non establece relación contractual ou estatutaria co centro ó que quede adscrito o beneficiario, nin implica por parte do organismo receptor ningún compromiso en canto á posterior incorporación do interesado ó cadro de persoal del.

Os bolseiros están obrigados a residir na Comunidade Autónoma salvo durante os períodos de formación para os que expresamente se autoricen.

O bolseiro está obrigado a notificar á Secretaría Xeral de I+D a data de defensa da súa tese e a cualificación obtida. No suposto de que non realice a defensa da tese, deberá notificalo igualmente, indicando as causas que motivaron a dita circunstancia.

10. Incidencias.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación resolverán tódalas dúbidas e inci

dencias que se poidan presentar na aplicación desta convocatoria.

ANEXO IV

Bolsas para a realización de teses de doutoramento en temas de investigación mariña.

O obxecto desta convocatoria é a concesión dunha bolsa dun ano de duración, prorrogable por períodos dun ano ata un máximo de catro, para a realización dunha tese de doutoramento no seguinte tema: «Ecoloxía e identificación de larvas de moluscos bivalvos», no Centro de Investigación Mariñas de Corón (Vilanova de Arousa).

1. Requisitos dos solicitantes.

Para optar a esta bolsa serán necesarios os seguintes requisitos:

a) Posuí-la nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea.

b) Estar en posesión do título de licenciado en ciencias biolóxicas ou ciencias do mar na data da solicitude.

c) Non ter desfrutado con posterioridade ó remate dos estudios da súa licenciatura doutra bolsa de características similares.

2. Contía da bolsa.

O importe da bolsa incluirá:

a) Unha asignación mensual bruta de 140.000 pesetas. Esta cantidade poderá ser incrementada para o ano 2002, nunha liña tendente á homologación con bolsas estatais no caso de existir crédito adecuado e suficiente.

b) Seguro de asistencia médica e seguro combinado de accidentes, que se imputará á mesma aplicación orzamentaria das bolsas.

O seguro de asistencia médica será extensible, de se-lo caso, ó conxuxe e fillos do beneficiario cando estes carezan de Seguridade Social.

A contía da bolsa poderá ser incrementada, en función das dispoñibilidades orzamentarias, ata un máximo de duascentas cincuenta mil pesetas para actividades de formación dentro do programa da bolsa, logo de solicitude do bolseiro e informe favorable da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, sempre que o titor considere necesaria a súa asistencia.

3. Período de desfrute.

3.1. A duración da bolsa é de 12 meses comprendidos entre xuño de 2001 e maio de 2002.

3.2. A bolsa poderá ser prorrogada automaticamente por períodos dun ano, ata un máximo de catro, logo da presentación polo interesado, antes do 1 de abril do ano correspondente, da seguinte documentación:

-Memoria das actividades académicas e investigadoras realizadas durante o ano. Deberá ir asinada polo bolseiro e co visto e prace do titor.

-Informe favorable do titor.

-Declaración do solicitante de tódolas solicitudes efectuadas ou concedidas para o mesmo fin das administracións públicas competentes.

Ademais, para solicita-la segunda prórroga o bolseiro deberá acredita-la súa suficiencia investigadora.

4. Centro de realización.

Centro de Investigacións Mariñas. Corón-Vilanova de Arousa.

5. Presentación de solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial MAR-04 (que se publica como anexo IX á presente orde, e ó dispor dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, na Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, e na Internet nos enderezos:

http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm

http://www.cesga.es/sxid)

http://www.xunta.es/conselle/pe/index.htm

presentaranse no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, modificado pola Lei 4/1999.

As solicitudes deberán ir inescusablemente xunto coa seguinte documentación:

a) Fotocopia do título correspondente ou, no seu defecto, xustificación de ter realizado o pagamento dos dereitos de expedición.

b) Certificación académica detallada na que figuren as cualificacións obtidas, as datas de obtención e o número exacto de convocatorias investidas en cada materia (orixinal ou fotocopia compulsada). Non seran válidas as fotocopias extractadas do expediente académico do solicitante.

No caso de estudios validados deberá presentarse, así mesmo, certificación académica, de idénticas características, para os estudios de orixe.

Os que acceden ó 2º ciclo dunha licenciatura a través do correspondente curso de adaptación, por estaren en posesión dun título de diplomado ou por teren realizado o 1º ciclo dalgunha titulación que permita o acceso, para efectos de determina-la media do expediente académico deberán xuntar, ademais da certificación correspondente ó curso de adaptación, 4º e 5º, a referente á diplomatura ou ós estudios de 1º ciclo realizados.

Os títulos obtidos no estranxeiro ou centros non estatais deberán estar validados na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes e deberase xuntar, se é o caso, as oportunas táboas de equivalencia oficiais das certificacións.

A certificación incluirá, se é o caso, a cualificación correspondente á tese de licenciatura e indicará expresamente que se obtivo o grao pola modalidade de tese de licenciatura e o título dela.

c) Currículum vitae do solicitante cos documentos acreditativos dos méritos alegados.

d) Declaración xurada do solicitante na que conste que cumpre o requisito establecido no punto 1.c.

O prazo de presentación de solicitudes sera de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

6. Tramitación.

Os servicios administrativos da Secretaría Xeral de I+D e da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación procederán á revisión das solicitudes comprobando se é correcta a documentación presentada. En caso contrario, requirirase o solicitante para que achegue a documentación complementaria ou corrixa os erros detectados no prazo de dez días, advertíndolle que, de non o facer, se procederá conforme o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992 modificada pola Lei 4/1999.

7. Selección de candidatos.

7.1. Comisión de selección.

A selección de candidatos será efectuada por unha comisión constituída por cinco membros, dos que tres serán designados polo director xeral de Formación Pesqueira e Investigación (un deles actuará como presidente e outro como secretario) e os outros dous designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento.

7.2. Criterios xerais de selección.

A selección do bolseiro farase en función dos méritos acreditados nos puntos 5.b e 5.c, e terase en conta, ademais, o coñecemento de idiomas.

No caso de consideralo necesario, a comisión de selección poderá realizar unha entrevista a aqueles solicitantes que resulten preseleccionados.

8. Resolución do concurso.

A comisión de selección elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación para que resolvan. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

9. Aceptación da bolsa.

A aceptación da bolsa farase mediante documento asinado polo bolseiro, no que se comprometa a cumprir tódalas condicións recollidas nas presentes bases. Así mesmo, o bolseiro presentará declaración xurada na que conste que non realiza traballo remunerado nin desfruta doutro tipo de bolsa.

10. Condicións de desfrute.

Estas bolsas son incompatibles coa realización dun traballo remunerado ou o desfrute doutro tipo de bolsas ou axudas, salvo co desfrute daquelas bolsas que se convocan para cubrir algunha das accións formativas que o solicitante vai realizar segundo o

seu proxecto (asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender ou intercambiar técnicas de investigación).

Excepcionalmente poderanse conceder interrupcións no desfrute da bolsa a petición razoada do interesado, logo do informe do seu director de tese. As interrupcións non poderán ser nunca superiores a seis meses ó longo da duración da bolsa e as posibles renovacións, e non darán lugar en ningún caso á posibilidade de recupera-lo período interrompido.

Así mesmo, no caso de maternidade poderá concederse, logo de petición, unha interrupción de ata un máximo de 4 meses, reducíndose a contía da bolsa, no dito período a un 75%.

No momento en que se produza a incompatibilidade no desfrute da bolsa dalgún bolseiro deberá comunicalo á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación ou á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, procedéndose á suspensión da bolsa correspondente, podendo adxudicarlla a outro candidato, de acordo coa lista de suplentes, se a houbese.

Para que o interesado poida ter dereito a percibi-las mensualidades correspondentes ó período anterior á súa renuncia, deberá presenta-la memoria da actividade realizada ata ese momento, asinada por el e co visto e prace do director da tese.

Así mesmo, no momento en que realice a lectura da súa tese de doutoramento deberá comunicalo e, no caso de que o bolseiro xustifique mediante un informe do seu director que participa noutras tarefas de investigación, poderase autoriza-la continuación do desfrute da bolsa ata o remate do período para o que se lle concedeu.

9) Obrigas dos bolseiros. Seguimento da axuda.

