Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2001 Páx. 5.123

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 12 de marzo de 2001, da Dirección Xeral de Turismo, pola que se notifica a Resolución do 1 de febreiro de 2001 dictada no expediente sancionador AC-190/2000, por infracción en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á sociedade que a seguir se relaciona, a resolución da Dirección Xeral de Turismo dictada no expediente sancionador en materia de turismo número AC-190/2000, incoado á titular do establecemento denominado Galibroker/Forfait Travel, situado na rúa do Hórreo, s/n, (estación de Renfe), de Santiago de Compostela (A Coruña), xa que, intentada polos medios habituais, non puido practicarse.

Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ó da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que estimen oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva en período voluntario no subseguinte prazo de quince (15) días hábiles, mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións, da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Coruña. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía executiva, segundo o disposto pola Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3 de xuño).

Expediente: AC-190/2000.

Sancionado: Galibroker Gestión Turística, S.L.

Establecemento: Galibroker/Forfait Travel.

Domicilio: rúa do Hórreo, s/n (Estación de Renfe).

Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

Resolución: 1 de febreiro de 2001.

Precepto infrinxido: artigo 87.9º da Lei 9/1997.

Sanción: cen mil unha (100.001) pesetas.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2001.

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo