Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2001 Páx. 5.225

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 16 de abril de 2001 pola que se designa o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas.

Celebradas as eleccións e ultimado o proceso de renovación do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas e segundo o disposto no artigo 36 da orde desta consellería do 28 de decembro de 2000, trala proposta do Consello Regulador electo en pleno, e conforme as atribucións que teño conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1998, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único.-Desígnase presidenta do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas a María Soledad Bueno Berrio-Ategortúa.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2001.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Agricultura, Gandería

e Política Agroalimentaria