Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: reelectrificación do Trobo.
Situación: A Fonsagrada.
Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV en conductor LA-56 de 348 m de lonxitude sobre apoios de formigón. Centro de transformación de 50 kVA e relación de transformación
20.000/380-220 V. Liña de baixa tensión de 145 m de lonxitude en conductor R.Z.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Coercio no prazo de un mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquer outro recurso que estime pertinente o seu dereito.
Lugo, 1 de marzo de 2001.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo