Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2001 Páx. 5.130

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CÉDULA do 15 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da proposta de resolución do expediente 71.14/2000, por presunta infracción da lexislación de costas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e da Lei 4/1999, que modifica parcialmente a citada Lei 30/1992, notifícaselles ás empresas que se relacionan no anexo, na súa condición de promotora e interesada, a proposta de resolución que formula o instructor, polos feitos sinalados, presumiblemente constitutivos dunha infracción á Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas (no sucesivo LC) e do seu regulamento (en diante RC);

O que se lles comunica ós interesados de conformidade cos artigos 19.1º do R.D. 1398/1993 e 194.10 do Regulamento de costas, para que no prazo de quince (15) días, a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poidan obte-las copias dos documentos que constan no expediente que coiden oportunos, e formula-las alegacións e presenta-los documentos que crean pertinentes, perante o instructor do procedemento.

Pontevedra, 15 de marzo de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente número: 71.14/2000.

Denunciado/a: Promiasa, S.A.

Condición: promotora.

Último enderezo coñecido: r/ Michelena, nº 1-6º-Pontevedra.

Interesado/a: Coporteliña, S.L.

Condición: favorecida por anotación preventiva de embargo.

Último enderezo coñecido: r/ San Guillermo, nº 23-baixo-Pontevedra.

Data da proposta: 2-3-2001.

Feitos: construcción de vivendas en ringleira.

Lugar: Chancelas.

Concello: Poio.

Proposta: ordenar a Promiasa, S.A., devolve-los terreos nos que se executaron as obras obxecto deste expediente ó seu primitivo estado; debe ser realizado no prazo dun mes, desde que sexa definitiva en vía administrativa a resolución que sobre o particular recaia. Transcorrido o prazo sen que se cumprise o ordenado, procederase á execución subsidiaria pola Administración por conta do obrigado.