Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 19 de abril de 2001 Páx. 5.184

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de L.A.T. a 220 kV parque eólico Ameixeiras-parque eólico Masgalán, nos concellos de Lalín, Forcarei e Silleda (Pontevedra), promovido pola empresa Gamesa Energía, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 31 de xaneiro de 2001 da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto L.A.T. 220 kV parque eólico Ameixeiras-parque eólico Masgalán, nos concellos de Lalín, Forcarei e Silleda (Pontevedra), promovido pola empresa Gamesa Energía, S.A. que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria

Declaración impacto ambiental

Examinada a documentación que constitúe o expediente, entre a que se atopa a presentada pola empresa promotora:

-Estudio de impacto ambiental. L.A.T. 220 kV P.E. Ameixeiras-P.E. Masgalán. Marzo 2000,

-Estudio faunístico e cartografía de vexetación da Serra de Candán. Setembro 2000,

-Coordenadas apoios da L.A.T. 220 kV Ameixeiras-Masgalán,

a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve establecer pola presente DIA as seguintes condicións, ademais das incluídas na documentación presentada, de xeito que se asegure a minoración dos posibles impactos ambientais negativos, co fin de que a realización do proxecto poida considerarse ambientalmente viable.

No caso de que exista contradicción entre o indicado na documentación avaliada e o establecido na presente declaración, prevalecerá o disposto nesta última.

1. Ámbito da declaración.

A presente declaración refírese en exclusiva á instalación dunha liña eléctrica de alta tensión (220 kV), aérea, con partida proxectada na subestación do parque eólico de Ameixeiras e remate na subestación de Lamasgalán, cunha lonxitude total de 9.739 m, con apoios de celosía sobre zapatas de formigón, con illadores, conductores eléctricos de terra e fibra óptica.

A traza discorrerá polos concellos de Lalín, Forcarei e Silleda (Pontevedra), segundo o plano «Revexetación accesos. Plano de situación. Nº plano: AM-REVEG-001. Marzo 2000», sendo as coordenadas U.T.M. dos apoios, as indicadas na listaxe «Coordenadas apoios da L.A.T. 220 kV Ameixeiras-Masgalán. Xaneiro 2001», e que se recollen a seguir:

Nº apoioU.T.M. XU.T.M. Y

1565170.4024711400.321

2564979.6234711511.876

3564776.7594711630.498

4564341.6804711884.904

5564046.4484712057.536

6563847.7984712045.742

7563648.1494712033.888

8563155.0184712004.609

9562710.8004711978.235

10562099.8764711941.962

11561652.6634711915.410

12561562.9044712170.053

13561425.9394712558.620

14561315.9014712870.794

15561218.1634713148.073

16561030.7104713562.665

17560928.9504713787.729

18560835.0184713995.480

19560739.4374714206.877

20560749.1964714969.814

21560752.6104715236.792

Nº apoioU.T.M. XU.T.M. Y

22560762.0234715972.732

23560708.3924716216.912

24560653.9024716464.998

25560600.2714716709.178

26560518.9964717079.354

27560460.8304717344.045

28560396.4724717637.060

29560305.8584717679.359

2. Protección da atmosfera.

Sobre a emisión de po, e co fin de diminuí-la emisión á atmosfera que se pode producir pola construcción das vías de acceso e polos labores de escavación para a cimentación dos apoios, procederase, en períodos de seca, á humectación das zonas onde se estean realizando estes traballos, especialmente nas zonas que teñan vexetación de interese (carballos e castiñeiros principalmente), tal como se indica no EsIA.

No referente a ruído e campos electromagnéticos, e para o proxecto obxecto desta declaración, non se consideran necesarias realizacións de medicións e seguimentos destes parámetros, por non atoparse vivendas nun raio inferior a 420 m da traza.

3. Protección das augas e leitos fluviais.

Para calquera afección sobre o leito e/ou zona de policía (como cruzamento de liñas eléctricas, apertura de vías) será preceptiva a autorización do organismo Augas de Galicia, segundo se establece na Lei 29/1985, do 2 de agosto, de augas, e no R.D. 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico.

Nos terreos próximos ós cursos de auga instalaranse mallas ou outros dispositivos para evita-la escorrega, co fin de evita-la incorporación de sólidos ós cursos de auga.

Non estando previsto no estudio de impacto presentado a reserva dunha zona para a fabricación de formigón, este, necesariamente, será provisto desde planta ou plantas fóra da obra, e que conten coas debidas autorizacións.

Os labores de mantemento e reparación da maquinaria durante a fase de construcción realizaranse en talleres autorizados, eliminando así o risco de derrames accidentais que poidan afecta-los cursos de auga, segundo se indica no EsIA.

4. Protección do solo.

Realizarase unha delimitación das zonas de obra, estando prohibido invadir terreos fóra dos inicialmente previstos. A circulación de maquinaria restrinxirase ás vías.

Dado que nas zonas onde se localizan os apoios 18, 19, 21 e 26 a 29 se atopan hábitats de queirogais húmidos, as drenaxes transversais das vías que lles dan acceso distribuiranse de xeito que non se modi

fique o actual réxime hídrico da zona. Indicarase e xustificarase a localización de tódolos dispositivos de drenaxe previstos e realizarase un control do seu funcionamento, de acordo co requirido no punto 10.7 da presente DIA.

Aproveitarase ó máximo á rede de camiños xa existentes, co fin de minimiza-la construcción de novos tramos de acceso.

Nos movementos de terras equilibrarase ó máximo o volume de desmonte co de terrapléns. No caso de que se produzan sobrantes de terras, estes deberán ser levados a lugar autorizado por órgano competente.

A capa edáfica ou horizonte vexetal do solo será retirada durante os labores de escavación e amoreada en montóns coas seguintes características, dependendo do seu uso final:

-No caso de reutilizala na restauración, os amoreamentos non superarán os dous metros e medio de altura.

-No caso de abandono, a altura máxima permitida destes amoreamentos será de 50 cm e a revexetación deberá ser inmediata.

Os lugares de amoreamento de terra vexetal estarán fóra do tránsito da maquinaria, para evita-la súa compactación, de tal xeito que non perda a súa calidade e poida ser empregada posteriormente nas accións de recuperación. No caso de que pasen máis de seis meses deberán airearse. Así mesmo, a zona de amoreamento debe ter pendentes suaves e escaso valor ambiental.

