Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2001 Páx. 5.122

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 5 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de iniciación do 20 de novembro de 2000 relativo ó expediente sancionador PO-93/2000, por infracción en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE do 14 da xaneiro), notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona o acordo de iniciación da Delegación Provincial de Cultura, Comunicación Social e Turismo relativo ó expediente sancionador en materia de turismo número PO-93/2000, incoado ó titular do Pub Karaoke denominado Antiguary, situado na Avda. de Cambados, 8, de Vilagarcía, xa que, intentada polos medios habituais non puido practicarse.

O interesado disporá dun prazo de quince días, conforme o establecido no artigo 16.1) do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, contados a partir do seguinte ó da súa publicación, para achegar ante o instructor do expediente cantas alegacións, documentos, ou informacións consideren convenientes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse.

De non formular alegacións no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da súa publicación, o acordo de iniciación considerarase proposta de resolución, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Expediente: PO-93/2000.

Instructor: Mª de los Ángeles Herrero Pérez.

Infractor: Metropoli Estrada, S.L.

Establecemento: Pub Karaoke Antiguary.

Domicilio: avda. de Cambados, 8.

Localidade: Vilagarcía.

Acordo de iniciación: 20 de novembro de 2000.

Precepto infrinxido: artigo 86.2) e 86.5) da Lei 9/1997.

Sanción: cincuenta mil (50.000) pesetas.

Pontevedra, 5 de marzo de 2001.

Pilar Rojo Noguera

Delegada provincial de Pontevedra