Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2001 Páx. 5.124

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 5 de marzo de 2001, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de recursos de alzada de expedientes sancionadores (PESAN1 2000/000009-5 e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións de recursos de alzada dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (Diario Oficial de Galicia nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto para examina-lo expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada Delegación Territorial de Vigo, r/ Palma, 4.

Nº de expediente: PESAN1 2000/000009-5.

Denunciado: Pablo Gil Collazo.

DNI: 35.275.868.

Enderezo: Moureira, 59, Meira, Moaña.

Precepto infrinxido: 6.17º.

Sanción: 25.001 pesetas, 150,26 euros.

Resolución: estimatoria anulando a resolución

Nº de expediente: PESAN1 2000/00000136-5.

Denunciado: Manuel Aris Ortiz.

DNI: 35.303.064.

Enderezo: Camiño Fogatería-Campelo, Poio.

Precepto infrinxido: 6.7º.

Sanción: 25.001 pesetas, 150,26 euros.

Resolución: desestimatoria confirmando a resolución recorrida.

De conformidade co previsto na orde de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 (Diario Oficial de Galicia nº 104, do 3 de xuño), as devanditas sancións deberán ser aboadas na c/c número 2091/0501/66/3110000041 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Vigo, título da conta Tesouro da Facenda galega. Conta restrinxida da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Recadación de multas e sancións, nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación. No suposto de non ser aboadas procederase, sen máis

trámite, ó seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria.

Vigo, 5 de marzo de 2001.

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo