Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2001 Páx. 5.122

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 8 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de iniciación do 18 de decembro de 2000 relativo ó expediente sancionador PO-129/2000, por infracción en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE do 14 da xaneiro), notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona o acordo de iniciación da Delegación Provincial de Cultura, Comunicación Social e Turismo relativo ó expediente sancionador en materia de turismo número PO-129/2000, incoado ó titular do bar denominado El Punto, situado na rúa Marqués del Quintanar, de Baiona, xa que, intentada polos medios habituais, non puido practicarse.

O interesado disporá dun prazo de quince días, conforme o establecido no artigo 16.1) do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, contados a partir do seguinte ó da súa publicación, para achegar ante o instructor do expediente cantas alegacións, documentos, ou informacións consideren convenientes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse.

De non formular alegacións no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da súa publicación, o acordo de iniciación considerarase proposta de resolución, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Expediente: PO-129/2000.

Instructor: Mª de los Ángeles Herrero Pérez.

Infractora: María Antonia Rodríguez Antúnez.

Establecemento: bar El Punto.

Domicilio: rúa Marqués del Quintanar.

Localidade: Baiona.

Acordo de iniciación: 18 de decembro de 2000.

Precepto infrinxido: artigo 86.2) e 86.5) da Lei 9/1997.

Sanción: cincuenta mil (50.000) pesetas.

Pontevedra, 8 de marzo de 2001.

Pilar Rojo Noguera

Delegada provincial de Pontevedra