O bolseiro estará obrigado a cumprir con aproveitamento as distintas etapas do proxecto de investigación, debendo axustarse ás normas propias do departamento ou centro de investigación onde aquel se realice, con dedicación exclusiva á súa función.

A Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación poderá, en calquera momento da realización da bolsa, solicitarlle ó bolseiro un informe sobre as súas actividades. Nos informes deberá figura-lo visto e prace do director do proxecto.

A concesión e desfrute dunha bolsa non establece relación contractual ou estatutaria co centro ó que quede adscrito o beneficiario, nin implica por parte do organismo receptor ningún compromiso en canto á posterior incorporación do interesado ó cadro de persoal del.

O bolseiro está obrigado a notificar á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación a data de defensa da súa tese e a cualificación obtida. No suposto de que non realice a defensa da tese, deberá

notificalo igualmente, indicando as causas que motivaron a dita circunstancia.

10) Incidencias.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación resolverán tódalas dúbidas e incidencias que se poidan presentar na aplicación desta convocatoria.

ANEXO V

Bolsas para formación en temas de investigación mariña de técnicos especialistas en formación profesional de 2º grao e ciclos formativos de grao superior.

O obxecto da presente convocatoria é a concesión de 3 bolsas dun ano de duración prorrogables por outro, para completa-la formación de técnicos especialistas en formación profesional de 2º grao e ciclos formativos de grao superior, das seguintes especialidades:

-Formación profesional de 2º grao.

Rama sanitaria:

Especialidade: anatomía patolóxica.

Rama marítimo-pesqueira:

Especialidade: cultivos mariños.

-Ciclos formativos de grao superior.

Familia profesional: actividades marítimo-pesqueiras.

Especialidade: producción acuícola.

Familia profesional: sanidade.

Especialidade: anatomía patolóxica e citoloxía.

1. Requisitos dos solicitantes.

Poderán optar a estas bolsas os titulados de formación profesional que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter realizado os correspondentes estudios nun centro establecido en Galicia nalgunha das especialidades ou ciclos citados no parágrafo anterior.

b) Ter rematados os ditos estudios no ano 1996 ou en data posterior.

c) Non ter desfrutado destas bolsas ou outras similares en anteriores convocatorias, durante un período de mais dun ano.

2. Contía da bolsa.

O importe das bolsas incluirá:

a) Unha asignación total de un millón vinte mil pesetas (1.020.000 pesetas) pesetas aboables en doce mensualidades de oitenta e cinco mil pesetas (85.000 pesetas) cada unha, nas que se aplicará a correspondente retención fiscal.

b) Seguro de asistencia médica e seguro combinado de accidentes que se imputará á mesma aplicación orzamentaria que as bolsas.

3. Período de desfrute.

3.1. A duración das bolsas é de 12 meses comprendidos entre xuño de 2001 e maio de 2002.

3.2. As bolsas poderán ser prorrogadas automaticamente por un novo período de 12 meses, logo de presentación polos interesados, antes do 1 de abril de 2002 da seguinte documentación:

-Plan de traballo que deberá realiza-lo bolseiro durante o período de prórroga.

-Informe favorable do titor no que se farán consta-las razóns xustificativas da prórroga, así como a relación detallada das actividades realizadas polo bolseiro no período de desfrute da bolsa.

Declaración do solicitante de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas, para o mesmo fin, das administracións públicas competentes.

4. Centros de realización.

As bolsas que se convocan distribuiranse entre os centros que se indican a seguir do xeito seguinte:

* Centro de investigacións mariñas.

Corón. Vilanova de Arousa (Pontevedra): 2 bolsas:

-1 para T.E. en anatomía patolóxica ou T.S. en anatomía patolóxica e citoloxía.

-1 para T.E. en cultivos mariños ou T.S. en producción acuícola.

* Centro de experimentación en acuicultura.

Couso. Ribeira:

-1 bolsa para T.E. en cultivos mariños, ou

-T.S. en producción acuícola.

5. Presentación de solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial MAR-05 (que se publica como anexo X á presente orde, e ó dispor dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, na Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, e na Internet nos enderezos:

http://xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm

http://www.cesga.es/sxid

http://www.xunta.es/conselle/pe/index.htm

presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, modificado pola Lei 4/1999.

