Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 19 de abril de 2001 Páx. 5.150

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de limpezas de edificios e locais de Ourense para o ano 2001.

Visto o texto do convenio colectivo de limpezas de edificios e locais de Ourense para o ano 2001 (código de convenio nº 3200225), con entrada nesta delegación provincial o día 21-2-2001, subscrito con data do 14-2-2001, dunha parte, pola Asociación Provincial de Empresarios de Limpezas de Edificios e Locais de Ourense, en representación da parte empresarial, e doutra, polas centrais sindicais CIG, CC.OO. e a UGT, en representación dos traballadores do sector, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo e demais normas aplicables de dereito común, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación

provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceira.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 2 de marzo de 2001.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo de limpezas de edificios e locais de Ourense para el 2001

Artigo 1º.-Ámbito territorial, funcional e persoal.

No seu ámbito territorial, funcional e persoal, o presente convenio colectivo afectaralles ás empresas establecidas ou que se poidan establecer en Ourense e a súa provincia, xa sexan naturais ou xurídicas, que se dediquen á actividade de limpeza de edificios e locais.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Están incluídos, no ámbito de aplicación deste convenio, tódolos traballadores e traballadoras dependentes destas empresas, así como aquelas persoas que, de acordo coa ordenanza vixente, poidan saír do seu ámbito.

Artigo 3º.-Vixencia e duración.

O presente convenio comezará a rexer, para tódolos efectos, a partir do 1 de xaneiro de 2001; rematará o 31 de decembro de 2001 e manterá a súa vixencia mentres non sexa substituído por outro convenio entre as partes, se ben, o presente convenio comezará a súa negociación no mes de novembro do devandito ano, data na que se constituirá a comisión negociadora. En calquera caso, o seu articulado quedará vixente ata a substitución por outro convenio.

O presente convenio prorrogarase tacitamente, de ano en ano, se calquera das partes non o denuncia con 3 meses de antelación ó remate da súa vixencia. A fórmula de denuncia será por medio de comunicación da parte denunciante á outra parte, na que se expresará o desexo de denunciar e negociar un novo convenio.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións económicas de calquera índole contidas no presente convenio teñen o carácter de mínimas, polo que os pactos, cláusulas e situacións máis beneficiosas verbo do presente convenio subsistirán para aqueles que as viñan gozando, pero sen que poida interpretarse que sobre as chamadas condicións máis beneficiosas tivese que computarse a mellora económica que supón o presente convenio.

Artigo 5º.-Antigüidade.

Os traballadores fixos comprendidos no ámbito de aplicación deste convenio gozarán, como comple

mento persoal de antigüidade, dun aumento periódico por cada 3 anos de servicios prestados na mesma empresa ou centro de traballo, na contía do 5% do salario base por cada trienio.

Artigo 6º.-Pagas extraordinarias.

O persoal comprendido no presente convenio percibirá 3 pagas extraordinarias, unha en xullo, outra en decembro e outra de beneficios, pagadoira no mes de marzo, na contía, cada unha delas, de 30 días de salario base máis antigüidade. O cálculo das mencionadas pagas efectuarase por sextas ou doceavas partes, segundo o teña determinado cada empresa.

O período de IT en calquera das súas modalidades non influirá no importe daquelas, que se cobrarán íntegras, con independencia do tempo no que o traballador estea de baixa.

Artigo 7º.-Gratificación de transporte.

En compensación dos gastos de transporte, xurdidos polo presente convenio, terán dereito a 100 pesetas por cada día efectivo de traballo. A partir de 1999, esta gratificación incrementarase na mesma porcentaxe que o incremento salarial de cada ano, se ben o dito incremento pasará á gratificación de actividade.

Artigo 8º.-Gratificación de actividade.

Establécese unha gratificación de actividade para tódolos traballadores do sector, que se fixa na contía de 225 pesetas por día efectivo de traballo.

Artigo 9º.-Gratificación de toxicidade, perigosidade e nocturnidade.

Estas gratificacións aboaranse na contía que en cada caso estableza a lexislación vixente nestas materias.

Artigo 10º.-Xornada de traballo.

A xornada laboral será de 40 horas semanais, entendéndose como traballados os 20 minutos de bocadillo naquelas empresas que os viñesen gozando.

Artigo 11º.-Festivos.

O traballador que realice a súa xornada laboral en domingo ou festivo, de mutuo acordo coa empresa, poderá:

a) Gozar, en compensación, de 1 día de descanso semanal.

b) Percibi-lo aboamento correspondente, segundo a normativa laboral vixente.

c) Acumulárlle-lo descanso ós días de vacacións regulamentarias.

Consideraranse festivos, para tódolos efectos, os días seguintes:

-Para os traballadores con xornada de luns a sábado: 14 de abril, 26 de maio, 15 de setembro, e o 7 , 24 e 31 de decembro.

Para aqueles traballadores con xornada de luns a venres: 18 de maio, 2 de novembro e o 7, 24 e 31 de decembro. Se na data de publicación do convenio no BOP, algún dos días libres establecidos fosen anteriores á mencionada publicación, eses días substituiranse por outros fixados de común acordo entre empresa e traballadores.

As devanditas datas poderán ser modificadas de común acordo entre empresa e traballadores.

Artigo 12º.-Horas extraordinarias.

Durante a vixencia deste convenio non se farán horas extraordinarias de carácter normal, non obstante poderán facerse horas extraordinarias debidas a forza maior e as de carácter estructural.

Consideraranse horas extraordinarias as motivadas por forza maior, as traballadas e empregadas na reparación de sinistros ou as que se fagan para previr tales sinistros. E as horas estructurais, as que con carácter extraordinario e esporádico se fagan no seo da empresa, para cubri-la realización dun traballo que non fose posible prever nin substituír por contratacións temporais ou a tempo parcial, previstas na lei.

Enviaráselle á Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais un informe mensual destas horas e será feito conxuntamente polo comité de empresa e a dirección, e, se é o caso, polos delegados de persoal.

O incumprimento do pactado neste artigo, así como o referente ó artigo 35 do RDLex. 1/1995, do 24 de marzo, ou o RD 1958, do 20 de agosto, considerarasc como unha falta grave para os efectos do disposto no artigo 57 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 13º.-Licencias.

Trala solicitude dos traballadores afectados, considerarase licencia retribuída, en tempo, as que se indican nos seguintes casos:

-Por matrimonio do traballador: 15 días naturais.

-Por matrimonio de fillos: 1 día natural.

-Por nacemento de fillo: 2 días.

-Por falecemento do cónxuxe ou familiares en 1º e 2º grao de consanguinidade ou afinidade, é dicir, pais, fillos, avós, netos, irmáns, pais políticos, irmáns políticos e netos políticos: 3 días naturais, se é na provincia; e 5, se é fóra dela. No caso de enfermidade grave ou hospitalización: 2 días.

-Por falecemento de parentes de terceiro grao, é dicir, tíos, bisavós, bisnetos políticos, bisavós políticos e sobriños politícos:1 día natural.

-Os traballadores que cursen estudios para a obtención dun título oficial académico ou profesional ou para a realización de exames de acceso á Administración pública, logo de comunicarllo ó traballador/a á empresa e con posterior xustificación, terán dereito a un permiso non retribuído de ata seis días ó ano para concorre-los ditos exames.

Nos demais casos ateranse ó disposto na lexislación vixente.

No caso de ter que ir ó médico, os traballadores gozarán dun tempo de tres horas, debendo achegarse xustificante expedido polo facultativo ou ó centro ó que fora ter empregado un tempo superior. No caso de desprazamento ó especialista terase en conta a distancia, e en consecuencia, o tempo indispensable (entenderase o especialista da Seguridade Social).

Artigo 14º.-Reducción da xornada por motivos familiares.

As traballadoras, por lactación de fillo menor de 9 meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo que poderán dividir en dúas fraccións. Á muller pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da súa xornada coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser gozado indistintamente pola nai ou polo pai no caso de que ámbolos dous traballen.