Tódolos residuos xerados durante a fase de construcción, lixo, entullos, así como os materiais sobrantes de obra serán xestionados de acordo coa súa natureza e retirados cando esta finalice, recibindo o tratamento disposto na lexislación vixente. Neste senso, primarase a reutilización ou reciclaxe fronte a vertedura. Ó finaliza-las obras a zona debe quedar totalmente limpa.

Nos terreos de forte pendente utilizaranse apoios con patas desiguais, segundo se indica no EsIA, co fin de minimiza-lo terreo afectado polas escavacións.

5. Protección da fauna, vexetación e hábitats naturais.

5.1. Sobre a fauna.

Respecto á avifauna, tendo en conta a presencia na zona de especies de gran valor ecolóxico que se poden ver afectadas pola liña, tomaranse as medidas protectoras necesarias para minimiza-lo risco de electrocución e colisión, sendo precisa a presentación dun estudio detallado das medidas a adoptar xunto coa súa xustificación, segundo o requirido no punto 10.6 desta DIA.

Levarase a cabo un programa de vixilancia periódica co fin de comprobar se se producen colisións e/ou electrocucións de aves cos cables do tendido, observando en qué zonas se producen e qué especies

son afectadas. Se se constata afección da avifauna, analizaranse as causas e estableceranse as medidas correctoras oportunas, segundo o indicado no punto 10.6 desta DIA.

5.2. Sobre a vexetación.

Calquera aproveitamento, utilización ou modificación da vexetación de ribeira precisará da preceptiva autorización ou informe, segundo o caso, do Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural, tal como se establece na Lei 7/1992, de pesca fluvial, e no Decreto 130/1997, que desenvolve o Regulamento da antedita lei.

Previamente á corta de arboreado realizarase a correspondente comunicación de corta ou solicitude de autorización, segundo o caso, conforme o disposto no Regulamento de montes.

Será preciso xestiona-la biomasa vexetal eliminada, primando a súa valorización, tendo en conta que non se pode proceder á queima destes restos. No caso de que sexa depositada sobre o terreo, deberá procederse a súa trituración e espallamento homoxéneo, para permitir unha rápida incorporación ó solo e diminuí-lo risco de incendios forestais.

Tódolos terreos afectados, deteriorados ou deforestados pola execución das obras (instalación dos apoios, execución de vías e toxos) deberán ser recuperados mediante revexetación, que restitúa as condicións previas ó inicio das obras e favoreza a reinstalación da vexetación orixinal, segundo se indica no anexo II, «estudio de revexetación».

Aquelas vías que non vaian ser empregadas durante a fase de funcionamento da liña deberanse definir e reintegrar na paisaxe, revexetándoas en toda a súa extensión.

5.3. Sobre os hábitats naturais.

Dado que a liña discorre pola Serra do Candán, onde se atopan hábitats naturais de interese comunitario, como queirogais húmidos e secos e carballeiras principalmente, deberase extrema-las precaucións para non afectar terreos que non sexan estrictamente necesarios, segundo o indicado no punto 4 da DIA.

Así mesmo, a eliminación da vexetación nas diferentes zonas afectadas polas obras reducirase ó estrictamente necesario, efectuándose sempre mediante sistemas de roza, na que prevalezan as raíces, tocos e cañotos, que favorezan a revexetación por especies autóctonas nas diferentes zonas afectadas polas obras, nas que se prevexa unha revexetación inmediata, e métodos de trituración e esparexemento homoxéneo, para permitir unha rápida incorporación ó solo.

Nas zonas de maior calidade forestal deberanse recrecer os apoios, co fin de non ter que abri-la rúa de seguridade, segundo se indica no EsIA.

6. Protección dos valores arqueolóxicos.

Os acesos de nova creación terán que contar cun estudio de impacto arqueolóxico que terá que ser

sometido ó informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, tendo en conta que a apertura deses accesos non poderá afectar ningún elemento do patrimonio cultural.

Establecerase para esta obra unha área de exclusión no contorno dos bens do patrimonio cultural, cun raio de 100 m medidos desde o límite exterior dos bens inventariados (túmulos, mámoas e o conxunto etnográfico de San Domingos). A realización de calquera tipo de obra nestas áreas precisará do informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Evitarase o tránsito de maquinaria nestas áreas.

Previamente ó inicio das obras, elaborarase un proxecto arqueolóxico para tódalas obras que se vaian realizar, que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e que deberá incluír:

-A sinalización, na fase previa ó inicio das obras de construcción da liña, dos elementos do patrimonio cultural (tanto arqueolóxicos como etnográficos) presentes na zona.

-O control e seguimento arqueolóxico de acordo coas medidas correctoras recollidas no estudio de impacto.

-Como anexo ó proxecto arqueolóxico, deberase recoller na cartografía empregada polo persoal da obra, durante o transcurso desta, un plano no que figuren as áreas de risco arqueolóxico, coa localización dos elementos de patrimonio cultural xunto coas súas áreas de exclusión e cautela (obxecto do control e seguimento arqueolóxico). Este plano incorporará os textos necesarios para a súa comprensión.

7. Protección dos valores paisaxísticos.

O conxunto de elementos que configuran a liña, principalmente as vías de acceso de nova creación, os noiros e os terrapléns deberán integrarse na paisaxe.

Así mesmo, tal como se indica no EsIA, nos lugares máis sensibles desde o punto de vista paisaxístico disporase de pantallas vexetais para minimiza-lo impacto visual. Estas pantallas deberán integrarse na paisaxe, polo que deberán estar constituídos por especies autóctonas presentes na zona.

8. Outras medidas.

No referente ó cruzamento entre liñas, atenderase ó disposto no Decreto 3151/1968, do 23 novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas aéreas de alta tensión (BOE 311, do 27 de decembro) e a súa corrección de erros (BOE 58, do 8 de marzo de 1969).

9. Fase de abandono.

Ó longo da fase de abandono, unha vez rematada a vida útil da liña de alta tensión, procederase, con

carácter xeral, á desmontaxe e retirada dos apoios, retirada de calquera tipo de elemento susceptible de provocar contaminación, sendo entregados todos eles a xestor autorizado para a súa correcta eliminación e/ou reciclaxe. Así mesmo, restauraranse os accesos creados para uso exclusivo da liña.

