Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2001 Páx. 5.123

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 5 de marzo de 2001, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador PO-0564-99.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícanselles ás persoas que se citan a continuación, a resolución dos recursos de alzada dos expedientes instruídos por infraccións da Lei 6/1991, do 15 de maio (Diario Oficial de Galicia do 27 de maio), de infraccións en materia de protección dos recursos marítimo-pesqueiros.

Os interesados dispoñen dun prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á publicación deste edicto, para interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo que corresponda, de conformidade co disposto nos artigos 8.1º e) e 14.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O expediente relacionado a seguir atópase á disposición dos interesados na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Pontevedra, sita na r/ Palma nº 4 - Vigo.

Nº de expediente: PO-0564-99.

Denunciado: Joaquín Bamio González.

Enderezo: Travesía Martinga, 4-3º- Moaña-Pontevedra.

Precepto infrinxido: 6.3º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: cen mil pesetas (100.000 pesetas).

Recurso de alzada presentado o día: 30 de maio de 2000.

Resolución do recurso de alzada: desestimatorio, confirmando a resolución de cen mil pesetas (100.000 pesetas).

De conformidade co previsto na orde de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 (Diario Oficial de Galicia nº 104, do 3 de xuño) as devanditas sancións deberán ser aboadas na Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Vigo. Título da conta Tesouro da Facenda galega. Conta restrinxida da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Recadación de multas e sancións. Delegación de Vigo (Pontevedra). C/C nº 2091-0501-66-3110000041, nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación. De non

ser aboadas procederase, sen máis trámite, ó seu cobro pola vía de constrinximento regulamentaria.

Vigo, 5 de marzo de 2001.

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo