Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2001 Páx. 5.128

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador E.N. 74/2000 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás personas que no anexo se mencionan as propostas de resolución dictadas pola instructora nos expedientes que por infracción á Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, se están a tramitar nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presenta-las alegacións que considere convenientes.

Pontevedra, 23 de marzo de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: EN.74/2000.

Denunciada: Mª Pilar Domínguez Pintos, enderezo r/ Reino Unido 16-5º D, Monteporreiro-Pontevedra.

Feitos denunciados: circular cun vehículo por dunas e praia. Os axentes denunciantes observaron estacionado nas dunas o vehículo-turismo marca Lancia modelo Dedra-16-IE, matrícula PO-4927-AM, existindo un cartel informando da prohibición da entrada ó lugar. Feitos denunciados ás 15.17 horas do día 6 de agosto de 2000, nas dunas da praia de Melide, no Hío-Cabo Home, concello de Cangas.

Data do acordo da incoación: 4-9-2000.

Alegacións á incoacion: presenta escrito no seu descargo na data 8-11-2000.

Data da proposta de resolución: 26-1-2000.

Precepto infrinxido: 38.2º, da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, en relación coa Orde do 28 de outubro de 1999, pola que se declaran provisionalmente as zonas propostas para a súa inclusión na Rede Europea Natural 2000 como espacios naturais en réxime de protección xeral.

Precepto sancionador: 38.2º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 10.000 pesetas.

Expediente: EN.68/2000.

Denunciado: Roberto Caride Giráldez, enderezo avda. da Feira 8 Gondomar-Vigo.

Feitos denunciados: circular cun vehículo de motor por zona de dunas e praia. Os axentes denunciantes observaron como circulaba un vehículo de motor tipo car, de construcción artesanal, por zona de dunas, non presentando o vehículo ningunha clase de documentación e conducido polo que figura como denunciado. Feitos denunciados ás 12 horas do día 25 de xullo de 2000, na praia Ladeira, no lugar de Sabarís, concello de Baiona.

Data do acordo da incoación: 4-9-2000.

Alegacións á incoacion: non presenta escrito no seu descargo.

Data da proposta de resolución: 6-2-2001.

Precepto infrinxido: 38.2º, da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, en relación coa Orde do 28 de outubro de 1999, pola que se declaran provisionalmente as zonas propostas para a súa inclusión na Rede Europea Natural 2000 como espacios naturais en réxime de protección xeral.

Precepto sancionador: 38.2º, da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 10.000 pesetas.

Expediente: EN.143/2000.

Denunciado: José María Boto Gil, enderezo: r/ Jorge Manrique nº5-Badaxoz.

Feitos denunciados: circular cun vehículo por duna e praia. Os axentes denunciantes observaron estacionado o vehículo-ciclomotor marca Aprilia modelo Sonic con matrícula C-6895-BFC existindo un cartel

indicando a súa prohibición á entrada do lugar. Feitos denunciados ás 15.40 horas do día 15 de agosto de 2000, nas dunas da praia de Barra, O Hío, no termo municipal de Cangas.

Data do acordo da incoación: 8-9-2000.