10. Documentación adicional.

Previamente ó inicio das obras, no prazo máximo de tres (3) meses desde a notificación da presente DIA, o promotor presentará perante o órgano substantivo, quen dará traslado a esta dirección xeral para a súa valoración e, se procede, imposición de medidas protectoras e/ou correctoras adicionais que se deriven, tres (3) exemplares da seguinte documentación:

10.1. Plano en planta e dotado de coordenadas UTM, a escala 1/10.000 ou maior detalle, no que se reflicta:

-Traza da L.A.T., indicando os apoios.

-Vías, diferenciando as preexistentes das de nova creación.

-A localización dos amoreamentos de terra vexetal.

-Delimitación das zonas de obra.

-Elementos patrimoniais coñecidos.

10.2. Estudio de detalle da proposta do plan de traballo previsto pola empresa contratada, no que se inclúa a localización de tódalas infraestructuras da liña eléctrica e os límites das zonas de obra. Describirase o percorrido das vías, diferenciando as de nova creación das xa existentes.

10.3. Sobre os accesos, de acordo co punto 6 da declaración, deberase presentar un proxecto arqueolóxico no que se incluirá:

-A sinalización, na fase previa ó inicio das obras de construcción da liña, dos elementos do patrimonio cultural (tanto arqueolóxicos como etnográficos) de acordo co estudio de impacto ambiental.

-O control e seguimento arqueolóxico de acordo coas medidas correctoras recollidas no estudio de impacto.

-Como anexo ó proxecto arqueolóxico, deberase recoller na cartografía empregada polo persoal da obra durante o transcurso desta, un plano no que figuren as áreas de risco arqueolóxico, coa localización dos elementos do patrimonio cultural xunto coas súas áreas de exclusión e cautela (obxecto do control e seguimento arqueolóxico). Este plano incorporará os textos necesarios para a súa comprensión.

10.4. Copia da autorización do proxecto arqueolóxico para a realización do control e seguimento arqueolóxico durante a fase de obras, conforme o indicado no punto 6 da presente DIA. En ningún caso poderán iniciarse as obras sen a autorización expresa da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, respecto do indicado neste punto.

10.5. Estudio de impacto arqueolóxico dos accesos de nova creación, segundo o indicado no punto 6 da presente DIA.

10.6. Definición detallada do programa de vixilancia periódica das posibles colisións e electrocucións da avifauna co tendido, proposto no EsIA, no que se inclúa a descrición e xustificación da metodoloxía empregada no seguimento. Así mesmo, definiranse detalladamente as medidas que se adoptarán para minimiza-lo risco de electrocución e colisión das aves.

10.7. Proposta dun plan para o control do funcionamento da rede de drenaxe na área da L.A.T., tanto na fase de obras como na de funcionamento, en relación ós hábitats naturais presentes na zona, de acordo co indicado no punto 5.3 desta DIA. Indicarase e xustificarase a localización de tódolos dispositivos de drenaxe previstos, reflectíndoos nun plano en planta a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas U.T.M., con indicación dos fluxos de auga e a área drenada en relación ás infraestructuras proxectadas.

Unha vez feita esta avaliación, remitiráselle ó promotor o seu resultado, non podendo proceder ó desenvolvemento do proxecto ata que non conte co informe favorable da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Unha vez emitido informe por esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental sobre o cumprimento do indicado nos puntos anteriores, o promotor comunicará a esta dirección xeral a data de inicio das obras, remitindo, como mínimo 48 horas antes do seu comezo o cronograma estimado de obras, que inclúa tódalas actividades que se van realizar.

11. Programa de Vixilancia e Seguimento Ambiental (PVSA).

O obxecto deste programa é o de garantir ó longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras contempladas no estudio ambiental e das condicións da presente declaración. O programa debe permitir detectar e corrixir diferentes alteracións que non se puidesen prever no estudio ou nas condicións da DIA, permitindo determinar e cuantificar impactos non previsibles e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.

Tendo en conta o anterior, o promotor remitirá a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo, coa periodicidade indicada, tres (3) copias da seguinte documentación:

11.1. Durante a execución das obras, presentarase:

11.1.1. Con carácter mensual:

a) Cronograma de obras debidamente actualizado, con tódalas actividades, resaltando as críticas, debéndose incluí-las medidas protectoras e/ou correctoras de carácter ambiental.

11.1.2. Con carácter trimestral:

b) Informe, acompañado de reportaxe fotográfica, onde se reflicta o desenvolvemento dos traballos, recollendo, así mesmo, as incidencias, imprevistos e continxencias acontecidas en relación a tódolos aspectos incluídos nesta DIA. Nas fotografías deberase indicar a data e hora de toma. Así mesmo, indicarase no plano requirido no punto 11.1.2.c. o lugar onde se realizaron as fotografías.

c) Plano en planta, dotado de coordenadas U.T.M., a escala 1:10.000 ou maior detalle, onde se reflicta o avance dos traballos e porcentaxe de execución das obras respecto ó total, referida ós distintos elementos que conforman o proxecto: vías, implantación de apoios e cunetas, así como unha lista da localización dos apoios, en coordenadas U.T.M.

11.2. Ó final das obras, comunicarase a data prevista para a posta en funcionamento da liña e presentarase un informe de fin de obras co seguinte contido mínimo:

a) Definición dos imprevistos e continxencias acontecidas durante a realización das obras, en relación a tódolos aspectos incluídos nesta DIA, e descrición detallada do estado final da área afectada.

b) Plano en planta, dotado de coordenadas U.T.M., a escala 1:10.000 ou maior detalle, onde se reflictan tódalas accións de obra realizadas e os distintos elementos implantados, así como as zonas onde se realizaron medidas protectoras e/ou correctoras de carácter ambiental.

c) Documentación acreditativa da entrega a xestor autorizado dos residuos xerados.

d) Reportaxe fotográfica, indicando nas fotografías a data e hora de toma, na que se recollan os aspectos máis salientables da actuación: zonas nas que se implantaron os apoios, estado das vías de acceso e servicio á liña eléctrica, estado de limpeza da área. Así mesmo, indicarase no plano requirido no punto 11.2.b. o lugar onde se realizaron as fotografías.