Quen por razón de garda legal teña ó seu coidado directo algún menor de 6 anos ou un diminuído fisíco ou psíquico ou sensorial, que non desempeñe unha actividade retribuída, terá dereito a unha reducción de xornada de traballo cunha diminución proporcional do salario entre, polo menos, un tercio e un máximo da metade da duración daquela.

Terá o mesmo dereito quen precise encargarse do coidado directo dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non se poida valer por si mesmo e quen non desempeñe actividade retribuída.

A reducción de xornada recollida no presente artigo constitúe un dereito individual dos traballadores homes e mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballadores da empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o empresario poderá limita-lo seu exercico simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

A concreción horaria e a determinación do período de goce do permiso de lactación e da reducción da xornada corresponderalle ó traballador, dentro da súa xornada ordinaria. O traballador deberá avisar previamente o empresario con 15 días de antelación a data na que se incorporará á súa xornada ordinaria.

Artigo 15º.-Suspensión do contrato por maternidade, risco durante o embarazo, adopción e acollemento.

O punto 1.d do artigo 45 do Estatuto dos traballadores queda redactado da seguinte forma:

d) Maternidade, risco durante o embarazo da muller traballadora e adopción ou acollemento, preadoptivo ou permanente, de menores de 6 anos.

No non previsto haberá que aterse ó sinalado na Lei 39/1999, do 5 de novembro, para promove-la conciliación da vida familiar e laboral das persoas traballadoras.

Artigo 16º.-Excedencias.

Todo traballador cunha antigüidade na empresa de alomenos un ano, terá dereito a que se lle recoñeza en situación de excedencia voluntaria por un período máximo de 5 anos, non perdendo en ningún caso a antigüidade que mantiña no momento de solicitala e sendo obrigatorio para a empresa a concesión da devandita excedencia.

Os traballadores terán dereito a un período de excedencia de duración non superior a tres anos para atender ó coidado de cada fillo, tanto cando sexa por natureza, como por adopción, ou nos supostos de acollemento, tanto permanente como preadoptivo, contados desde a data de nacemento ou, se é o caso, da resolución xudicial ou administrativa.

Tamén terán dereito a un período de excedencia de duración non superior a un ano, salvo que se estableza unha duración maior por negociación colectiva, os traballadores para atender ó coidado dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non se poida valer por si mesmo, e non desempeñen actividade retribuída.

En todo o non previsto neste convenio nesta materia haberá que aterse ó disposto na Lei 39/1999, do 5 de novembro, para promove-la conciliación da vida familiar e laboral das persoas traballadoras.

Artigo 17º.-Cambio de posto de trabaIlo por embarazo.

As mulleres embarazadas terán dereito a cambiar de posto de traballo, co fin de que, en ningún caso, estean obrigadas a desempeña-las súas funcións en lugares radioactivos ou infecciosos, que supoñan perigo para o seu estado.

Artigo 18º.-Roupa de traballo.

A todo o persoal daráselle roupa de traballo adecuada e regulamentaria, fundas para os homes e batas para as mulleres, cada 6 meses, zapatillas cada 3 meses, guantes cada 20 días e zocos cada 9 meses. O persoal terá que devolve-la roupa e utensilios usados no momento no que se produza a substitución. No caso dunha nova contrata, a empresa adxudicataria terá a obriga de entrega-la roupa de traballo e o calzado nun período que non exceda de 15 días.

Artigo 19º.-Incapacidade laboral transitoria.

O traballador, que cause baixa por accidente laboral, percibirá o 100% do salario do convenio, desde o 1º día de baixa.

Por IT derivada de enfermidade será, en cada momento, o que establezan as normas vixentes, salvo no suposto de que a enfermidade se prolongase por riba dos 18 días; neste caso, a empresa cubrirá o 100% do salario do convenio ata os 160 días.

No caso de IT por enfermidade, a empresa completará, igualmente, o 100% do salario do traballador, no suposto de que a enfermidade requira hospitalización e, en todo caso, mentres dure a enfer

midade. Igualmente, o traballador terá dereito ó 100% do seu salario no caso de convalecencia na súa casa por un período máximo de 40 días e sempre que estivera hospitalizado alomenos 1 día.

