Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2001 Páx. 5.129

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador P-179/2000.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a proposta de resolución, dictadas pola instructora nos expedientes que por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia, se está tramitando nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o denunciado, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderá examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 23 de marzo de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-179/2000.

Denunciado: Tirso Martín García Álvarez, enderezo: Celso Emilio Ferreiro, 5-3º-Monforte de Lemos-Lugo.

DNI: 34.238.686.

Feitos denunciados: pescar sen licencia; o denunciado atopábase coa cana na beira do río e o cebo dentro da auga (o cebo era miñoca). O denunciado alega que ten a licencia pero que a esquecen e négase a asinar.

Feitos acontecidos ás 20.10 horas do día 16 de xullo de 2000, no río Umia ó paso por Ponte Barrantes do concello de Ribadumia.

Data do acordo da incoación: 17-10-2000.

Alegacións a incoación: non presenta escrito no seu descargo.

Data da proposta de resolución: 26-1-2001.

Precepto infrinxido: 34.1º da Lei 7/1992, da pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 34 da Lei 7/1992, da pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 50.001 pesetas.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade durante un período de 1 ano.