11.3. Informe de seguimento ambiental, de periodicidade semestral contando desde o inicio da posta en servicio, durante os dous primeiros anos desta. Este informe incluirá, como mínimo, os seguintes contidos:

a) Resultado do seguimento das posibles afeccións da avifauna, conforme o indicado no punto 5.1 da DIA.

b) Informe, acompañado de reportaxe fotográfica, indicando nas fotografías a data e hora de toma, no que se recollan os resultados da aplicación do plan de recuperación de solos e vexetación presentado polo promotor, incluíndo os avances no proceso de rexeneración da cuberta vexetal en tódalas zonas afectadas polas obras e aquelas nas que se aplicasen medidas de protección contra a erosión, e, se é o caso, integración paisaxística. Así mesmo, indicarase nun plano como o requirido no punto 11.2.b. o lugar onde se realizaron as fotografías.

Á vista dos resultados obtidos durante os dous primeiros anos de explotación da liña, establecerase a periodicidade e contidos deste informe de seguimento ambiental.

11.4. Informe ambiental previo ó abandono: no prazo de seis (6) meses previos á finalización da explotación da L.A.T. remitirase un programa de abandono das instalacións, que conterá as accións previstas polo promotor en cumprimento do punto 9 da presente declaración de impacto ambiental.

11.5. Informe posterior ó abandono: no prazo máximo de dous (2) meses contados desde o fin das accións para o desmantelamento e abandono da instalación, enviarase informe que conteña a descrición detallada das accións que teñan carácter ambiental, especialmente no relativo a residuos perigosos e restauración das superficies afectadas.

No caso de que se detecten, como resultado deste seguimento en calquera das súas fases, alteracións que superen os limiares establecidos nesta declaración ou na lexislación aplicable, comunicaranse inmediatamente a esta dirección xeral e proporanse as medidas correctoras precisas para corrixilas.

12. Condicións adicionais.

12.1. Para efectos de seguimento da presente declaración, o órgano substantivo comunicará a este órgano ambiental a data de notificación da DIA ó promotor.

12.2. As condicións sinaladas nesta declaración de impacto ambiental (DIA) son de obrigado cumprimento para a empresa promotora. Nembargantes, o promotor poderá solicitar ó órgano ambiental a revisión das medidas indicadas, co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación, ou implicasen modificacións importantes na actividade, e sempre e cando as novas medidas propostas permitan acada-los obxectivos e fins que se indican.

Nesta circunstancia, o promotor realizará a solicitude á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo, achegando documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Esta solicitude remitirase no prazo máximo dun (1) mes despois de serlle notificada a presente DIA polo órgano substantivo. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental procederá á súa avaliación, comunicando o acordo adoptado ó promotor, quen non poderá comeza-las obras antes de contar cun comunicado desta dirección xeral para o efecto.

12.3. Co obxecto de acada-la máxima coordinación e eficacia no cumprimento da presente declaración, o promotor deberá designar un responsable do control deste, notificando o seu nomeamento ó órgano substantivo, quen o comunicará ó órgano ambiental.

12.4. Calquera cambio que se pretenda introducir no proxecto «L.A.T. parque eólico de Ameixei

ras-parque eólico de Masgalán. Marzo de 2000» ou na restante documentación avaliada, deberá ser notificado previamente á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo, quen o avaliará e decidirá sobre a súa aceptación, comunicando se procede ou non a modificación da declaración ou a iniciación dun novo trámite de avaliación ambiental.

12.5. Previamente ó comezo das obras, o promotor deberá depositar un aval para garanti-lo cumprimento das medidas protectoras e para facer fronte ós posibles danos que se produzan no medio. Proponse como importe do aval a cantidade de 13.660.401 pesetas (trece millóns seiscentas sesenta mil catrocentas unha pesetas), que corresponde ó orzamento proposto polo promotor para a revexetación e o plan de vixilancia ambiental.

12.6. O órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá establecer, en calquera momento e só para os efectos ambientais, condicións adicionais á presente declaración en función dos resultados que se obteñan tanto no desenvolvemento das obras como da explotación, ou ante a manifestación de calquera tipo de impacto non contemplado actualmente.

12.7. Se, unha vez emitida esta declaración, se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o ambiente, o órgano substantivo, por propia iniciativa ou por solicitude da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, poderá suspender cautelarmente a actividade ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos, e ata que estes se corrixan.

12.8. Así mesmo, o incumprimento total ou parcial por parte da empresa promotora, das condicións impostas nesta DIA, poderá ser causa suficiente para proceder á solicitude de peche cautelar e adopta-las medidas oportunas en cumprimento da lexislación vixente.

12.9. A presente resolución, adoptada por esta dirección xeral, non exime o promotor de solicitar tódolos permisos necesarios ós organismos competentes, incluídos, se é o caso, os da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural e o Plan Xeral de Ordenación Urbana ou Normas Subsidiarias.

12.10. O proxecto de referencia terase que someter á autorización do órgano urbanístico competente desta Administración autonómica, de acordo coa Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

12.11. O promotor queda obrigado a cumprir tódalas disposicións que se dicten con posterioridade, en relación con este tipo de actividades.

ANEXO I

Resumo do proxecto

O proxecto consiste na instalación dunha liña eléctrica de alta tensión 220 kV, aérea, para dar saída á enerxía producida no parque eólico Masga

lán-Campo do Coco a través do parque eólico Ameixeiras-Testeiros, cunha lonxitude total duns 9.740 m (5.844 m transcorren polo concello de Forcarei, 2.435 m polo de Lalín e 1.461 m polo de Silleda). Desde o enlace coa L.A.T. P.E. Ameixeiras-P.E. Cando, no seu apoio 11, continúa, en dobre circuíto, ata o parque eólico de Ameixeiras-Testeiros. Os apoios proxectados son metálicos de celosía, sobre zapatas de formigón, con illadores e conductores de electricidade de terra e fibra óptica.

O tendido iníciase na subestación do parque eólico de Masgalán, situado no noroeste da provincia de Pontevedra, no lugar chamado Eira das Bestas, partindo en dirección sur sueste ata Pena do Castrillón, onde toma dirección sur ata o norte de Malpaso, onde retoma a dirección sur sueste ata chegar a Malvaredos, onde enlaza coa L.A.T. P.E. Ameixeiras-P.E. Cando á altura do apoio 11, onde toma dirección leste ata o sur do monte Castelón, onde toma dirección este sureste ata A Ágoa, onde se atopa a subestación do P.E. Ameixeiras-Testeiros.

A liña discorre polos concellos de Lalín, Forcarei e Silleda, na provincia de Pontevedra.

As medidas protectoras e correctoras propostas no EsIA inclúen as seguintes:

-Evita-la realización das operacións de limpeza e mantemento de vehículos e maquinaria en zona de obras.

-Limita-las operacións e actividades que poidan emitir po á atmosfera cando o vento sexa inferior a 10 km/h, e nas operacións de carga e descarga efectuar unha lixeira rega.

-Adecuado mantemento técnico da maquinaria e vehículos.

-Xestión de residuos en tódalas fases da obra e funcionamento de acordo coa lexislación vixente.

-Estudio detallado da vexetación antes da corta das árbores, para seguir uns criterios de corta axeitados.

-Minimiza-la lonxitude de novos accesos.

-Minimiza-la intervención sobre a cuberta edáfica.

-Minimización da intervención sobre os hábitats naturais de calidade.

-Colocación de drenaxes.

-Os accesos non necesarios na fase de explotación restauraranse.

-Asistencia técnica ambiental e arqueolóxica na fase de replanteo.

-Utilización de apoios con patas desiguais.

-Recrecemento de apoios.

-Restauración de tódalas superficies afectadas polas obras.

-Balizamento de cables.

-Reposición e/ou indemnización polos danos causados.

-Utilización de pantallas vexetais para a liña eléctrica.

-Instalación de salvapaxaros.

-Utilización de medidas antielectrocución de aves.

-Balizamento previo dos elementos a protexer.

-Utilización de posta a terra ó longo da liña e nos apoios metálicos.

-Información veciñal.

Tamén se inclúe un programa de vixilancia ambiental.

ANEXO II

Resultados das consultas a organismos

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emite informe da «Liña de alta tensión 220 kV parque eólico de Ameixeiras-parque eólico de Masgalán», no que conclúe:

1. De acordo co EIA, os accesos de nova creación terán que contar cun estudio de impacto das ditas obras, que ser sometido a informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, tendo en conta que a apertura dos accesos non poderá afectar ningún elemento do patrimonio cultural.

2. A fin de evitar posibles afeccións, establecerase para esta obra unha área de exclusión no contorno dos bens do patrimonio cultural, cun raio de 100 m medidos desde o límite exterior do ben inventariado. A realización de calquera tipo de obra nestas áreas precisará o informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Evitarase o tránsito de maquinaria nestas áreas.

3. Previamente ó inicio das obras, elaborarase un proxecto arqueolóxico, para tódalas obras que se realicen, que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, no que se incluirá:

-A sinalización, na fase previa ó inicio das obras de construcción da liña, dos elementos do patrimonio cultural (tanto arqueolóxicos como etnográficos) de acordo co estudio de impacto ambiental.

-O control e seguimento arqueolóxico de acordo coas medidas correctoras recollidas no estudio de impacto.

-Como anexo ó proxecto arqueolóxico deberase recoller na cartografía empregada polo persoal da obra durante o transcurso desta un plano no que figuran as áreas de risco arqueolóxico, coa localización dos elementos de patrimonio cultural xunto coas súas áreas de exclusión e cautela (obxecto do control e seguimento arqueolóxico). Este plano incorporará os textos necesarios para a súa comprensión.

4. Con base nos resultados das actuacións arqueolóxicas, en cada unha das fases da obra a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural decidirá sobre a con

veniencia de establecer outras medidas de protección. Terase en conta que na fase de replanteo se revisarán os impactos e se valorará a aplicación das correspondentes medidas correctoras.

5. Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes.

A Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural emite un informe conxunto sobre os efectos ambientais de distintas actuacións no espacio natural Serra do Candán, promovidas por Gamesa Energía, entre as que se atopa a L.A.T. de referencia, indicando o seguinte:

Os distintos proxectos que se pretenden efectuar consisten nunha serie de parques eólicos e liñas de alta tensión. A documentación sobre a que se emite informe está integrada por:

Parque eólico de Masgalán-Campo do Coco. Estudio de impacto ambiental.

Parque eólico de Ameixeiras-Testeiro. Estudio de impacto ambiental.

Estudio de impacto ambiental. L.A.T. 220 kV P.E. Ameixeiras-P.E. Masgalán.

Estudio de impacto ambiental. L.A.T. 220 kV P.E. Ameixeiras-P.E. Cando.

Ademais entregouse un estudio que complementa a información relativa ó medio biótico na zona de actuación, denominado «Estudio faunístico e cartografía de vexetación da Serra de Candán».

As accións previstas no proxecto recaen, total ou parcialmente, segundo o caso, na proposta de LIC denominada Serra do Candán. Esta proposta atópase, na actualidade, no rexistro xeral de espacios naturais, establecido así na Orde do 28 de outubro de 1999.

De conformidade con ela, nos espacios nela incluídos poderán seguir levándose a cabo de maneira ordenada os usos e actividades tradicionais; para o resto requirirase informe preceptivo e vinculante da Consellería de Medio Ambiente.

Dos parques previstos, así como da liña para a evacuación de enerxía xerada obsérvase que, en case a súa totalidade, se inclúen dentro do espacio natural, ocupando unha grande proporción deste.

Esta inclusión produciuse como consecuencia de ser unha zona onde se encravan importantes valores ambientais, así establecidos na Directiva Hábitat, 92/43/CEE, a Directiva Aves, 79/409/CEE, así como nas transposicións destas á lexislación nacional.

Dentro dos valores ambientais significativos detectados son de destacar numerosas especies de aves, mamíferos, anfibios, réptiles, peixes, invertebrados, plantas así como numerosos hábitats, estes últimos interveñen como elemento fundamental no ciclo vital dos anteriores.

A pesar de seren numerosas as especies de flora e fauna que presentan un mesmo rango de protección

legal, a súa importancia na área veríase ó nesgo se só se empregase este criterio para valoralas. Débese ter en conta, ademais, a súa abundancia relativa e fraxilidade ante as accións previstas.

Pasa a seguir a expoñe-los elementos do medio con maior susceptibilidade, realizando unha comparación entre a información que a empresa promotora elaborou, denominada «Estudio faunístico e cartografía de vexetación da Serra de Candán», coa dispoñible na administración. As conclusións coinciden en ámbalas dúas fontes de información, no que respecta á avifauna de maior interese: bufo real (Bubo bubo), falcón peregrino (Falco peregrinus), avetarda pequena (Tetrax tetrax), aguia real (Aquila chrysaetos) e tartaraña (Circus pygargus).

Unha vez expostos os principais valores ecolóxicos da área, cabe face-las seguintes consideracións, co fin de minimizar no posible os impactos negativos, e sempre que se estime finalmente a implantación destes proxectos:

1. Relativamente á rede hidrográfica cabe facer unha serie de puntualizacións e propostas que seguir:

É de interese que se faga un plano da rede hidrográfica natural e artificial actual, tanto permanente como estacional. Ademais representaranse, en planta, as distintas zonas de afección da rede; detallando nos correspondentes planos as características técnicas do deseño das accións (plantas, alzados e perfís). Tamén se sinalarán os factores do medio afectados, tanto directa como indirectamente (inventario cualitativo e cuantitativo dos factores ambientais afectados e medidas adoptadas para corrixir, compensar ou eliminar a afección destes).

Por outra banda, evitarase a vertedura de substancias contaminantes ós cursos de auga (cementos, entullos, aceites...). En xeral non poderá verse afectada a calidade das augas nas súas características físico-químicas e bióticas, cumprindo para iso o considerado na lexislación vixente de conformidade co disposto na Directiva 78/659/CEE, relativa á calidade das augas continentais, no Real decreto 927/1988, polo que se aproba o Regulamento da administración pública da auga e da planificación hidrolóxica, atopándose tamén recollido no Decreto 130/1997, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais.

En relación co tema terase en conta:

1. Non se acumularán nos cursos naturais nin nas zonas de servidume, terra, entullos, material sobrante da construcción ou calquera outro tipo de substancias contaminantes que poidan incorporarse ós cursos de auga por escorregas ou crecidas do caudal.

2. Evitarase no posible o arrastre de sólidos en suspensión.

3. Prohíbese o lavado de materiais e utensilios nos ríos ou regatos.

4. Vixiarase con especial atención os posibles procesos erosivos ocasionados polas drenaxes, tomándose as medidas oportunas para solucionar posibles imprevisións durante a planificación ou execución, facendo un seguimento periódico no plan de vixilancia e durante a vida do parque.

Subliñar a necesidade de non afecta-los cursos dos regatos existentes na parcela, nin nas súas zonas de servidume e policía sen a previa autorización do organismo de bacía. No caso de que esta afección atinxa os ecosistemas fluviais, requerirase informe preceptivo desta dirección xeral segundo o disposto no artigo 77.3º do Decreto 130/1997.

2. No caso de que se precise facer corta de arboreda deberá terse en conta o seguinte:

Onde se pretenda efectuar corta de especies arbóreas debe terse en conta o disposto no Regulamento de montes, co cal se terá que face-la correspondente comunicación de corta ou solicitude de autorización, segundo o caso. No suposto de afectarse a vexetación de ribeira terase que solicitar a correspondente autorización ó Servicio Provincial de M.A.N, tal e como establece o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais.

3. Relativamente á rede viaria dos parques, son de destacar unha serie de carencias, tal é así que non se refiren, con claridade, cales son as vías de nova execución, as vías a acondicionar, nin aqueles que só se van a usar nas condicións actuais, así como as vías de acceso. Tampouco se fai referencia ás modificacións que se xerarán no sistema hidrolóxico nin as medidas correctoras previstas para a súa paliación. É de suma importancia o desenvolvemento do parágrafo anterior, xa que un dos problemas fundamentais que se vai xerar pola construcción da obra é a modificación que se produce na escorrega subsuperficial e superficial, coas seguintes consecuencias probables:

-Diminución da achega de auga á cuberta vexetal que se sitúa inmediatamente por debaixo do trazado lonxitudinal, o que se traduce nunha maior seca con posibles consecuencias para a vexetación (cambio de especies, maior estrés e posibilidade de ataque de pragas e enfermidades...).

-Á infraestructura viaria supónselle a implementación dunha rede de drenaxe lonxitudinal e transversal, que pode presentar efectos negativos no medio se o seu deseño non parte do estudio dos parámetros axeitados. Dentro dos posibles problemas están:

* Concentración dun caudal en réxime laminar en puntos determinados, drenaxes, podéndose inducir fenómenos erosivos, por seren zonas non afeitas a soportar tales caudais. Ademais, pódese xera-la aparición de procesos de asolagamento ou deposición en zonas susceptibles a estes e non afeitos a soporta-los na situación sen proxecto.

* As gabias, se non presentan un deseño axeitado, poden transportar auga dunhas microbacías a outras, xerándose unha descompensación nos caudais naturais e habituais en cada unha delas.

* Debe terse en conta nos cálculos e no deseño da rede artificial de drenaxe que a implantación da vía vai xerar unha diminución do tempo de concentración en cada bacía, como consecuencia dun firme desprovisto da permeabilidade axeitada e libre de cuberta vexetal, ademais da dotación dunha rede de drenaxe artificial que incrementa a velocidade de incorporación da auga á rede hidrográfica. Tanto este punto como o anterior, en casos puntuais, poden dar lugar a asolagamento por enchentas, en áreas non afeitas a soportalos en condicións sen proxecto; incluso as enchentas extraordinarias diminuirán considerablemente o seu período de retorno.

A documentación presentada non contén referencia escrita nin gráfica dos temas expostos neste punto, polo que propoñemos o estudio dos parámetros precisos do medio de xeito que se poida dispoñer dunha rede de drenaxe libre dos problemas aquí sinalados.