Artigo 20º.-Subrogación empresarial.

Co fin de conserva-los postos de traballo, darase automaticamente a incorporación dos traballadores da empresa cesante no cadro da nova concesionaria do servicio, independentemente da súa personalidade xurídica: sociedade anónima, sociedade limitada, sociedade civil, cooperativa, ou empresario individual, etc. e sempre que os traballadores que se van subrogar leven traballando na empresa cesante 4 ou máis meses, (nos casos de xubilación soamente se esixirán 2 meses para á subrogación).

1. Cando os traballadores da empresa cesante presten servicios no devandito centro, con independencia da duración da súa xornada laboral que se respectará na súa integridade e de cal sexa a modalidade do seu contrato de traballo.

Enténdese como obriga subrogatoria exclusivamente a dos traballadores adscritos ó centro de traballo, dos que se solicitará ó contratista principal unha lista coas categorías, antigüidade e postos de traballo.

2. Cando os traballadores, no momento do cambio de titularidade da contrata, se atopen en situación de incapacidade temporal, invalidez provisoria, excedencia ou vacacións, servicio militar ou situación análoga, pasando a estaren adscritos ó novo titular.

O persoal contratado interinamente para a substitución de traballadores a que se refire o parágrafo anterior pasará á nova empresa adxudicataria ata o momento da incorporación destes.

3. Cando os traballadores afectados compartan a súa xornada laboral con outros centros de traballo.

4. Se por esixencias do cliente contratante tivese que ampliarse a contrata con persoal de novo ingreso, este tamén será incorporado á nova empresa. Cando se amplíe a xornada nun centro de traballo, terán preferencia para o incremento da xornada laboral as/os traballadoras/es que presten os servicios no dito centro e non teñan xornada completa.

5. No caso de xubilación, baixa definitiva, por calquera causa, dun traballador/ra, os traballadores/as da dita contrata sen xornada completa terán dereito a ver aumentada a súa xornada ata completala nun máximo de 12 horas.

6. No caso de que o cliente rescindise o contrato de arrendamento de limpeza cunha empresa, para realizalo co seu propio persoal, e posteriormente contratase con outra o mencionado servicio, a nova empresa concesionaria incorporaralle ó seu cadro o persoal afectado da 1ª empresa, sempre que non transcorrese máis de 1 ano desde a nova contratación.

7. No suposto de que unha empresa de limpezas tivese que reducir persoal no centro, por esixencias do cliente, e posteriormente lle fose rescindido o contrato, a nova empresa concesionaria do servicio haberá de incluír no seu cadro a todo o persoal empregado no mencionado centro, incluíndo aquel que, no seu día, quedou afectado pola reducción do cadro. Para estes efectos, entenderase que quedan desvinculados laboralmente coa empresa cesante en canto ós centros nos que deixen de prestar servicios.

A empresa cesante deberá acredita-la relación do cadro de persoal, con expresión da liquidación e saldo de salarios, antigüidade, gratificacións, vacacións, etc., relativos ó persoal afecto ó devandito centro, antes das 48 horas de que a nova empresa contratista inicie os servicios de limpeza ou ben ata as 24 horas seguintes á data de inicio dos servicios pola nova empresa.

A nova empresa concesionaria incorporará ó seu cadro de persoal o persoal afectado polo cambio de titularidade, con iguais dereitos e obrigas que tivesen na empresa cesante. Non obstante, non se responsabilizará das posibles diferencias salariais ou de infracotización á Seguridade Social, das que fose responsable a empresa cesante.

8. Nos contratos que subscriban as empresas cos seus clientes, constará unha cláusula para lembra-la vixencia do artigo 18 do convenio colectivo provincial de limpezas de edificios e locais de Ourense, así como a necesidade de dar cumprimento ó establecido na Lei da saúde laboral.

Artigo 21º.-Garantía dos cargos sindicais.

Con motivo de situacións concretas, como son a confección do cadro horario, calendario de vacacións e acordo para a negociación colectiva, o empresario facultará para reunirse nos locais da empresa os traballadores e os seus representantes sindicais durante a xornada de trabaIlo, sen que poida excederse de 1 hora nos devanditos casos e de común acordo para a designación de traballos urxentes que poidan xurdir.

Artigo 22º.-Vacacións.

O persoal afectado polo presente convenio gozará de 30 días naturais ininterrompidos de vacacións anuais retribuídas.

O persoal que goce as vacacións nos meses de outubro a abril, ambos inclusive, de 30 días ininterrompidos e por necesidades da empresa, percibirá unha bolsa extrasalarial de 9.000 pesetas. Para aqueles que disfruten as súas vacacións de forma partida en tres períodos percibirán unha bolsa extrasalarial de 10.000 pesetas.

Farase un calendario de vacacións en cada empresa, de acordo entre empresa, traballador e comité, de tal xeito que os traballadores gocen as súas vacacións rotativamente, respectando a lexislación vixente.

No caso de que un traballador cause baixa antes do goce das vacacións, estas posporanse, fixándose un novo período e pasando o traballador afectado a gozalas, cando lle corresponda, segundo as quendas; o traballador non terá dereito á bolsa das vacacións, se o novo período fixado correspondese dentro dos meses que dan dereito á percepción da mencionada bolsa. Pola contra, se a baixa se producise durante o seu goce, estas seguirán correndo ata cumprirse o período correspondente.

Artigo 23º.-Control médico.

Os traballadores que fagan o seu traballo en lugares radioactivos ou infecciosos, terán dereito a realizar un control médico cada 6 meses, de acordo coas normas sanitarias vixentes. O resto dos traballadores terán dereito ó devandito control como mínimo 1 vez ó ano.

Artigo 24º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación e cumprimento do pactado no presente convenio, e en xeral para cantas cuestións se deriven da aplicación do presente convenio, establécese unha comisión paritaria, que estará integrada por un representante de cada central sindical firmante do presente convenio (CC.OO., UGT,CIG) e tres representantes da Asociación Empresarial de Limpezas de Edificios e Locais de Ourense.

A mencionada comisión paritaria reunirase no prazo de 3 meses, desde a sinatura do presente convenio, co fin de analiza-la intrusión existente no sector, que está a producir unha grave competencia desleal, con graves prexuízos, tanto para os traballadores como para as empresas, instando ás autoridades pertinentes ás accións legais que correspondan, así como para analizar e concretar aquelas cuestións que redunden en beneficio do sector.

Artigo 25º.-Xubilación.

Todo traballador afectado por este convenio poderá solicita-la xubilación ós 64 anos, ó abeiro do disposto no RD lexislativo 14/1981, do 28 de agosto; neste suposto, a empresa estará obrigada a contratar outro traballador, perceptor de desemprego ou mozo demandante de 1º emprego, a través dun contrato de idéntica natureza.

Artigo 26º.-Póliza de seguros.

As empresas comprendidas no ámbito de aplicación deste convenio establecerán para tódolos traballadores unha póliza de seguros de falecemento e invalidez por accidente de traballo, que lles garanta os seus traballadores: 2.600.000 pesetas, no caso de falecemento e 3.350.000 pesetas, no caso de invalidez permanente total, absoluta e gran invalidez.

Artigo 27º.-Incremento salarial.

Os salarios do presente convenio foron incrementados, respecto dos de 2000, nun 4,50% para o ano 2001.

Artigo 28º.-Período de proba.

Poderá concertarse, por escrito, un período de proba que, en ningún caso, poderá exceder de 6 meses para os técnicos titulados, nin de 3 meses para os demais traballadores, agás para os non cualificados. Neste caso, a duración máxima será de 15 días laborables.

Artigo 29º.-Axudas de custo.

Establécese un importe mínimo para as axudas de custo establecidas no artigo 42 da ordenanza, de 4.546 pesetas, cando se teña que comer ou pasa-la noite fóra da casa. De 3.396 pesetas, cando se realicen as dúas comidas principais fóra do domicilio, e de 1.725 pesetas, cando se realice 1 soa comida. En todo caso, as referidas contías son mínimas e tamén poderá establecerse o sistema de gastos para xustificar.