As solicitudes deberán ir, inescusablemente, xunto coa seguinte documentación:

a) Currículum vitae do solicitante, cos documentos acreditativos dos méritos alegados.

b) Certificación académica completa (orixinal ou fotocopia compulsada) e fotocopia compulsada do título correspondente ou, no seu defecto, xustificación do pagamento dos dereitos de expedición.

c) Declaración xurada na que conste que non desfrutaron destas bolsas ou doutras similares durante un período superior a un ano.

d) Declaración do solicitante de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas, para o mesmo fin das administracións públicas competentes.

f) Outros datos que se poidan xustificar documentalmente e que o solicitante considere de interese en relación coa bolsa.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente orde no DOG.

6. Tramitación.

Os servicios da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación comprobarán que tódalas solicitudes reúnan os requisitos establecidos na presente orde e exporase a lista de solicitudes admitidas e excluídas, sinalando, se é o caso, as causas de exclusión, nos taboleiros da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, nos da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, no centro de información administrativa da Consellería da Presidencia e Administración pública e nos das súas delegacións provinciais, nos dos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia, nos vicerrectorados dos campus de Ferrol, Lugo e Ourense, nos da Delegación en Galicia do CSIC, nos do Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e na Internet nos enderezos:

http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm

http://www.cesga.es/sxid

http://www.xunta.es/conselle/pe/index.htm.

Esta lista estará exposta durante un prazo de dez días a partir da publicación da resolución e os interesados poden formular reclamación para emendar erros e faltas de documentos, ante a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou ante a Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, achegando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se corrixan as causas de exclusión, procederase conforme o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

7. Selección de candidatos.

7.1. Comisión de selección.

A selección de candidatos será efectuada por unha comisión constituída por cinco membros, dos que tres serán designados polo director xeral de Formación Pesqueira e Investigación (un deles actuará como presidente e outro como secretario) e os outros dous designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento.

7.2. Criterios xerais de selección.

A selección dos bolseiros farase tendo en conta os seguintes criterios de valoración:

a) Expediente académico, ata 4 puntos. Para efectos de cálculo da nota media non se computarán aquelas materias que consten no expediente académico do alumno como validadas.

b) Outros méritos: puntuación máxima 2 puntos. Só se valorarán os méritos acreditados documentalmente polo solicitante xunto coa súa solicitude.

8. Resolución do concurso.

A comisión de selección elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación para que resolvan conxuntamente. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

9. Aceptación da bolsa.

A aceptación da bolsa farase mediante documento asinado polo bolseiro no que se comprometa a cumplir tódalas condicións recollidas nas presentes bases. Así mesmo, presentará declaración xurada na que conste que non realiza traballo remunerado nin desfruta doutro tipo de bolsa ou axuda.

10. Condicións de desfrute. Incidencias.

Dado o seu carácter formativo e de especialización, a concesión destas bolsas non implica relación laboral ou administrativa do beneficiario coa Xunta de Galicia ou co organismo ó que pertence o centro ó que se incorporan os bolseiros, aínda que si a necesaria e natural coordinación co horario, normas e disciplina do departamento ou centro de investigación onde realiza a súa formación.

O bolseiro deberá dedicarse de maneira plena a cumpri-las tarefas que lle sexan encomendadas.

É incompatible o desfrute da bolsa coa percepción doutras remuneracións, bolsas ou axudas salvo co desfrute daquelas bolsas que se convocan para cubrir algunha das accións formativas que o solicitante vai realizar (asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender técnicas de manexo de aparellos ou en relación con eles).

A ausencia inxustificada, o baixo interese e rendemento, o non cumprimento das normas de réxime interno, así como a non realización dos traballos propostos serán causa de perda da bolsa.

No caso de renuncia á bolsa concedida, o bolseiro presentará a correspondente solicitude fundamentada, podéndose cubri-la vacante producida polo período de desfrute restante co candidato suplente correspondente, de acordo coa lista de suplentes elaborada pola comisión de selección.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación resolverán tódalas dúbidas e incidencias que puideran xurdir na aplicación da presente convocatoria.