A modo de síntese, manifestamos que se presentará unha distribución da rede de drenaxe (gabias e bueiros); lembremos que esta deberá estar perfectamente planificada, enfocando o deseño de xeito que a auga evacuada en cada drenaxe se corresponda coa mesma microbacía na cal se efectuou a captación. Sempre é mellor que o número destas sexa elevado (lémbrese que os camiños son elementos lineais que cortan transversalmente o paso da auga). Esta limitación implica que na parte baixa da ladeira atravesada pola pista a achega de auga de escorrega se reduce de xeito importante. Débense sopesa-las implicacións que isto pode xerar no ecosistema. Por outra banda e seguindo co tema de saída das augas das drenaxes débese ter en conta que esta se efectuará de xeito que non se produzan fenómenos erosivos, de asolagamento ou deposición, sempre e cando non existisen antes da actuación referida. En todo caso non deben obviarse os cálculos analíticos e empíricos para os parámetros que sexa posible e

procedente, considerando o exposto ó longo deste punto.

4. Toda a terra vexetal susceptible de ser degradada deberá entrar nun plan de recuperación de solos. Esta proposta desenvolverase axeitadamente, aparecendo no plan perfectamente delimitadas as actuacións encamiñadas á preservación e xestión do recurso: medidas de loita contra a erosión, ciclos de remoción, destino previsto. Ademais do anterior, deberase concretar aspectos como: localización, volume e extensión dos amoreamentos, así como a cronoloxía prevista.

5. Non se poderá depositar nin acumular na área do parque nin en terreos anexos ningún tipo de refugallos sólidos. No caso de empregarse canteiras abandonadas ou outros lugares de amoreamento debe indicarse cáles, ademais de como se pensan depositar e que actuacións se implementarán para acon

dicionar estas zonas unha vez rematado o depósito de xeito que se consiga unha boa integración no medio. En calquera caso, tanto os residuos producidos na fase de construcción como os que proveñan dos labores de mantemento ou outros deberanse recoller e xestionar conforme a súa natureza e de acordo co establecido na lexislación vixente.

6. Como se recalcou na introducción, as aves son un dos elementos máis singulares e fráxiles ás actuacións previstas. Sen embargo, hai unha serie de carencias ou fallas de desenvolvemento dunha serie de aspectos:

-Previsión de impactos negativos, así como as medidas correctoras, protectoras e/ou compensatorias que se van adoptar.

-Seguimento destas poboacións unha vez efectuadas as actuacións no correspondente plan de vixilancia.

Estimamos pertinente que se cubran as carencias anteriores, considerando os seguintes mínimos:

-Presentación dun plan de seguimento e vixilancia ambiental que se centre na mortalidade de aves provocada por colisión e electrocución. Plan que deberá presentar detalladamente os procedementos de mostraxe e a metodoloxía empregada, incluíndo: rexistro de aves mortas por colisión e electrocución; estimación de índices de colisión; frecuencia de colisións; variación estacional da frecuencia de colisións; estudio de voo e densidades de aves vivas; frecuencias de voo; variación horaria da frecuencia de voos; variación estacional da frecuencia de voos. O estudio deberase centrar, sen esquece-las outras, sobre as aves máis importantes arriba sinaladas.

-Para aquelas especies que se especificaron na introducción deberá terse en conta o desenvolvemento dos seguintes aspectos: estimación da perda de individuos que garanta a sostibilidade en función da evolución prevista das poboacións; articulación no tempo, de ser preciso, das accións de conservación.

-Proposta ben definida das medidas correctoras, protectoras e compensatorias que se adoptarán, centrándose fundamentalmente nas especies máis importantes. Medidas que deberán considera-los seguintes puntos: reducción da colisión e electrocución nos tendidos eléctricos; reducción da colisión nos aeroxeradores; reducción de electrocución de aves nos apoios do tendido eléctrico, prevención e corrección das nidificacións na rede de transporte.

É de sumo interese que se durante o plan de vixilancia se detecta unha mortalidade temporal de migratorias se implemente un período de parada dos aeroxeradores.

De tódolos xeitos, coa finalidade de non fragmentar en exceso as áreas de campeo das principais especies de aves, estímase a conveniencia de situa-los seguintes aeroxeradores: de R-7 a R-8; de R-2 a R-6 (Masgalán-Campo do Coco), de A-38 a A-44 (Ameixeiras-Testeiros).

7. No tocante ás medidas correctoras e protectoras propostas, cabe adxectivalas como pouco técnicas, tanto no relativo ás múltiples alternativas de execución que presenta o seu baixo grao de definición, como unha formulación que non imprime un compromiso para a súa toma en consideración, nin por parte do promotor nin do contratista.

O EsIA considérase como un anexo do proxecto técnico que pondera o impacto deste no contorno. En función deste, pódese estima-la incompatibilidade ou compatibilidade do proxecto previsto. Neste último caso, o máis probable é que se deban establecer unhas medidas protectoras, correctoras e/ou compensatorias, sendo formuladas e esbozadas para a continuación pasar a integrarse e desenvolverse nos distintos documentos que contén o proxecto.

De acordo con isto, as medidas correctoras e protectoras deben analizarse, xustificarse e argumentarse no estudio ambiental; sen embargo, o seu desenvolvemento e execución se fará no correspondente proxecto técnico. Propoñemos que, co fin de axiliza-la aplicación deste requisito, e a pesar do cumprimento do punto precedente, se inclúa nun anexo do proxecto técnico o desenvolvemento e aplicación das actuacións ambientais. Pode definirse este como «anexo de integración ambiental», e formalmente organizarase como un proxecto de execución de obras ou outras actuacións: memoria, planos, prego de prescricións técnicas e orzamento. Lembremos que aquelas medidas protectoras e correctoras que se desprendan do presente informe deberán cumprir o disposto neste punto.

8. Non se poderá efectuar ningunha actividade que non veña recollida no EsIA ou que non sexa proposta na declaración de impacto ambiental. Por outra banda, todas aquelas medidas protectoras ou correctoras propostas no EsIA deberán ser consideradas na obra, así como o disposto no plan de vixilancia ambiental.

No caso de que se estime a súa execución, cóidase de interese a consideración dos puntos deste informe, co obxectivo dunha meirande integración da actividade no contorno.

A Dirección Xeral de Industria emite informe, acompañado dunha proposta de condicionamento ambiental que inclúe os seguintes puntos:

-Ámbito territorial da actuación.