Artigo 30º.-Réxime disciplinario para o acoso sexual.

Todo comportamento ou situación que atente contra o respecto ou a intimidade, ou contra a liberdade dos traballadores ou traballadoras, conductas de acoso sexual, verbais ou físicas, serán conceptuadas como faltas moi graves, graves ou leves, en función da repercusión do feito (*). Nos supostos nos que se leve a cabo, servíndose da súa relación xerárquica coa persoa e/ou persoas con contrato laboral non indefinido, a sanción aplicarase no seu grao máximo.

O comité de empresa, sección sindical ou representantes dos traballadores/as, a dirección de persoal da empresa velará polo dereito á intimidade cando así fose requirido.

(*) Dada a falta de normativa existente poderá seguirse a descrición de sancións incluídas no texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social aprobado por Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Artigo 31º.-Empresas de traballo temporal.

Ós traballadores/as que sexan contratados a través dunha ETT para presta-los seus servicios nas empresas usuarias de limpeza, seralles de aplicación o presente convenio colectivo. Ó mesmo tempo, de tódolos contratos que faga a empresa usuaria nesta modalidade (a través de ETT) daralle copia deste ó representante sindical, se o houbese.

Artigo 32º.-Contratos para a formación.

Os contratos para a formación que veñen regulados no artigo II do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, do Estatuto dos traballadores terán unha duración mínima de seis meses e máxima de tres anos, de conformidade co sinalado na alínea c) do nº 2 do mencionado artigo II. En todo o demais haberá que aterse ó disposto na lexislación vixente na materia.

Artigo 33º.-Medidas de fomento para o emprego e a contratación laboral.

O contrato de duración determinada da modalidade eventual por circunstancias da producción, acumu

lación de tarefas ou excesos de pedidos, regulado no artigo 15.I.b) do Estatuto dos traballadores, segundo a redacción que lle dá a Lei 63/1997, poderá ter unha duración máxima de 13 meses e medio, dentro dun período de 18 meses.

Esta duración máxima seralle aplicable tanto ós novos contratos desta modalidade asinados a partir da entrada en vigor do presente convenio, como ás prórrogas dos contratos de traballo vixentes antes da entrada en vigor.

Disposicións xerais

Primeira.-Ambas partes acordan mante-lo texto da derrogada ordenanza de traballo, como dereito supletorio, para aquelas cuestións non previstas no propio texto do convenio.

Segunda.-As empresas afectadas por este convenio deberán ter un exemplar deste, así como a copia dos boletíns de cotización á Seguridade Social no taboleiro de anuncios da empresa, para o coñecemento de tódolos traballadores, co fin de que constaten a súa situación laboral mensual.

Terceira.-As partes asinantes do presente convenio son a Asociación Provincial de Empresarios de Limpezas de Edificios e Locais de Ourense e as centrais sindicais CIG, CC.OO. e a UGT, ambas partes con capacidade legal suficiente e lexitimidade de conformidade co disposto no RD lexislativo que aprobou o texto refundido do Estatuto dos traballadores.

Cuarta.-Ante a conveniencia de regula-lo sector e combate-la clandestinidade, as partes asinantes do presente convenio acordan que se reúna a comisión paritaria do convenio na primeira semana de xaneiro, abril, setembro e decembro de cada ano, para trata-los temas relacionados co devandito sector e toma-las medidas que, se é o caso, correspondan.

Quinta.-Co fin de evita-los problemas que poidan xurdir no momento de producirse unha subrogación, e no caso de xurdir algunha desavinza derivada da subrogación, as partes asinantes do presente convenio acordan, no caso de xurdir, que ambas empresas afectadas se reunirán conxuntamente cun representante das organizacións sindicais asinantes do presente convenio e un representante da Confederación Empresarial de Ourense, co obxecto de tratar de aclara-la situación empresarial e resolve-lo conflicto xurdido pola subrogación, redactándose acta da devandita reunión, na que constará o acordo, o desacordo e, se é o caso a inasistencia dunha das partes.