-Protección do solo.

-Protección da fauna e flora.

-Protección de valores arqueolóxicos e etnográficos.

-Outras medidas.

-Recuperación situación orixinal tras fase de explotación.

-Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

-Condicións adicionais.

-Condicións específicas.

-Condicións xerais.

O organismo Augas de Galicia emite informe no que conclúe:

1. Obras proxectadas sobre o dominio público hidráulico e na súa zona de influencia:

O cruzamento de correntes superficiais de augas públicas, por liñas eléctricas ou de outro tipo, necesita autorización previa de Augas de Galicia, igual que os accesos en zonas de policía.

O artigo 6 do Regulamento do dominio público hidráulico define, entre ámbalas marxes dos ríos, unha zona de servidume de 5 m e unha zona de policía de leito de 100 m, nas que se condicionarán as actividades que se desenvolvan e o uso do solo.

Coas obras non se interromperá a zona de servidume, debéndose deixar libre para os fins descritos no artigo 7 do Regulamento do dominio público hidráulico.

2. Calidade das augas superficiais e subterráneas:

Prohíbese a vertedura directa ou indirecta de augas e productos residuais, susceptibles de contamina-las augas continentais ou calquera outro elemento do dominio público hidráulico, salvo que conte coa debida autorización, polo que na fase de obras hai que te-las precaucións necesarias para evita-la contaminación.

3. Utilización das augas superficiais ou subterráneas:

A utilización durante a fase de construcción ou de explotación de augas públicas precisa a concesión do organismo competente en materia de augas, xa sexan augas procedentes de pozos, mananciais, ríos ou augas pluviais, de acordo co artigo 57 da Lei de augas.

A Dirección Xeral de Obras Públicas no seu informe indica o seguinte:

-A LAT non afecta a ningunha estrada da rede autonómica.

-A realización deste proxecto deberá respecta-la Lei 4/1994, de estradas de Galicia, en concreto no que atinxe o uso e defensa destas.

-As obras, edificacións, cerramentos e accesos que afecten os terreos comprendidos na área de influencia das estradas requirirán, en todo caso, expresa autorización do órgano competente da Administración titular da estrada.

ANEXO III

Resumo das alegacións recibidas

-O Concello de Lalín emite un informe no que se opon á instalación da L.A.T. que une os parques eólicos sen contar cun plan especial de protección para conservación e mellora de espacios naturais da Serra do Candán e Sobreiras do río Arnego.

-A Comunidade de Montes da parroquia de Zobra expón:

1. As serras de Candán e Testeiros, cos picos de San Bieito do Candán, Coco, Testeiros e Uceiro, forman parte do macizo central de Galicia, comprendido entre as provincias de Ourense e Pontevedra, estando a parte desta última provincia catalogada pola Xunta de Galicia para a súa inclusión na Rede Europea Natura 2000.

2. A liña de alta tensión pasa pola área da ponte, tamén área tradicional de baño dos veciños de Zobra, estando demostrado por estudios que os campos electromagnéticos creados no contorno das liñas pode producir distintos tipos de cancro.

3. A caza quedará hipotecada durante trinta anos, porque o parque creará unha descontinuidade do territorio, impedindo a constitución dun TECOR.

4. O parque truncará o desenvolvemento do turismo rural da zona.

5. Na actualidade hai aprobado un proxecto de repoboación forestal de 50 ha, por un importe de 26 millóns de pesetas.

6. A apicultura verase afectada pola liña eléctrica, diminuíndo a cantidade e a calidade do mel.

7. O impacto visual deberá ser avaliado e compensado.

8. Débese avaliar o impacto que se vai producir sobre as augas e mananciais que abastecen os lugares da parroquia.

9. Desde que se instalou a L.A.T. que cruza o Candán electrocutouse a última parella de moucho real que vivía nas devesas do Ameixedo.

10. Non se ten en conta a fragmentación do territorio cara ós propietarios.

11. Os pequenos propietarios non lles compensa defenderse, polo que a empresa quedará con predios sen que o propietario interveña no procedemento.

12. No tramo correspondente ós límites co Concello de Forcarei, a Consellería de Industria debe solicitar información ó Xurado de Montes, concellos e Consellería de Política Territorial, sobre os expedientes de clasificación e deslindamento dos concellos de Lalín e Forcarei.

13. A delimitación con Moa que fai a empresa non é polas Penas de Quintáns, de acordo cunha resolución da Dirección Xeral de Montes.

14. Existen erros moi importantes de localización e medidas de parcelas afectadas e a relación con particulares.

Polo que se solicita a paralización inmediata do expediente e a denegación da solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución do parque eólico e da L.A.T.

-Mª Enriqueta Viéitez Cendón en representación da asociación de veciños de Santa Bárbara, expón as seguintes alegacións:

1. A traza da liña atópase dentro dun espacio protexido e preto de vivendas.

2. Unha liña de alta tensión pode producir efectos perniciosos sobre a saúde humana.

3. A traza proposta vulnera o artigo 45 da Constitución, ben como a normativa relativa a espacios naturais.

4. A liña non é de interese social nin de utilidade pública, porque beneficia claramente e exclusivamente a empresa promotora.

Polo que se solicita a denegación da autorización para a alternativa proposta pola empresa promotora.

Xúntase informe da Universidade de Santiago de Compostela sobre exposición a campos electromagnéticos.

-J. Pérez Bértolo, J. Mª Cerdeira Troitiño, F. Pérez Otero, E. Quinta Gulías, E. Viéitez Cendón, L. Otero Álvarez, J. Acebedo Viéitez e Ramón Sáez Sieiro, todos eles en condición de presidentes de distintas CMVMC dos concellos de Forcarei e Beariz, presentan as seguintes alegacións:

1. A traza da liña discorre por un espacio proposto para a súa inclusión na Rede Natura 2000, polo que debe rexerse pola regulación de espacios naturais en réxime de protección xeral.

2. Co proxecto vulnérase a finalidade do Decreto 327/1991, así como a Orde do 28 de outubro de 1999 e a regulación de espacios naturais protexidos.

Polo exposto solicítase que se denegue a autorización para a alternativa proposta pola empresa.