Sexta.-Cláusula de submisión ó AGA. Ante a importancia que poida ter para a resolución pacífica dos conflictos laborais, a elaboración dun Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos colectivos de traballo AGA, asinado entre a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e as centrais sindicais CC.OO., UGT e a CIG, as partes asinantes dese convenio, durante a súa vixencia, acordan someterse

ás disposicións contidas no AGA nos propios termos nos que están formulados.

Sétima.-Durante a vixencia deste convenio, a conversión en indefinidos daqueles contratos que se concertasen con carácter temporal de duración determinada, acolleranse ó disposto na alínea b), parágrafo 2º da disposición adiciónal primeira da Lei 63/1997, do 26 de decembro, de medidas urxentes para a mellora do mercado e fomento da contratación indefinida, en virtude da cal os ditos contratos quedarán incluídos no réxime previsto para os contratos de fomento da contratación indefinida.

Oitava.-Ámbalas partes comprométense a constituír, en data inmediata e de entre os seus integrantes, unha comisión para o seguimento e aplicación no sector do RDL 1997, do 17 de maio, como norma reguladora para o fomento da contratación indefinida. A dita comisión reunirase con carácter ordinario cada 4 meses e con carácter extraordinario cada vez que unha das partes o solicite.

Novena.-A comisión negociadora do convenio comprométese a facer unha redacción que corrixa a situación do tempo investido nos desprazamentos dos traballadores con contrato a tempo parcial en dous ou máis centros de traballo para incluílo no convenio colectivo do 2002, para o que se acorda que se reúna a comisión paritaria do convenio no mes de maio do presente ano, para estudiar este problema e analizar diversas cuestions de importancia para o sector.

Décima.-No caso de que a 31 de decembro do 2001 o IPC oficial fose superior ó incremento salarial pactado para este convenio e dicir, o 4,50%, actualizaranse as táboas que servirán de referencia para o próximo convenio. Non se aboarán atrasos.

Disposición derradeira

No suposto de modificación dos textos da ordenanza laboral do 15-2-1975, texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e a Lei 11/ 1985, do 2 de agosto, os aspectos non reflectidos neste convenio e contidos nas devanditas leis pasarán a formar parte del.

ANEXO I

Táboa salarial

Persoal directivo e técnico.

Subgrupo I. Persoal directivo.

Director, 211.594 pesetas.

Director comercial, 191.283 pesetas.

Director administrativo, 191.283 pesetas.

Xefe de persoal, 191.283 pesetas.

Xefe de compras, 191.283 pesetas.

Xefe de sección, 191.283 pesetas.

Subgrupo II. Persoal titulado.

Titulado de grao superior, 156.651 pesetas.

Titulado de grao medio, 136.849 pesetas.

Titulado laboral ou profesional, 117.444 pesetas.

Administrativos ou administrativas.

Xefe de primeira, 130.822 pesetas.

Xefe de segunda, 103.435 pesetas.

Caixeiro, 103.435 pesetas.

Oficial de primeira, 102.167 pesetas.

Oficial de segunda, 101.024 pesetas.

Auxiliar, 99.434 pesetas.

Cobrador, 98.998 pesetas.

Mandos intermedios.

Encargado xeral, 118.278 pesetas.

Supervisor encargado de zona, 102.727 pesetas.

Supervisor encargado de sector, 98.858 pesetas.

Persoal subalterno.

Ordenanza, 95.406 pesetas.

Almacenista, 95.406 pesetas.

Listeiro, 95.406 pesetas.

Vixilante, 95.406 pesetas.

Mozo de recados, 72.120 pesetas.

Persoal obreiro.

Especialista, 3.222 pesetas/día.

Peón especializado, 3.222 pesetas/día.

Limpadora, 3.157 ptas/día.

Peón, 3.157 pesetas/día.

Axudante, 3.157 pesetas/día.

Oficial de primeira de oficios varios, 3.234 pesetas/día.

Encargado de grupo ou edificio, 3.241 pesetas/día.

Responsable de equipo, 3.181 pesetas/día.

Conductor limpador, 3.181 pesetas/día.

Traballadores menores de 18 anos, S.M.I.